Luns. 06.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana apreta a Fase de Ascenso

Xuvenís: O Cabana apreta a Fase de Ascenso
O Cabana ganou ao XSC nas Redondas-Foto-Bego Cancela

Xornada fantástica esta 8ª da Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Se o Dumbría celebraba, cunha emotiva homenaxe o seu título de Liga e o pase á Fase, por detrás, 4 equipos (Camariñas, XSC, Miúdos e Cabana) quedan nun pano de 3 puntos tralos resultados. O Cabana vencía a un XSC que podía ter escapado, pero a vitoria cabanesa deixa todo aberto ata o último partido. I é que a vindeira xornada teremos un Dumbría - XSC, un Porteño - Cabana, e un Os Miudos-Camariñas, que poderán clarificar as cousas.

Na Copa, a Esteirana segue ao seu, e xa saca 7 puntos ao 2º, un Fisterra que descansaba. Pero a cousa por detrás está moi igualada. A atención hai que poñela na zona baixa, onde parece que 5 equipos pelexarán por evitar 2 prazas que deixan fóra da Copa, unha vez que o Baio, eternamente en cadro, parece destinado a quedar de pechacancelas. Malpica e Ponteceso, que parecían safos, vólvense meter na pelexa coa vitorias de Castriz, ante o Baio, e do Zas precisamente ante o cadro pontecesán.

banner-maisdeporte-2015 cee

Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8

Camariñas - Porteño (2-1)

Porteno-Camarinas xuv-Foto-Porteno
  • CAMARIÑAS: José Luís, Facundo (Espi, min.46), Miguel, Pose, Álvaro (Manuel, min.80); Adrián, Juan, David; Chicote, Sergio e Javi.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo (Jose Manuel, min.80), Bruno, Borja, Aarón, Oli, Roby, Rodry, Mario e Maikel (Carlos, min.82)
  • Goles: 1-0, min.15: en propia meta de cabeza nun córner; 1-1, min.30: Oli tras unha contra saída dun córner dos locais moi ben levada por Borja; 2-1, min.85: Javi controla de tacón un pase de Sergi e chuta cruzado.
Imaxe do derbi camariñán-Foto-Porteño

Aparecíu Javi nos últimos 5 minutos para decidir o igualado derbi camariñán e permitir que o equipo local se manteña na pelexa pola Fase de Ascenso. O equipo, agora dirixido por Saviola despois da marcha de Javi Baña por asuntos persoais, sufríu para superar a un Porteño, da man de Ordóñez, que deu o do de peito a pesar de non ter xa nada que facer na táboa.

Foi un choque moi bonito, con grandes xogades de gol nas dúas porterías, destacando a actuación de dous grandes porteiros como son José Luís e Brais.

Arrincaba o choque con 15 minutos nos que Camariñas dominaba e atopouse cun gol en propia meta e mesmo puido caer o segundo sobre todo da man de Sergi nun centro de Javi. Pero o Porteño foise facendo co medio campo, empatou á media hora nunha fermosa contra que levou Borja e remachou e acabou moito mellor o primeiro tempo, puidéndose ir ao descanso con vantaxe.
De feito, aí chegaba, ao fío do descanso, xogada polémica da tarde, cando o visitante Robi marcaba un espectacular gol de volea a centro de Maikel dende case a liña de fondo, que, para a sorpresa de todos o colexiado decidía anular por fóra de xogo.

Saíu o Camariñas máis enchufado na segunda, pero o partido puido ter caído dos dous bandos. Espi creaba perigo pola dereita, e tanto el como David tiveron boas ocasións por bando local, se ben Maikel tivo tamén un par de mans a man con José Luís para o Porteño.
Pero foi Javi o que aparecía cando quedaban só 5 minutos para inclinar a balanza do bando local e sumar 3 puntos fundamentais.

Imaxe do derbi camariñán-Foto-Porteño

Dumbría - Os Miúdos (7-1)

Pasillo homenaxe de Dumbria e Os Miudos ao muradan Jose Maria
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Lucas, Edu, Cacha, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Mauro, Luís, Jose Miguel e Andrés.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloiy, Samuel, Juanche, Álvaro; Airán; Tajes, Miguel, Lice, Yeray e Hugo.
  • Goles: 1-0: Cacha; 2-0: Cacha; 2-1: Samuel (descanso); 3-1: Juan de Dora; 4-1; Juan de Dora; 5-1: Maikel; 6-1: Marcote de penalti; 7-1: Maikel.
  • Lesión: Juanche.
Homenaxe dumbries ao muradan Jose Manuel-Foto-Isma

Antes do partido, o Conco vivíu unha emotiva homenaxe, que Dumbría e Os miúdos lle quixeron brindar a Jose María, un rapaz de Muros que na plantilla dumbriesa que no 2013 conseguía do ascenso a División de Honra, pero que tivo que deixar de xogar por un problema de saúde. Un José María que aínda non pode volver a facer deporte, pero que polo menos sentíu o cariño dos seus ex compañeiros, cun pasillo feito polos dous equipos e unha camiseta do Dumbría asinada polos seus amigos.

Xa no deportivo, pouco que contar. Con 11 chegaban Os Miúdos que ademais vían como o lateral Juanche se lesionaba aos 20 minutos, deixando aos seus con 10 durante 70 minutos. Así e todo aguantaron a primeira metade, nun partido de pouco ritmo sobre todo no primeiro tempo, chegando con 2-1 ao descanso. Na segunda xa non houbo cor.

Así e todo, a vitoria cabanesa deixa aos Miúdos con claras opcións de meterse, dependendo case de si mesmo (e do Dumbría), para meterse na Fase, se ben é certo que tamén depende de si mesmo o Camariñas, pois teñen choque directo a vindeira semana.

Cabana - Xallas StComba (1-0)

  • CABANA: Vázquez, Javi (Aurelio), Grille (Oliver), Ferreiro, Reigía, Mateo, Alex Rodríguez, Redondo, David Muíño (Raúl), Cristian (David Varela), Pablo (Álex Fraga).
  • XSC: Coke, Pérez (Dani, min.50), Cristian, Xoel (Landeira, min.60), Carlos, Rubén, Adrián (Chiki, min.70), Fabián, Barbeira, Anxo (Isma, min.75) e Tefi (Santi Díaz, min.50).
  • Goles: 1-0, min.43: Aurelio de cabeza no saque dunha falta lateral.
Cabana-XSC-Foto-Bego Cancela

Partido moi vibrante e intenso ante un moi bo e traballado Xallas, que se resolveu pola eficacia máxima dos cabaneses, aproveitando unha das poucas chegadas claras para marcar o gol da vitoria.

O XSC chegaba ás Redondas con ánimo de non cometer erros e sumar. Os dous equipos respectábanse demasiado nos primeiros compases, ben posicionados e sen complicacións, nin tampouco ocasións. A maioría das accións resolvíanse con balóns ás cosats da defensa, pero os porteiros e as defensas superaban aos ataques. De feito, as accións mais perigosas viñan dadas de estratexia e ao fío da primeira metade, unha falta lateral ben botada do Cabana colle por sorpresa aos defensas xalleiros e Aurelio marca de cabeza no segundo pau. Antes Pablo xa avisara para os locais noutra ocasión illada.

Na segunda metade os de Óscar buscou manter o resultado e aproveitar as contras para ampliar o marcador, pero aos de Rubén Forján lle tocaba arriscar. Saíron os Santi Díaz, Isma, Chiki ou Landeira, dinamita arriba, e chegaron ocasións, sobre todo no treito de Landeira, pero non estaban acertados os verde-laranxas, que se atoparon ademais cun gran Vázquez baixo paus. Tamén tivo Aurelio outra contra pero o marcador non se movería deixando un resultado que apreta aínda máis a liguilla e que deixa todo aberto para os 4 equipos que pelexar por esa segunda praza.


Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 9

Cee - Malpica (1-1)

Cee xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • CEE: Maikel, Jicho, Tivi (Iván, min.55), Borja, Castillo, Hugo, Chema, Senlle (Pablo, min.60), Alexis (Brais, min.75), Dani e Álex.
11 do Malpica xuvenil en Cee-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Steven; Arcay, Brais Álvarez, Álvaro, Chema Auñón, Gende, Eloy (Adrián Vecino, min.87), Cristian Villar, Sergio, Xulián e Carlos (Adrián Martínez).
  • Goles: 0-1, min.42: Sergio de tiro cruzado despois dun pase de Gerpe; 1-1, min.60: Hugo de penalti.
  • Expulsións: os malpicáns: Xulián (m.49) e Steven, (m.53). Trala expulsión do porteiro, ocupou a portería o defensa Brais Álvarez.
Capis do Malpica e Cee xuvenil-Foto-Luis Porto

Intenso partido no San Paio de Refoxos. A primeira metade foi boa polos dous equipos, facendo un bonito e igualado partido, con algunha ocasión para cada bando, como un remate de Chema para os ceenses ou un par de tiros de Eloy para os malpicáns. Adiantábase o Malpica antes do descanso co tanto de Sergio.

E cando parecía que o Malpica encamiñaba o partido, dúas case que auto expulsións deixaban ao cadro malpicán con 9 durante máis de 35 minutos. O Cee tomou o mando, e con máis corazón de cabeza foise arriba. Pronto Hugo metía por diante aos rapaces que dirixe Mario de José, e tivo algunha ocasión máis pero non puido superar a defensa visitante.

Castriz - Baio (3-1)

  • CASTRIZ: Víctor, Richar, Álex, Álex Redondo, Cris, Roony, Adán, Luís, Beto, Varillas e Elías.< Tamén xogaron: Balsa, Cambón, Javi Electro.
  • BAIO: Jose Manuel, Javier Muíño, Miguel, Fran, Alfonso, Alberto, Fariña, Jose Antonio e Estefan.
  • Goles: 0-1, min.15: Estefan; 1-1, min.40: Redondo de libre directo; 2-1, min.65: Balsa; 3-1, min.85: Balsa.

Partido sen historia donde cabe reseñar, unha vez máis, a inferioridade a que se ve sometido o CD Baio con respecto os outros equipos xa que se presentou con só 9 efectivos.
Aínda así, opuxo resistencia e mesmo conseguíu adiantarse por medio de Estefan nun contraataque ben levado polos visitantes. Perseverou o equipo local e pouco a pouco foille dando a volta o marcador, domindo, iso si, o xogo, durante os 90 minutos ante un Baio, consciente das súas limitacións, ben armado atrás.
Primeiro empatou de libre directo cerca do descanso. A entrade de Balsa (doente do xeonllo) meteríalle esa dose de gañas que lle faltaba ao cadro xalleiro, que despois mediada a segunda parte adiantarse e sentenciar xa nos minutos finais. Aínda tivo as súas oportunidades o CD Baio de volver a anotar pero unhas veces o meta dos locais Víctor e outras o bo facer defensivo, estragaronas.

As veces enfrentarte a un equipo en inferioridade fai que te confies, xa que sabes que tarde ou temprano vas ter as tuas oportunidades, puido ser así o que lle pasou o Castriz pero encontraron as solucions as trabas que lle puxo o CD Baio e sacaron o encontro para diante.

Outes - Muxía (1-1)

  • OUTES: Cutu, César (Fabio), Serxio (Fran), Samuel, Brión, Álvaro (Sergio Nieto), Adrián, Saúl (Xurxo), Santi, Borja e Simón.
  • MUXÍA: Ancho, Jorge, Andrés, Paulo, Chori, Maca, Marco, Tomás, Castreje, Ander e Jose (Rubén, min.15).
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián de cabeza; 1-1, min.75: Marco.
  • Lesión: os muxiáns Jose e Marco.

Igualado partido con unha parte para cada equipo, que rematou en táboas. O equipo de Javier Lema chegaba con 12, pero José lesionábase ao cuarto de hora e Marco xogou media parte coxo.

Na primeira metade os de Manu Roque dominaron e se puxeron por diante co tanto de Adrián de cabeza, e tiveron ocasións para sentenciar o choque.
Pero na segunda, a pesar de estar con 10emedio, o Muxía foise arriba, cambiando o esquema, pero precisamente ese “emedio”, Marco, foi o goleador para os muxiáns, que aproveitaron a incercia e a pique estiveron de levar o partido.

Esteirana - Coristanco (5-2)

  • ESTEIRANA: Xaco, Sergio (Anxo), Bolo, Rafa, Tobío (Fabio), Damián, Edu (Pablo), Juan (Jaime, Manu, Cristian e Brais.
  • CORISTANCO: Brais, Varela, Javi, Brandón, Bértoa, Navarro, Gabriel, Gabio, Gesto, Iván e Lorenzo. Tamén: Alberto, Regueira, Iván Anido e Cristian.
  • Goles: 1-0, min.9: Manu; 2-0, min.11: Brais; 3-0, min.30: Brais de penalt; 3-1, min.49: Cristian; 4-1, min.61: Rafa; 4-2, min.65: Gesto; 5-2, min.89: Pablo.

Boa tarde de fútbol, sobre todo pola intensidade do encontro na Salina, e iso que a Esteirana se metía cun claro 3-0 á media hora. Pero o Coristanco non deu o partido por perdido e saíu con todo na segunda, recurtando pronto, pero unha gran xogada dos locais era culminada por Rafa para ampliar a renda de novo, e a pesar do novo tanto visitante, non había xaopcións de remontada.

Corcubión - Corme (1-2)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Lela, Isma, Marcos, Mario, Pepo, Germán, Goche, Tito e Álvaro. Tamén xogaron: Maikel e Junjo.
  • CORME: Marcos, Sergio, Ángel, David, Cristian, Diego, Eloy CR, Isma, Isaac, Bruno e Mikel. Tamén Yago, Manu, Eloy Villar, Pandi e Ian.
  • Goles: 1-0, min.5: Germán; 1-1, min.40: en propia meta; 1-2, min.85: Manu.

Bo partido dun cadro cormelán tocado polas baixas ante un Corcubión que tamén viña en cadro. Adiantáronse os de Senra moi pronto, o que obrigou ao Corme a subir liñas. Un tanto en propia meta do porteiro local deixaba o empate para o descanso.

A segunda metade foi igualada, e o gol da vitoria, de Manu, non chegaría ata os últimos intres.

Ponteceso - Zas (2-5)

  • PONTECESO:Marcos, Busto, Rubén, Adrián Pose, Isma, Esteban, Fabián, Pedro, Javi, Ismail e Iván. Tamén: Eloy Álvarez, Óscar e Alex.
  • ZAS: Sergio (Hadrián Ferreiro, min.78), Rubi, Brais, Alberto Fuentes, Bolita, David (Cristian, min.57),Terny, Juan (Adri, min.71), Manu, Andy (Álvaro, min.67), Andrés (Dani Mato, min.46).
  • Goles: 0-1, min.2: Andrés; 0-2, min.3: Andy; 0-3, min.12: Andrés; 0-4, min.48: Dani Mato; 1-4, min.52: Iván; 2-4, min.56: Eloy; 2-5, min.86: Cristian.

Segue camiño ascendente o Zas que venceu un partido clave na loita por evitar os 3 postos de abaixo. Aproveitaron os de Iván Solís que o equipo de Carracedo, con moitas baixas, saía durmido e en apenas 12 minutos os zaenses se colaban 0-3.

Comezaba a segunda co 4º tanto visitante e aí chegaba un conato de reacción dos locais con dous tantos, pero entre as forzas xa fraqueaban e non puideron seguir recurtando a un Zas que soubo aguantar o marcador.


Crónicas dos Xuvenís

2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios