Martes. 23.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo

3ª Autonómica: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo
O Ameixenda na foto ante o Lira caeu na casa ante o Coristanco A Clínica Fisioterapia Xunqueira de Cee patrocina a 3ª. Coñécenos en Facebook

Queda só arriba o Cerqueda despois desta xornada 26 da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder sumaba a súa 12ª vitoria nos últimos 13 partidos e saca xa 8 puntos ao Ameixenda e 14 ao 3º, o Coristanco. Precisamente o Coristanco foi protagonista vencendo en Cee, e deixando ao equipo de Pato a só 6 puntos, abrindo a porta para pelexar por esa segunda praza de ascenso directo.

Deixouse en Laxe o Corcubión unha ocasión para quedar a 5 do Ameixenda e o cadro de Nacho sumou, xustamente, a súa terceira vitoria da temporada. Ademais, o Muxía vencía ante un mermado Castrelo e se afianza nos postos de Promoción, deixando a día de hoxe fóra deles ao Nantón, ao que lle tocaba descansar. O Lira, a pesar de caer en Xaviña ante o líder, segue na 6ª praza, con 3 puntos de vantaxe sobre o Nantón. Un Lira que iso si, vén de fichar a Saúl da Esteirana e a Pardelo do Volantes.

Queda moita pelexa!


Castrelo - Muxía (0-4)

  • CASTRELO: David Buxantes, Quintáns, Pichón, Edreira, Raul, Javier, Stiven, Félix, Diego, Ozón e Rafa.
  • MUXÍA: Papi, Peski, Currás, Juan, Martín, Javi (Julián, min.75), Conguito, Gerardo (Esteban, min.65), Iván, Alberto (Ruso, min.85) e Arxires (Antonio, min.80).
  • Goles: 0-1, min.70: Alberto de remate cruzado; 0-2, min.75: Arxires; 0-3, min.80: Esteban; 0-4, min.85: en propia meta.

O Castrelo chegaba a Arliña en cadro, cun só cambio, o do porteiro suplente. E así e todo aguantou durante 70 minutos metido no partido. A primeira metade estivo dominada polo Muxía, con varias ocasións para poñerse por diante, como o man a man de David Buxantes salvou ante Alberto.

Na segunda parte o encontro seguía na misma tónica, con ocasións tamén para os vimianceses, como unha Javier que non podía superar no man a man a Papi. Gerardo avisaba nunha contra muxiá, mentres se lle ían acabando as forzas aos de Roland.

E cando quedaban 20 minutos para o final, chegaba o primeiro gol do Muxía, obra de Alberto, que sentou moi mal nun Castrelo que, sen cambios, e con moita calor baixou fisicamente. O Muxía dou entrada a 4 xogadores frescos que marcaron a diferencia e sentenciaba o partido con goles de Esteban, Arxires e Edreira en propia porta.


Laxe - Corcubión (3-2)

  • LAXE: Anxo; Bras, Suárez, Jacinto, Aarón (Miguel, min.45); Carlos (Rubén, min.75), Borja; Adrián, Iván (Sergio, min.85); Djamel e Elías (Santi, min.22).
  • CORCUBIÓN: Beto, Checho, Javi, Marco, Jesús, Alan, Toja, Balucho, Lema, Mario e Javi Floreal. Tamén xogaron: Sito e Trillo.
  • Goles: 1-0, min.8: Suárez; 2-0, min.24: Iván; 2-1, min.46: Lema; 3-1, min.48: Adrián; 3-2, min.82: Lema.

Moi mal partido por bando corcubionés, no que Lema chegaba con 12 baixas entre lesións, sancións e traballo, e que nunca atopou o xogo. E pola contra, foi probablemente o partido mais completo do Laxe no que vai de temporada, cunha gran primeira parte na que chegou o descanso con un resultado de 2-0 con goles de Suárez e Iván, pero pudo ser maior a diferencia de ter acertado algunha das numerosas ocasións das que dispuxo.

Nada máis empezar o segundo tempo acortou distancias o Corcubión por medio de Iago Lema, como non. Pero o Laxe non dou pé á reacción visitante xa que no apenas un par de minutos despois marcaría Adrián tras unha gran xogada colectiva.

Puido volver a marcar o Laxe tras varios man a man co porteiro visitante pero non foron quen de matalo partido. No minuto 83 volvería a marcar Lema (que xa leva 19 goles a só 1 de Luís) e empezaron os nervios no conxunto local, dispuxo o Corcubión de ata 3 ocasións claras para empatar pero ao final non puido.


Ameixenda - Coristanco (1-2)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Purty, Samuel, Iván Pequeño, Álex (Bichiño, min.46), Javichu, Camacho, Jesús, Jorge (David, min.41), Mario (Mateo, min.80) e Demetrio.
  • CORISTANCO: Nacho, Marcos (Javi, min.60), Mato, Sergio, Jose, Joaquín (Moreno, min.60), Pazos, Iván, Joni, Ivi e Gonzalo.
  • Goles, 0-1 min.50: Ivi a pase de Pazos; 1-1, min.80: Demetrio marca un golazo de volea a centro de David; 1-2, min.82: Ivi a centro de Joni.
  • Expulsión: o local Iván Pequeño no min.29.

Bonito partido o vivido no San Paio de Refoxos que demostra que o Coristanco está moi vivo e que pelexará ata o final o segundo posto de ascenso directo. A primeira metade foi de cor verde, cun equipo de Da Silva que saía a presionar e non deixar xogar, ante un Ameixenda de Pato, ben seguro en defensa. Así e todo, a mellor ocasións foi de Gonzalo, e ademais Iván Pequeño era expulsado á media hora deixaba aos seus con 10 facendo unha falta ao propio Gonzalo cando se prantaba só diante de Riolo. Ivi, cun par bos tiros probaba ao meta ceense.

Na segunda, a pesar de estar con 10, foi de dominio local. Pero comezaba co Coristanco máis enriba pero o gol tempraneiro esperou aos ceenses que reaccionar e meteron aos visitantes no seu campo. Quedaban 10 minutos cando Demetrio marcaba o golazo da tarde, pero sen tempo a pensar, Joni entraba por banda e Ivi facía o 1-2. Intentouno o Ameixenda, pero non foi quen de romper a liña defensiva coristanquesa.


Cerqueda - Lira (3-1)

  • CERQUEDA: Gesto (Rubén, min.75), Pailos (Sergio, min.58), Dani, Javi Pazos (Juanjo, min.60), Pablo, Alberto Verdes, Lorenzo, Dani Seaia (Javi, min.16), Luchi (Uru, min.71), Darío e Jacobo.
  • LIRA: Aitor, Eloy, Pelos, Pardelo, Saúl, Miki, Pata, Manu, Cibrán e Paky. Tamén: Santi, Oli, Yerau e Adrián.
  • Goles: 1-0, min.47: Javi de fermosa vaselina; 1-1, min.50: Eloy nun córner; 2-1, min.54: Alberto Verdes de fermosa falta directa; 3-1, min.57: Darío.
  • Expulsión: o liracho Paky no min.60.

Nova vitoria do Cerqueda, e xa van 13 partidos sen perder, con 12 vitorias, O Lira aguantou a primeira metade, cun Cerqueda que tivo máis ocasións pero os Darío, Javi e Luchi non estaban acertados cara gol.

Na segunda saíron máis afinados os locais e Javi abría o marcador de gran vaselina ante a saída do porteiro liracho. Empatou pronto o Lira nun córner, pero o fantástico gol de falta de Alberto Verdes e, case senn case tempo, o terceiro de Darío nunha contra, sentenciaba o partido. O Lira arriscou e adiantou liñas e pediron dous penaltis nos últimos 10 minutos.

Aquí vemos o golazo de Alberto Verdes de falta:


Crónicas da 3ª Autonómica

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios