Luns. 06.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Sumou o máis necesitado

1ª Autonómica: Sumou o máis necesitado
Malpica-Cordeiro-Foto-Wash Calvo

Moito máis que 3 puntos colleitou o Ponteceso nesta 14ª xornada da 1ª Autonómica. A vitoria fronte ao Amio, rival directo ademais, devólvelle a fe ao equipo de Mato, que continúa coa súa aposta pola xente da casa, pero que xa ve que hai luz a final do túnel. Queda a 2 puntos da salvación o equipo pontecesán, que marca precisamente o Amio e mais o Camariñas, hoxe en descenso tras caer duramente na Pobra. Así e todo, hai opcións para os dous equipos, pois se están con 10 e 12 puntos respectivamente, o 10º clasificado ten 16.

Pola súa parte, malos resultados para os de arriba. O Baio nada podía facer o sábado ante todo un Villestro. O Malpica non podía superar aun Cordeiro que sorprendía polo seu descaro en Pedra Queimada a pesar de estar penúltimo. E a Esteirana deixaba escapar 3 puntos tras facer un partidazo, unha vez máis, na casa ante o Flavia.

Ponteceso - Amio (2-1)

  • PONTECESO: Illote, Javi Peón, Joseph, Moscoso, Josito, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Tucho (Miki Pose, min.85), Martín Puente (Nando, min.80), Dieguito (David Brenlla, min.75), Bolón (Mendieta, min.65).
  • Goles: 1-0, min.25: Dieguito cun bo gol; 2-0, min.75: Tucho; 2-1, min.82.

Vitoria importantísima do Ponteceso que non lle serve para deixar a última praza pero si que o achega á zona de salvaciíon. De feito, queda o cadro pontecesán a 3 do 14º e a 6 puntos do 10º clasificado, mentres Mato segue ca súa aposta pola xuventude e xente da casa, e hoxe 12 de 16 eran da canteira do Ponteceso.

E as sensacións foron moi boas, cun primeiro tempo fantástico, tendo moita posesión e sobre todo profundidade, que era faltaba nos últimos partidos. Adiantouse Dieguito cun bo gol e o equipo seguía tocando e chegando.
Na segunda, o equipo non sufría ata que Tucho fixo o segundo, gol que espoleou aos visitantes que se viñeron arriba metendo atrás aos locais. Así que tocou sufrir durante os últimos 10 minutos, tralo gol do Amio, pero conseguiuse aguantar e sumar estes 3 vitais puntos.

Villestro - Baio (4-1)

  • BAIO: Anxo, Jose, Chema, Ramón, Eloy, Rubio, Alberto, Brais, Canay, Christian, MC. No banco: Manu, Pablo, Santi Díaz, Valentín.
  • Goles: 0-1, min.8: MC; 1-1, min.10; 2-1, min.12; 3-1, min.40; 4-1, min.75.
  • Non puido o Baio co potente Villestro, 2º clasificado da categoría, que se soubo repoñer dos golpes iniciais do cadro de Félix. I é que comezou enchufadísimo o equipo baiés, sorprerdendo con gran intensidade ao rival e enviando un balón ao pau por medio de MC, que de contado, aínda nos 10 primeiros minutos, facía o 0-1.

    Pero non tivo tempo de disfrutalo o Baio e de asentarse, e en menos de 5 minutos o cadro local xa dera a volta ao marcador, sendo claves esas dúas xogadas para o devir do partido, pois ese dous goles fixeron moito dano nos baieses. O Villestro soubo ler o partido e templou o choque, e o sentenciaba pouco antes do descanso cun terceiro gol que sacaba aos baieses.

    Intentouno o cadro costeiro na segunda, pero foille imposible facer dano.

    Malpica - Cordeiro (2-2)

    11 do Malpica ante o Cordeiro-Foto-Wash Calvo
    • MALPICA: Abraham, Adrián, Manuel Casal, David Castro, Alemán (Eloy Vilas, min.86), Fernando Varela (Martín Maradona, min.78), Tato (Cheo, min.57), Juan oBello, Eloy Cabeza (Neucha, min.65), Óscar Suárez e Ismael.
    • Goles: 1-0, min.25: Óscar Suárez remata un centro raso Juan oBello que deixa pasar Fernando Varela; 1-1, min.42; 2-1, min.44: Óscar Suárez remata unha falta lateral botada por Manu Casal; 2-2, min.70.
    O capitan malpican Ismael co capi do Cordeiro e os colexiados-Foto-Luis E Porto

    Empate en Pedra Queimada entre dous equipos que buscaron descaradamente a vitoria. O Cordeiro non se amilanou ante o Malpica e foi quen de irse sacundido o control inicial do cadro local.

    A primeria metade foi de cor azul. Adiantaríase o Malpica, ao fío do descanso empataría o Cordeiro pero de contado Óscar Suárez facía o segundo na sua conta particular e para o Malpica antes de ir aos vestiarios.

    Na segunda puido sentenciar o equipo de David Baña pero Juan oBello marraba unha boa ocasión tras unha gran combinación con Adrián e Óscar. O equipo visitante foise vindo arriba ata que a 20 para o final conseguía empatar. O último minuto Cheo tivo o gol da vitoria pero o seu remate de cabeza a centro de Neucha saíu fóra.

    Malpica-Cordeiro-Foto-Wash Calvo

    Esteirana - Flavia (1-2)

    • ESTEIRANA: Rubén, Rio, Serrano, Dani, Maseiras, Pabliño, Álex, Andel, Josiño (Raúl, min.75), Kike, Róber Pladur.
    • Goles: 0-1, min.31: Falta lateral desde longa distancia que colgan os visitantes e se cola na portería dos de Esteiro; 1-1, min.60: Kike de forte disparo tras un saque de esquina botado en curto; 1-2, min.86: xogo perigoso que pita o colexiado, saca o Flavia, rexeite da barrera e balón ao pau contrario do porteiro.
    • Expulsión: Róber Pladur no 84 por protestar un claro penalti nao área do Flavia neses intres. No 88 expulsou a un xogador do Flavia por dobre cartón amarelo.

    Xogou coma nunca e perdeu coma utimamente o cadro esteirán. I é que xa van 3 derrotas consecutivas dos de Lodeiro, que aínda así seguen facendo un gran xogo.
    Viña a Esteirana de un mal mes de novembro e non puido cambiar a tendencia das derradeiras xornadas. Acudía ao Xosé Luís Vara un equipo dos que se considera rival para evitar a categoría, o cal non demostrou ser superior a Esteirana pero tivo a sorte de cara e levouse os tres puntos de maneira inxusta.

    Monólogo da Esteirana en todo o partido, atacando unha e outra vez, de xeito organizado e combinativo. Dispuso de 5 ocasións claras na primeira metade. Dúas de Álex de volea, unha de Rober a rexeite do porteiro, outra de Kike de tiro cruzado. Dominio e bo xogo dos locais que se viron soprendidos no 30' con un gol inesperado. Falta lonxana que non atina a despexar a defensa e se cola por alto na portería local. Seguiu a Esteirana apurando ata o descanso pero sen sorte.

    Tralo ecuador, máis embotellamento cun aínda maior xogo combinativo dos locais, máis chegadas pero unhas veces o porteiro, outras o desacerto de cara a meta impedían que os de Esteiro se puxesen por diante no marcador. Marcaba Kike tras córner e continuaban a crear oportunidades os locais que non se vían reflexadas no marcador. Chegabamos ao final e nun dos arreóns, Rober é agarrado na área cando se dispoñía a rematar, reclama penalti e o árbitro expúlsao. A continuación xogo perigoso cerca da área dos de Esteiro, libre indirecto que golpea o Flavia coa mala sorte de tocar nun dos xogadores da barrera e poñer o definitivo 1-2 para os visitantes.
    Descontentos terminaron os máis de 200 afeccionados locais co colexiado e disgustados polo resultado pois o equipo mostrou maneiras e un xogo máis vistoso do habitual.

    Puebla - Camariñas (6-1)

    • CAMARIÑAS: José Luís, Sergio, Sule (Pirucho, min.46), Manu, Conguito, Asier, Moriño, Mario Toja (Paco, min.75), Brais (Nené, min.85), Martín e Yuyo (Wii, min.75).
    • Goles: 1-0, min.15; 1-1, min.30: Mario Toja de penalti; 2-1, min.43; 3-1, min.60; 4-1, min.65; 5-1, min.75; 6-1, min.85.
    • Expulsión; Conguito no min.35.

    Demasiado abultado o resultado ante un Puebla que na segunda foi un auténtico vendabal. O cadro de Berto aguantou ben a primeira metade.
    Adiantábanse os locais nunha xogada a balón parado ao cuarto de hora, pero o equipo camariñán resistíase e mesmo era quen de empatar á media hora cun penalti de Mario Toja.
    Chegou o 2-1 ao fío do descanso e ese gol foi clave, ademais de quedar con 10 pola expulsión de Conguito.. Berto tivo que arriscar, meteu 3 defensas e o Puebla fixo moitísimo dano na defensa visitante anotando 3 tantos ante un Camariñas que xa se deixaba levar polo vento.

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios