Martes. 07.05.2024
El tiempo

Preferente: A irregularidade pasa factura

Preferente: A irregularidade pasa factura
Jesus estivo moi activo na primeira metade no XSC-Foto-Mca Cuns

Mala xornada a dos equipos costeiros esta a 27ª na Preferente - Senra Sport. Doble derrota que os deixa no medio da táboa, pero sen poder despistarse pois quedan con só 3 partidos de marxe sobre os postos de descenso, e sen contar con posibles arrastres.

Chantada - Dumbría (1-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán, Brian (David, min.80), Jose, Pablo Conde (Cote, min.61), Aarón, Diego Cespón (Alcaina, min.65), Darío (Rivi,m in.70), Iago, Jesús e Adrián Makaay.
  • Gol: 1-0, min.64.

O partido do cadro dumbriés non foi bo. Se ben era un choque de 0-0, aproveitou o Chantada un balón que disputaron por alto Iago e Óscar Méndez, no que o rebote lle caía a Josiño que por alto marcaba de vaselina a Iván. Mala sorte para os costeiros que tampouco amosar unha faciana alegre, non propuxeron un fútbol de ataque, e mesmo viron como os locais fallaban un penalti que, en todo caso, non era pois o colexiado situouno dentro da área.


Xallas StComba - Arzúa (1-2)

Ruben FOrjan foi o autor do gol do XSC-Foto-Mca Cuns
  • XSC: Vicente, Alberto (Kevin, min.80), Steven, Rubio, Aarón, César (Jota, min.75), Marcos (Oscarín, min.62), Jesús, Rubén Forján, Vía Rápida e Doro.
  • Goles: 1-0, min.12: Rubén Forján aproveita un rexeite a tiro de Vía Rápida; 1-1, min.30; 1-2, min.76: de penalti.
  • Expulsión: o xalleiro Steven no min.60.

Está sendo o XSC moi irregular, pero non só dunha xornada para outra senón tamén dentro do mesmo partido. Por momentos o cadro xalleiro creu na vitoria, e de feito, a primera parte foi dominada de principio a fin polos de Coméndez, que se adiantaban cun bo tanto de Rubén Forján. Pero a falta de puntería privou ao equipo bicolor de solventar o partido, pois ademais do dominio hou ocasións claras para sentenciar, sobre todo un man a man de Jesus que non aproveitou; outra de Jesus que non acerta a rematar tras un centro raso de Marcos; ou un pase interior de Jesós que deixou só a un Vía que botaba o balón contra o porteiro. Doro e Rubén tamén facían dano polas bandas pero o segundo tanto non chegaría.

E cambiou o conto á media hora, co gol do empate que nacía dunha perda de César na frontal fronte a Damián que lle rouba o balón, encara a Vicente e marca. Acabaría asi a primeira parte co 1-1 no marcador. A segunda metade, sobre todo a raíz da expulsión de Steven, o partido igualouse e puido caer para calquera lado pero unha boa accion de Damián na banda, adentrándose na área suporía o penalti tras unha entrada de Aarón. Foi o propio Damián quen transformaria o penalti en gol e deixaría ao cadro xalleiro, con media hora xogando cun home menos, sen folgos para a remontada.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios