Previa dun Rali de Noia con cheo da casa

10:01 16/04/15

Un ano máis temos as portas o Rali de Noia, o rali de casa para todos os nosos pilotos costeiros, e máis que nunca este ano, xa que o rali vén ata Muros. Por terras muradáns pasará o segundo tramo da mañá, tramo na honra de Manuel Lojo, todo un campión que nos abandonou fai uns anos nun fatídico accidente.