Martes. 07.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro

1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro
imaxe do Baio-Malpica

Viña marcada esta 26ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra polos dous derbis costeiros. Dous partidazos que se saldaron con vitorias locais de Baio e Corme ante Malpica e Sofán, e que deixan a ao Baio preto do Sofán, xa algo lonxe do liderato pero aínda con opcións de meterse na Promoción, mentres que permite ao Corme pegar un salto e deixar o perigo do descenso á 4 puntos.

Ademais, o gran protagonista da xornada é a Esteirana, que tiña unha finalísima en Silleda, contra o penúltimo da táboa, ao que deixa agora a só 3 puntos, e mira a salvación máis preto. 7 punto separan aos de Pedrosa, en clara liña ascendente, da salvación, polo que con 8 partidos por diante, o cadro blaugrana ten moitas posibilidades de manter a categoría.

Ademais, completaba a xornada o Soneira, sumando un puntiño en Amio e evitando que o cadro local, rival da Esteirana na loita polo descenso, sumase outros dous.

A Clínica Vértebra, coa fisioterapeuta Berta Reimúndez e a podóloga Alicia Novás, patrocina a 1ª Autonómica e espérate en Baio. Coñéceas en Facebook

Amio - Soneira (1-1)

11 do Soneira en Amio-Foto-Oscar
  • SONEIRA: Anxo, Figueroa, Maikel, Brais Mouzo, Fran de Urroa, Mayor, De la Sierra, Nazo, Javi (Basti, min.52), Brais Triñanes (Chans, min.77) e Richi.
  • Goles: 1-0, min.44; 1-1, min.58: Richi de penalti.
  • Expulsión: o central local no min.58 por unhas mans salvando un gol, que supón o penalti.

Empate do Soneira en Amio tras unha mala primeira metade do cadro de Manolito, con poucas ocasions de gol para os dous equipos, cun Amio ben prantado e un Soneira sen ideas nin claridade. Mellorou o equipo soneirán na segunda, que foi superior e se aproveitou da expulsión dun central local que lle permitiu, ao final, ter ocasións suficientes para levar os 3 puntos, pero a puntería non estivo fina.

O choque arrincaba co Amio mandando un centro envelenado ao pau, pero pronto Nazo e Richi avisaban. Ao fio do descanso, chegaba o gol local nunha contra, un mazazo para ir ao descanso.
A segunda emepzaba cunha volea de Javi, e ao cuarto de hora chega unha xogada clave, tras unha boa combinación que remata Nazo e que un defensa saca ca man. Penalti e expulsión e Richi non perdoa e fai o empate.

Quedaba media hora e o Soneira era claro dominador chegando ben por banda pero sen rematar eses centros. De la Sierra, Nazo en dúas ocasións tiveron as mellores opcións no treito final, co Amio metido baixo paus pero o gol da vitoria non chegaría.

Amio-Soneira-Foto-Oscar

Silleda - Esteirana (1-2)

  • ESTEIRANA: Ramón, Code, Simón, Dani Rama, Rafa, Pablo, Martín, Adrián (Alberto, min.60), Álex, Kike Paluca (Andel, min.75) e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, min.37: Róber Pladur remata un centro de Álex tras unha parede con Kike; 1-1, min.72; 1-2, min.89: Martín.

Vitorión da Esteirana en Silleda, no último suspiro, que deixa aos de Pedrosa con todo de cara para pelexar pola permanencia. O choque comezaba algo soso, con moito respecto e medo a perder, con algunha ocasión para os locais en balóns longos, xogadas a balón parado e buscando as segundas xogadas. Por bando esteirán, Simón probaba dende lonxe, pero era Róber Pladur, ao fío do descanso o que adiantaba aos visitantes tras unha boa combinación dos Alex e Kike.

Ao principio da segunda parte tiveron Róber e Álex dúas clarísimas para sentenciar o partido, pero era o Amio, nun barullo na área, o que conseguía o empate. Rafa avisaba cun remate de cabeza e Róber dispuña dun man a man que salvou o porteiro, deixando claro que o cadro esteirán non ía dar por bo o empate. Tivo tamén o equipo local un par de ocasións a balón parado.

E cando o partido morría, cazou Martín un balón que valeu 3 puntos de ouro para os blaugranas.


Corme - Sofán (2-0)

Corme e Sofan no Cairo-Foto-Fin Lema
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Diego, Toniño, Adrián Doldán (Jose, min.27) (Brais, min.83), Brais, Sergio, Lucas, Juan Chans (Samu, min.87) e Alejo (Manu, min.89).
  • SOFÁN: Lerma (Bugy, min.78), Sito, Javi Souto (Leilán, min.58), Félix Garrote, Rubén, Pablo Martínez (Méndez, min.53), Míchel (Bertín, min.46), Maneiro (Eloy Boedo, min.79), Iván Rojo, Luís e Raúl.
  • Goles: 1-0, min.5: Sergio remata unha falta lateral botada por Lucas; 2-0, min.50: Sergio dende a frontal tras tocar nun defensa.
  • Lesión: o cormelán Adrián Doldán.
Imaxe do Corme-Sofan-Foto SD

Dous goles de Sergio Sueiro, ao comezo dos dous tempos, serviron para deixar os puntos no Cairo, nunha fermosa tarde de auténtico fútbol costeiro nun campo cheo de cores azuis e vermellas, con máis 300 persoas. O Corme, máis necesitado de puntos, fixo valer a súa intensidade, e estivo máis acertado de cara gol.

Arrincaba o choque co gol de Sergio tras unha falta botada por Lucas. O equipo de Josito reaccionada e Raúl e Iván Rojo avisaba por partida doble pero Javi estivo sensacional nesa primeira media hora. Tiveron tamén Alejo e Lucas ocasións para ampliar a renda, antes de que o colexiado anulase un gol, que significaría o empate para os sofanistas pero o liña sinalou fóra de xogo dubidoso de Pablo Martínez.

A segunda comezaba igual, co gol de Sergio nun tiro dende fóra da área. Lucas enviaba unha fermosa vaselina ao longueiro para dar paso a varias chegadas da SD que non lle perdía a cara ao partido. Maneiro, Raúl e Méndez probaban pero non tiñan o día, e o Corme celebraba 3 puntos de ouro.

Cómpre facer un apunte, o debut do cadete Samuel no bando cormelán, enviando tendo mesmo un man a man con Bugy que case acaba en gol.

Aquí o vídeo completo do partido de Luís González:


Baio - Malpica (1-0)

11 do baio ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • BAIO: Manuel, Ramón, Mario, Porto, Eloy (Fachal, min.14), Norber, Brais, Martín (Pablo, min.89), Rubio (Silvariño, min.72), Christian (Saleta, min.65) e MC.
11 do Malpica en Baio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Rancaño, Alemán (Pilo, min.76), Baba, Fernando Varela, Esteban (Joel Pereiro, min.46), Cololo e Martín Mara (Diego Alonso, min.62).
  • Gol: 1-0, min.14: Brais de cabeza a centro de MC.
  • Expulsións: o baiés Brais e o malpicán Cololo nunha pequena liorta que puido quedar en amarelas, no min.95.
  • Lesión: O baiés Eloy cunha escordarura de nocello.
Martin e Fernando Varela capis do Baio e Malpica-Foto-Luis Porto

Fermoso derbi no Platas Reinoso ante máis de 200 siareiros, nunha tarde encantadora e cun partido moi disputado e igualado. Comezou o choque cunha acción de Cololo pero pronto, unha gran xogada de MC por banda, permitía que o seu fermoso centro o rematase Brais Garrido ao fondo das mallas. O equipo de Félix na primeira puido pechar o encontro con varias ocasións, estando mellor posicionado no campo, e levando a iniciativa.

Pero na segunda o Malpica veuse arriba, coa entrada de Joel por Esteban. Dominaron os de Baña durante toda a segunda, e chegaron con perigo, ante unha defensa sempre seria do cadro local, que non permitiu demasiadas ocasións. A mellor chegaba nunha fermosa combinación ao primeiro toque entre Joel Pereiro, Fernando Varela e Adrián, que enviaba a Cololo que erraba no remate cando os malpicáns cantaban o empate.

Tivo para sentenciar, á contra, o Baio, pero MC, Brais e sobre todo un bo tiro de Saleta, non atoparon porta, ou máis ben, atoparon a un ben colocado Pombo.

Imaxe do Baio-Malpica

Aquí, o primeiro gol do Baio da man de Santi Soneira:


Crónicas da 1ª

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios