![Corme campion de cadetes Corme campion de cadetes]() 
Completísima a xornada costeira, con máis 80 partidos, que tendes en www.futboldacosta.com, incluídas as Ligas de FS de Cee, que repasabamos este venres co paso adiante do Mesón A Cantina cara o título. Así que imos facer o repaso completo á xornada, que nos deixa derbis, títulos, e moita emoción.
E comezamos o repaso pola malísima semana para os irregulares equipos costeiros na Preferente - Senra Sport. Dumbría e XSC deixaron escapar a posibilidade de seguir escalando e afrontan un treito final da temporada sen moito que facer, pero cun ollo no retrovisor, pois o descenso o teñen a 8 puntos.
A xornada viña marcada polos dous derbis da 1ª Autonómica, nos que se colleitaron dúas vitorias caseiras. O Corme venceu a todo un Sofán e corrobora a súa melloría escapando dos postos de descenso, deixando ao cadro carballés xa a 8 puntos do liderato, e a 3 da Promoción. O Baio vencía no choque ante o Malpica e case alcanza ao Sofán, mentres o Malpica vaguea pola metade da táboa. 
Polo demais, un puntiño foi o que sacou o Soneira da sía visita ao Amio. Pero a gran nova a protagonizou a Esteirana que confirmou que aínda está moi viva, vencendo ao penúltimo clasificado, que agora ten a tiro de un só partido, e deixando a salvación a só 7 puntos, cando quedan aínda 7 partidos aos que chega cunha tendencia moi positiva.
Non fallaron os 4 de arriba na 2ª Autonómica - ES Bazarra, Zas, Outes, Castriz e San Lorenzo, que seguen nun pano de 2 puntos. Por detrás o Mazaricos cazou ao Baíñas, pero ambos quedan a 9 puntos do grupo cabeceiro, pegados a un Volantes que deu a de cal e perdeu co Carnota. 
Por abaixo, e mirando con ilusión as vitorias de Corme e Esteirana da 1ª (cada descenso provocaría unha praza máis de arrastre das 2 fixas) o Seaia pegou un salto vencendo ao Cabana nun choque directo, e se pon a 1 punto dos cabaneses, e con 3 de vantaxe sobre un Montelouro que fixo sufrir a todo un San Lorenzo. Ademais, sumou o Camelle un punto ante o Cee, mentres o Porteño non podía sacar nada da visita do líder.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Cerqueda segue ao seu ritmo e xa son 13 xornadas sen perder, e xa saca 8 puntos ao 2º, e ten 14 de marxe para asegurar o ascenso directo. O Ameixenda caía ante o Coristanco, que se pon a 6 puntos, e se mete na pelexa polo ascenso directo. Ademais, o Muxía aproveitaba o descanso do Nantón para seguir sumando, e queda agora o Lira con só 3 de vantaxe sobre os cabaneses, nesa pelexa pola Promoción na que sobra un equipo.
Ferven os xuvenís
![Homenaxe dumbries ao muradan Jose Manuel-Foto-Isma Homenaxe dumbries ao muradan Jose Manuel-Foto-Isma]() 
Como está a Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. O Dumbría celebraba o campionato e o seu pase á Fase de Ascenso cunha fermosa homenaxe a un rapaz muradán no choque cos Miúdos. Falamos de Jose María, xogador dumbriés durante o ascenso a División de Honra, que tivo que deixar de xogar por un problema de saúde, e que aínda non pode facer deporte. Fermosa a homenaxe no Conco.
Ademais, a pelexa por acompañar aos de Leis e Lobelos na Fase está cada vez máis quente, e iso que quedan só 2 xornadas. Hoxe é o Camariñas o que lle rouba a praza ao XSC, tras vencer apuradamente o derbi e aproveitar a vitoria do Cabana aos xalleiros, deixando, iso si, os 4 equipos en só 3 puntos de diferencia.
Partidos dispares nas Ligas Autonómicas
Importantísima a vitoria do XSC da Liga Galega Cadete ante o Montañeros, que permite ao cadro de Corredoira dar un bo salto e deixar os postos de descenso directo a 6 puntos. Ademais, o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría sumaba un puntiño e segue tranquilo, mentres as malas novas as trae, de novo, un cadro dumbriés infantil que segue sen sorte e ten cada vez máis difícil a permanencia.
Título cadete para o Corme
Sufríu o Corme para superar ao Cee, 3º, pero puido vencer e celebrar o título da 1ª Cadete. Os cormeláns, a falta de unha xornada, cantan o alirón, e Fase de Ascenso á Liga Galega.
Os que tamén celebraron o pase á Fase foi o Cabana, que vencía ao Fisterra e aproveitaba a derrota ceense para clasificarse, cos azulóns.
Mentres, en 1ª Infantil, descansaba o líder, o XSC, e o Fisterra non fallaba ante o Outes e deixa todo, o título e a única praza para a Fase de Ascenso, para a última xornada.
Ligas de Veteranos
Importante a xornada na 1ª División dos Veteranos. O líder, o San Román, superou un dos baches da temporada, a visita ao Soneira, e ademais se aproveitou do tropezo do Coristanco ante o Zas, polo que queda con 3 puntos de vantaxe sobre o cadro coristanqués. Ademais, o Milagrosa non pasaba do empate ante o Cabana, quedando a 4 do líder.
| Chantada | 1-0 | Dumbría | 
| Xallas StComba | 1-2 | Arzúa | 
| Amio | 1-1 | Soneira | 
| Silleda | 1-2 | Esteirana | 
| Corme | 2-0 | Sofán | 
| Baio | 1-0 | Malpica | 
| Fisterra | 1-2 | Castriz | 
| Seaia | 4-1 | Cabana | 
| Porteño | 0-2 | Zas | 
| Camelle | 2-2 | Cee | 
| San Lorenzo | 3-2 | Montelouro | 
| Volantes | 1-3 | Carnota | 
| Outes | 2-1 | Camariñas | 
| Baíñas | 2-3 | Mazaricos | 
| Ponteceso | 4-2 | Buño | 
| Castrelo | 0-4 | Muxía | 
| Laxe | 3-2 | Corcubión | 
| Ameixenda | 1-2 | Coristanco | 
| Cerqueda | 3-1 | Lira | 
| Camariñas | 2-1 | Porteño | 
| Dumbría | 7-1 | Os Miudos | 
| Cabana | 1-0 | Xallas StComba | 
| Cee | 1-1 | Malpica | 
| Castriz | 3-1 | Baio | 
| Outes | 1-1 | Muxía | 
| Esteirana | 5-2 | Coristanco | 
| Corcubión | 1-2 | Corme | 
| Ponteceso | 2-5 | Zas | 
| Montañeros | 2-3 | Xallas StComba | 
| Os Miudos | 1-3 | Esteirana | 
| Muxía | 4-2 | Outes | 
| Corme | 3-2 | Cee | 
| As Baleas | 1-1 | Ponteceso | 
| Cabana | 5-2 | Fisterra | 
| Sofán | 1-5 | Baio | 
| Ponteceso | 1-4 | Cabana | 
| Os Miudos | 5-1 | Vimianzo | 
| Corme | 3-5 | Esteirana | 
| Fisterra | 3-2 | Outes | 
| Zas | 5-3 | Sofán | 
| Coristanco | 3-1 | Cee | 
| Corme | 5-1 | Vimianzo | 
| Cabana | 12-3 | Coristanco | 
| Zas | 3-7 | Muxía | 
| Cee B | 0-8 | Dumbría | 
| As Baleas | 3-0 | Esteirana B | 
| Cee A | 1-0 | Outes A | 
| XSC A | 2-6 | Dumbría B | 
| Os Miúdos A | 2-12 | Esteirana A | 
| Os Miúdos B | 1-2 | Lira | 
| Sofán | 4-1 | Fisterra | 
| Cee B | 2-1 | Dumbría | 
| As Baleas | 4-0 | XSC B | 
| Cee | 0-12 | Outes | 
| Os Miúdos B | 0-6 | Lira | 
| Sofán | 2-7 | Fisterra | 
| Os Miúdos A | 2-10 | Esteirana | 
| Milagrosa | 2-2 | Cabana | 
| Soneira | 0-1 | San Román | 
| Coristanco | 2-3 | Zas | 
| Laxe | 3-2 | Dumbría | 
| San Lorenzo | 1-1 | Baio | 
| Ponteceso | 0-1 | Bértoa | 
| Xv. Bergantiños | 3-1 | Castriz | 
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 24
| Poniente | 1-4 | Cerqueda | 
| Malpica | 08/04 - 11:00 | Sofán | 
| Nantón | 0-4 | Camariñas | 
| Leiloio | 2-0 | Dep. Carballo | 
| Porteño | 20/03 - 11:00 | Erbecedo | 
| Agualada | 4-1 | San Isidro-Razo | 
| Buño | 2-0 | Vimianzo | 
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).