Xornada completísima neste ecuador do mes de decembro. E antes da análise da previa repasamos os sancionados.
Sancionados
O dato máis salientable do parte é que o Comité dá por vencido finalmente o partido non disputado entre Castriz e Laxe. O Comité recoñece que o Laxe presentou as fichas, pero con 40 minutos de retraso, 10 máis dos permitidos. Por tanto, 3-0 para o Castriz e 2 puntos de sanción ao Laxe.
Preferente
José R. Ríos (Dumbría).
Aarón Fdez. (Dumbría).
1ª Autonómica
José Sar (Camariñas).
Kike Riomayor (Esteirana).
Roberto Lago (Esteirana).
Aperc. 1ª: - Manu Casal (Malpica). - Ismael Calvo (Malpica). - Adrián García Varela (Malpica). - Fran Maceiras (Esteirana). - Martín MC (Baio).
2ª Autonómica
Marcos Ferreiro (Castriz).
Esteban Pereiro (Mazaricos).
Álvaro Lema (Camelle).
Berlamino Esperante (IDC).
Jorge Pichel (IDC).
Jesús M Eirís (San Lorenzo).
José Carlos Leis (Cee).
Borja Blanco (Fisterra).
Suso da Torriña (Del. Corme).
José Suárez (Cabana).
Aperc. 2ª: - Bruno Ferreiro (Castriz). - Jesús Alonso Cousillas (Porteño). - José Andrade (Porteño). - Pablo Beiro (Carnota). - Pedro Pichín (Carnota). - Germán Fariña (San Lorenzo). - Diego Bermúdez (Corme). - Balucho Lado (Corcubión). - Alessandro Carballo (Cabana).
3ª Autonómica
Martín Paredes (Laxe).
Antonio García (Laxe).
Javier Carballo (Ameixenda).
Diego Bermúdez (Ameixenda).
José Carracedo (Seaia).
Pablo García (Nantón).
Luís Giancé (Adest. Nantón).
Aperc. 3ª: - Gora Manga (Laxe). - Sergio Carracedo (Seaia). - Álvaro Piñeiro (Montelouro).
Xuvenís
Alberto Pérez (XSC).
Juan Rey (Muros).
Adrián León (Muros - 4 partidos).
Diego Fariña (Baio).
Samuel Carballo (Cabana).
Julio Marcos Almeida (Malpica).
Aperc. Xuv: - Adrián Castro (Fisterra). - Christian Martínez (Ponteceso). - Daniel Gundín (Malpica).
Previa da xornada
Arrincamos a análise da previa desta xornada pola Preferente. Mentres Dumbría e XSC teñen que gañar ante equipos teoricamente inferiores, o partido máis importante será o do Soneira, que recibe a un San Tirso que marca a salvación con só dous puntos máis que os de Manolito.
Na 1ª Autonómica a atención viaxará ata Noia, onde a Esteirana participará na rodaxe durante o partido dunha documental solidaria. O cadro blaugrana espera que o líder estea algo despistado. Ademais, os necesitados Camariñas e Ponteceso terán partidos complicados. O Camariñas ante un Unión na zona alta, e o Ponteceso ante o Cordeiro, que vén de facer un bo papel en Malpica pero que só ten un punto máis que os de Mato. Baio e Malpica terán choques moi igualados co Piloño e Arzúa.
Parece que o Sofán-Corme será o choque máis bonito da xornada na 2ª Autonómica. O Corme quere meterse definitivamente no grupo de arriba. Ademais, haberá que estar atentos ao sempre fermoso derbi entre Carnota e Muros.
Na 3ª Autonómica, os líderes terán novas e complicadas probas. O Baíñas visita a un Cerqueda que necesita un revulsivo, que pode chegar precisamente en forma de líder. Pola súa banda, o Montelouro visita a un Nantón que vai a máis e xa está a só 5 puntos.
As Ligas Xuvenís chegan a sa recta final, pero nin no Gr.3 nin no Gr.4 hai enfrontamentos directos entre os de arriba.