Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee

A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee
Champi xogador do Meson A Cantina Lider da Liga FS de Cee

O partido da semana, e probablemente o máis importante do ano, xogábase este mércores. En xogo o liderato da 1ª División da Liga FS Cee cando só faltan 5 xornadas para o final, pois a 10ª foi aprazada. E o que viña por detrás pegou o salto. 2-4 gañaba o Mesón A Cantina ao Estética Raquel, afianzando así o liderato ao equipo fisterrán, tras roubarlle o liderato ao muxián xa a semana pasada.
Suman agora os da Cantina 36 puntos, polos 32 do Estética Raquel. Mentres, por abaixo, Carnés e Autolunas Xallas teñen os dous pés en 2ª.

O punta do U.C. Cee, o fisterrán Bruno, está sendo clave no liderato, pois é ademais o pichichi da categoría con 23 goles. Lonxe quedan os Miguelón (Máis Deporte) e Ángel (Sar), e o compañeiro no equipo líder, Pazos.
Papi, do Estética Raquel, é o destacado porteiro menos batido con 22 tantos encaixados, polos 31 de Fran do Sar.

3 equipos pelexan polo ascenso

Na 2ª, a pelexa polo ascenso está moi quente. 3 equipos están en só 3 puntos, co Panadería Pichín, que trala sufrida vitoria ante o Estrella Roja, mantén os 3 puntos de vantaxe sobre os perseguidores. Empatados están Pescados Corcubión e Ferralla San Mamede, que sacaban, pola mínima, os seus partidos ante O Ribeiro e A Cascada.

Na lista de pichichis, vemos a un mítico no máis alto, Fran Pioto que non decae e suma 22 tantos co Estrella Roja, o herdeiro dos míticos equipos campións. Por detrás, Isma do Bar Toba con 15 tantos, polos 12 de Rubén dos Muíños e os 11 de Álvaro de Pan. Pichín.
A pelexa polo Trofeo do Porteiro Menos Batido está moi bregada, con Bouzón (Pichín), Trillo (Pesc. Corcubión) e Víctor (Ferralla San Mamede) nun abano de só un gol.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios