Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo

Xuvenís: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo
Xuvenis-Esteirana-Cee-Foto-Jose Cambeiro

Deixa un pouco máis claras as 3 posicións de cada grupo que darán acceso á Liguilla Previa da Fase de Ascenso á Liga Galega. Polo Norte, o Ponteceso, tras caer co Corme, queda a 5 puntos do Malpica, que queda terceiro tralo seu tropezo ante o Muxía. Mentres, polo Sur, o Cee puido terse metido na loita de vencer á Esteirana, pero a contundente derrota deixa ao cadro ceense mesmo debaixo de Fisterra e Muros, os 3 xa a máis de 6 puntos do XSC, que marca esa 3ª praza.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 15

Deixou esta xornada a goleada da Esteirana ao Cee que deixa aos de José Carlos con moi poucas opcións de meterse na Liguilla a falta de 7 xornadas para o final da liga regular. O cadro esteirán colócase a 2 do líder, un Dumbría que descansaba de novo e ten 2 partidos menos. 3º, a 4 do líder e a 2 da Esteirana, queda o XSC tras golear ao Soneira.
Deste xeito, quedan xa con poucas opcións os Fisterra, Muros e Cee.

Esteirana - Cee (5-0)

Esteirana-Cee-Foto-Jose Cambeiro
  • ESTEIRANA: Marcos (Manuel, min.46), Manuel Tobio, Borja (Alejandro, min.76), Rafa, Alberte, Raúl, Pablo, José (Adrián, min.78), Manuel (Damián, min.63), Adrián e Sergio (Cristian, min.78).
  • CEE: Paulo (Argen, min.79), Vilela (Germán, min.79), Abraham, Esteban, Rafa, Tebo, Nanon (Kevin, min.67), Andrés, Picallo (Alex, min.72), Pablo (Felipe, min.57) e Mario.
  • Goles: 1-0, min.33: Adrián; 2-0, min.44: Raúl; 3-0, min.60: Vilela en propia meta; 4-0, min.67: Pablo; 5-0, min.75: Raúl.

Derrota dolorosísima de Cee en Esteiro, que deixa ao equipo de José Carlos lonxe da Liguilla Previa da Fase de Ascenso. A baixa de Aitor durante toda a tempada, unidas ás de Carlos, Jicho e Nanón foron demasiado para un Cee que aguantou a primeira media hora, pero non conseguiu manter a súa meta a cero ante as embestidas do bo equipo blaugrana.

Dous goles ao fío do descanso puñan o partido de cara para os locais, que sentenciaban nos 15 da segunda.A partir de aí, os nosos viñéronse abaixo e os goles seguiron chegando.

Esteirana-Cee-Foto-Jose Cambeiro

Soneira - Xallas StComba (2-12)

  • Goles: Cristian Serradero e Eloy para o Soneira. E Iván Pastoriza (6), Landeira (3), Torres, Adrián e Steven para o XSC.

Partido sen historia no municipal vimiancés que xa se decantaba no comezo do partido, e no que o XSC non tivo piedade. Destacar o partido de Iván Pastoriza, que fixo nada menos que 6 goles.

Outes - Muros (1-2)

  • OUTES: Yoel, Samuel, César, Brión (Fran), Rafa, Álvaro, Babu (Simón), Adrián, Cutu, Veleiro (Xurxo), Paulo (Ibra).
  • MUROS: Matias, Yeray, Samu, Veloso, Ramón, Miguel, Santi de Lira, Alvarito, Adri, Piki e Hugo.
  • Goles: 1-0, min.15: Santi de Lira tras unha xogada a balón parado; 2-0, min.30: Adri; 2-1, min.44: Samuel de cabeza.
  • Expulsado: Adri no desconto.

Partido igualado que levou un Muros que se adiantou con dus erros e que soubo ler o partido e aguantar o marcador. O cadro muradán comenzou tocando moi ben o balon e tivo uns 30 minutos moi bos nos que aproveitaron alguns fallos dos locais. A balón parado metería Santi de Lira o primeiro gol, e pouco despois Adri metería o segundo. Xa case que no desconto da primeira o Outes metía o 1-2 cun remate de Samuel de cabeza tras un saque de falta.
Na segunda parte o partido estivo moi parado, con moitos saques de banda, moitas faltas, moitos balonazos e sen perigo en ningunha das dúas porterías. Xa no desconto (máis de 6 minutos de desconto) Adri despexaba un balón para que o arbitro pitase o final e este sacarialle unha vermella directa sen demasiados motivos.

Lira - Fisterra (2-3)

  • Goles: 0-1, min.20: Manute a centro de Suárez; 0-2, min.35: Josiño de penalti; 1-2, min.50: Xoán; 2-2, min.65: Adrián; 2-3, min.90: Rubén tras unha falta ao borde da área botada rápido.

A piques estivo o Lira de estrear o seu taboleiro de puntos, ante un Fisterra moi falto de intensidade e actitude. Pero non tiveron sorte os lirachos, que viron como tras remontar nunha boa segunda metade os dous goles iniciais do cadro visitante, no último suspiro, unha xogada estrana acababa co terceiro dos fisterráns.

Arrincaba o partido co Fisterra algo mellor, e Manute e Josiño adiantaba aos seus. Remontaba o Lira nunha gran segunda metae e mesmo se puido poñer pod diante pero Miky non estivo fino en dous remates claros de cabeza, Alexis marrou un man a man co meta fisterrán e Saúl mandou un tiro ao pau.

Ao final, co 2-2, o colexiado sinalaba unha falta ao borde da área liracha. Os xogadores locais quedaban protestando mentres un xogador fisterrán sacaba rápido deixando a Rubén só para que asinase o gol da vitoria.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 15

Parece que Cabana, Corme e Malpica collen unha boa vantaxe para meterse na Liguilla Previa. O partido clave foi Ponteceso-Corme, onde os cormeláns levaron 3 puntos que valen moito máis que 3. Ademais do golaverage deixan ao Ponteceso a 5 do Malpica, que se relaxaba demais e caia na casa ante o Muxía.

Baio - Laxe (2-2)

Baio-Laxe -Foto-Alejandro Mel
  • BAIO: Guillermo, Michi (Pedro, min.46), Pablo, Silvariño, Efe, Kevin, Jose (Alfonso, min.75), David, Santi Díaz, Cristian, Estefan.
  • Goles: 1-0, min.15: Santi Díaz de cabeza a un córner; 2-0, min.30: David nunha xogada; 2-1, min.60; 2-2, min.75.

6 empates de 13 partidos leva o Baio de Pastroriza, que o ano pasado non empataba un só partido cos infantís. Desta volta, na casa e ante o Laxe, nun partido que tivo dúas partes completamente diferentes.
O Baio estivo ao comezo moi ben, presionando arriba, combinando e con varias ocasións. Adiantábase cos tantos de Santi Díaz e David e xa puido ter sentenciado antes de ir ao descanso.

Pero cambiou o panorama na segunda. O Laxe tomou o mando, e recurtou. Co 2-1 chegaría unha das xogadas claves do partido. Os baieses pediron un penalti, e do que podía ter sido o 3-1, na contra chegaría o empate.

Baio-Laxe -Foto-Alejandro Mel

Ponteceso - Corme (0-2)

  • PONTECESO: Lucas, Lorenzo, Dani Sánchez, Isma Amado, Diego Collazo, Diego Pérez (Adrián Pose, min.70), Dani Valle, Isma (Luca, min.80), Cristian, Iago, Pablo Pailos.
  • CORME: Rubén, Sergio (Eloy Castro, min.63), Iván, Cristian, Eloy, Joshua, Fran (Isma, min.75), Brais, Antoniño (Alberto, min.89), Manu (Isaac, min.82), Kike (Dani Chans, min.88).
  • Goles: 0-1, min.5: Kike tras unha boa triangulación; 0-2, min.7: Sergio cun centro chut que se envelenou e se colou por arriba.

Un paso fundamental para o Corme que deixa ao Ponteceso, 4º, a 6 puntos e co golaverage gañado. Pero non foi fácil o partido ante un Ponteceso que se vía cun 0-2 en apenas 5 minutos. Unha boa combinación e un centro chut que se envelenaba e se colaba servían para que o Corme encarrilase o partido.

Tardou o Ponteceso en reaccionar pero durante toda a segunda metade o cadro que dirixe Rubén Souto apretou, metendo ao Corme na súa área pero sen crear ocasións claras. Xa contra o final o porteiro cormelán Rubén saíu a destempo e batíu cun dianteiro pontecesán, e que o puido ser penalti para recurtar quedou en nada pois o colexiado non pitou.

Castriz - Camariñas (3-1)

  • CASTRIZ: Víctor, Pablo, Adri, Corroucho, Álex, Jose Ángel, Miguel, Andi, Jordi e Balsa.
  • CAMARIÑAS: Javi, Ariel, Santi, Pose, Mateo (Brais), Chicote, Joaquín, Sergi (Aitor), Dani e Jose (Carlos).
  • Goles: 0-1: Dani; 1-1: Jordi; 2-1: Andi; 3-1: Balsa.

Primeira vitoria, no campo, do Castriz deste Castriz que deixa a última praza ao outro debutante, o Porteño. Comezaba gañando o Camariñas, pero o Castriz veuse arriba e conseguía remontar cos goles de Jordi, Andi e Balsa.

Porteño - Cabana (3-5)

  • Goles: Mario, Maikel e Matías para o Porteño. E Iván Mato (2), Dani, Pablo e Darío para o Cabana.
  • Lesión: o lateral local Manuel.

A piques estivo o Porteño de darlle un susto ao Cabana. Comezou, de feito, o equipo de Ordóñez poñéndose por diante cun 2-0 e tivo o 3-0 en varias ocasións antes do descanso. Pero tras unha boa ocasión local, o Cabana metíase no partido xusto antes de ir aos vestiarios.
Xa na segunda espertou o Cabana, que tirou de dinamita e deu a volta ao partido. Empataba pronto e xa se metía por diante. Ademais, cos cambios feitos, o Porteño quedaría con 10 pola lesión de Manuel e aínda así conseguía empatar a falta de 25 minutos. Demasiado tempo para controlar á dianteira cabanesa, sobre todo, cun home menos.

Malpica - Muxía (1-3)

Xuvenis do Malpica que caeron co Muxia-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel; Brais (David, min.70), Kevin, Steven, Jorge, Mouri, Pitís, Guille, Almeida, Diego e Alberto.
Xuvenis do Muxia en Pedra Queimada-Foto-Luis E Porto
  • MUXÍA: Hugo; Carlos (Juanjo, min.46), Ancho, Andrés, Gerardo, (Mariño, min.86), Macareno, Edi, Antonio, Castrexe (Josiño, min.74), Víctor Alcaina (Marco, min.27) e Paulo.
  • Goles: 0-1, min.3: Castrexe dende a media lúa; 0-2, min.23: Víctor Alcaina de penalti sobre Paulo; 1-2, min.40: Kevin a pase de Moure; 1-3, min.93: Josiño á contra.
  • Lesión: o muxián Víctor Alcaina cun golpe.
Gille e Victor Alcaina capis do Malpica e Muxia-Foto-Luis E Porto

Demasiado relaxados saíron os malpicáns que case pensaron en gañar dende os vestiarios. E se atoparon un gran Muxía, que aos 3 minutos xa se adiantara aproveitando un despiste da defensa local. Apenas un par de chegadas tivo o Malpica na primeira metade, se ben o Malpica chegou tamén dúas veces e acadou dous tantos. Foi ao fío do descanso cando Kevin recurtaba e deixaba o partido aberto para a segunda metade.

Tampouco saíu o Malpica convencido da remontada na segunda, e parecía que seguían de vacacións. Aos 10 o Muxía perdoou a sentenza pois Andrés mandou un penalti ao traveseiro. Un par de accións de Kevin foron as únicas opcións do Malpica na segunda, que remata xa nos desconto coa sentenza muxiá, deixando un toque de atención ao equipo malpicán.

Crónicas das Ligas Xuvenís

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios