Luns. 06.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Cee necesita 4 goles para frear ao Outes

2ª Autonómica: O Cee necesita 4 goles para frear ao Outes
Imaxe do Buño-Castriz-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

14 xornadas da 2ª Autonómica, e o Outes segue cunha media de 3,3 goles por partido. Hai que marcar 4 para vencelo e o Cee foi capaz de facelo tras un partido bastante estrano que o equipo de Manu Roque non mereceu perder. Queda agora o Outes cun só punto de vantaxe sobre o Sofán, que non fallou en Muros. Así o Cee queda a 8 do líder, empatado co Corme e 3 debaixo do Zas, que non pasaba do empate ante un Porteño moi defensivo.
Precisamente o outro partido da xornada disputábase no Cairo. Un auténtico partidazo o que brindaron dous dos equipos que mellor fútbol fan da categoría. Foi o Corme máis efectivo ante un Fisterra moi mermado sobre todo arriba, e sumou 3 puntos que o achegan arriba e deixan aos de Juan Jesús a 4 puntos. O que non acaba de subir ao tren de arriba é o Castriz, que volvía perder na casa, ante un Buño que pasa por ser o mellor equipo nas últimas 5 xornadas.

Mazaricos - Camelle (2-1)

imaxe do Mazaricos-Camelle-Foto-Sara Ramos
  • MAZARICOS: Pejo, Chico (Martín, min.75), Estéfano, Ramón, Coxo, Ricardo, Oreiro, Sandelo (David, min.62), Kevin (Molinos, min.80), Esteban e Jose Ángel (Rodri, min.70).
  • CAMELLE: Porrúa, Baliña, Martín, Chuchi (Adrián, min.46), Dido, Álvaro Súper, Miguel, Mario, Matías, Sergio, Adrián da Barca (Jesús do Petrallo, min.85).
  • Goles: 0-1, min.5: Matías a saída dunha xogada a balón parado; 1-1, min.63: José Ángel; 2-1, min.69: Kevin.
  • Expulsións: o camellán Álvaro Súper no min.80; e o amarelo Esteban no min.89, ambos por doble cartón.

Comezou o Camelle apretando cun par de balóns ás costas da defensa e varias xogadas a balón parado que se convertían no 0-1 co gol de Matías tras unha xogada a balón parado. A partir do gol, o Mazaricos tomou o mando, collendo o balón e tendo 5 boas ocasións, pero nin José Ángel nin Kevin nin Esteban puideron acertar.

Na segunda seguiu o Mazaricos dominando, pero sen tanta profundidade. E sen embargo foi aí cando chegaron os goles e puido darlle a volta ao marcador, cos tantos de José Ángel e Kevin, que seguen collendo o ritmo e poden ser moi importante para o equipo de Alinhos.
No último cuarto de hora chegaron os nervos e o Camelle case empata a base de balóns arriba. E mesmo tivo o Camelle un gol pantasma de Sergio, que os xogadores de un e outro equipo viron dentro, que puido significar o empate.

Corcubión - Cabana (0-0)

  • CORCUBIÓN: Perlón, Alán (Tito, min.67), Jesús, Senra, Marcos, Balucho, Edu, Sebas, Anxo (Trillo, min.55), Mario, Lema.

Partido bronco, soso, dominado polo cadro local con varias ocasións que non foi capaz de finalizar, ante un Cabana que esperou atrás.
A ocasión máis clara chegaba nos pés do corcubionés Sebas, que se quedaba só ante o porteiro algo escorado pero o tiro foi bloqueado perfectamente polo porteiro visitante.
Pero o cadro cabanés foi tomando o pulso do partido e sobre todo nos últimos minutos creou bastante perigo puidendo levar o partido.

Castriz - Buño (2-4)

11 do Castriz que caeu co Buno-Foto-Jorge Parri
  • CASTRIZ: Juan, Chinda, Agra (Fabio), Alberto, Álex (Esteban), Pose (Rubén), Bruno, Cili, Víctor (Martín), Luís e Pichín.
11 do Buno que venceu en Castriz-Foto-Jorge Parri
  • BUÑO: Toni (Brais, min.46), Ángel, Rubén, Iago, Dani, Gurita (Miguel, min.85), Dourado, Charro, Elías e Fran Borrazás.
  • Goles: 1-0, min.11: Pichín tras un regalo do porteiro; 1-1, min.13: Elías; 1-2, min.26: Diego de penalti; 1-3, min.44: Elías; 2-3, min.55: Pichín; 2-4, min.70: Elías.
  • Lesión: o meta visitante Toni cun problema nun dedo.

Non lle brindaron os xogadores do Castriz unha vitoria polo 53 aniversario de Corredoira, cunha nova demostración de falta de intensidade e iso que o partido se lle puxo de cara. Nótase que este Buño está recuperando xente e quere seguir na boa liña, que o deixa, se faríamos unha clasificación das últimas 5 xornadas, como líder con 4 vitorias e unha derrota. O partido transcorreu semellante a da vitoria da semana pasada do Buño en Corme, cun cadro local levando a manixa, tocando moito, pero un Buño que sabe aguantar e ter dinamita arriba.
Adiantouse o Castriz tras un regalo do meta malpicán, pero sen tempo a pensar Elías, protagonista da tarde co seu hat trick, empataba. Diego facía o segundo de penalti e ao fío do descanso o propio Elías marcaba un terceiro que sacaba ao Castriz do partido.
No segundo tempo se meteron 2-3 os locais, de novo cun novo regalo defensivo do Buño, pero non chegou a facer dano real o Castriz e o Buño sentenciou a falta de 20 minutos para o final, cun novo tanto de Elías.

O Buno deu a sorpresa en Castriz-Foto-Jorge Parri

Indep. Carballo - Volantes (1-2)

  • IDC: Diego, Yoni, Belar, Dani, Atu, Pichel, Carlos, Mario, Manu, Fraga, Juni. Tamén xogou: David.
  • VOLANTES: Iago, Yeray, Miguel, Juan, Mingos, Varo, Martín, Pardelo (Adriámn), Ivi (Vidal), Brais (Cucurro), Gabi (Piru).
  • Goles: 0-1, min.35: Brais de penalti; 0-2, min.44: Juan; 1-2, min.70: Fraga.
  • Expulsión: o carballés Belar xa acabado o partido.

Partido apretado ao que o IDC se presentaba con numerosas baixas e acabou pagando o cansanzo. Primeira metade aburridísima, na que só partir do gol de penalti inicial do Volantes, xa a 10 para o desncanso parece que espertou a uns e outros. Ao fío de marchar aos vestiarios Juan facía o segundo para o cadro muradán e que abría unha fenda tras unha primeira metade na que apenas un par de tiros por cada equipo, pero que o Volantes aproveitu mellor.

Na segunda saíu o Volantes mellor, e marrou varias ocasións para sentenciar e acabou sufrindo. Ivi e Pardelo mandaron un par de tiros lonxanos ao pau; Gabi e Piru fallaron sendos mans a man, e mesmo a defensa salvou un balón baixo paus tras unha gran xogada de Miguel que mesmo levou ao porteiro.

Non matou o partido e o IDC se metía co gol de Fraga e a piques estivo de empatar cunha falta de Mario e un tiro de Manu no desconto, pero non conseguíu a igualada.

Cee - Outes (4-3)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Jacobo, Carlos Leis, Piquero, Cristian (Llanero, min.46), Angeliño, Yayá (Rodri, min.45), Diego Cespón e Josiño (Fiuza, min.71).
  • OUTES: Gato, Borja, Arturo (Saúl, min.45), Rubén, Chúa, David (Alejandro, min.83), Cristian (Fabio, min.75), Martín, Elías (Migui, min.45), Barral (Poke, min.75) e Piki.
  • Goles: 0-1, min.7: Chúa; 1-1, min.19: Diego Cespón de penalti; 1-2, min.21: Barral; 1-3, min.25: Elías; 2-3, min.44: Josiño; 3-3, min.66: Angeliño; 4-3, min.85: Rodri.
  • Expulsión: con dobre amarela ao ceense Carlos Leis, min.72.

Partido vibrante e emocionante o vivido no San Paio de Refoxos, entre un Outes que segue facendo un gran fútbol e un Cee que segue a ser candidato a todo e onte tamén o demosdtraba. Aínda así o Outes non mereceu marchar sen premio de Cee. O cadro de Manu Roque mandou na primeira metade, dominando máis e chegando arriba. Adiantábase de contado pero o Cee respondía e igualaba. Sen tempo, pegaba o Outes dous zarpazos consecutivos e xa se vía o cadro da Serra cos 3 puntos. Pero o 2-3 antes do descanso de Josiño foi importante para que o Cee se metera de cheo no partido, a pesar de non dar apenas sinais de vida durante os primeiros 45 minutos..

Ademais, a entrada de Llanero foi fundamental, non foi pola súa influencia no xogo, nin polo seu carácter gañador, senón tamén por unha xogada espectacular pola banda sacando un centro tremendo da nada, que Angeliño non desaproveitou para asinar un gol de 1ª División, que significaba o empate. Era unha segunda foi moito máis igualada e ese 3-3 fixo dano no equipo visitante. Quedaba con 10 o Cee, pero non se viu abaixo.
O Cee vía como o colexiado lle anulaba un tanto a Llanero, mentres que os da Serra pedían penalti sobre Migui que o colexiado non pitou. E na xogada seguinte chegaba o 4º gol Nico acaba cun centro deste último que remata Rodri ao fondo da rede dando a vitoria e os tres puntos aos ceenses./p>

Ademais da demostración de Llanero, cómpre facer mención tamén a Arturo, que sendo defensa, leva 6 goles, e volveu facer un partidazo a pesar das lagoas defensivas do seu equipo.

San Lorenzo - Carnota (2-0)

  • SAN LORENZO: Puyol, David, Adrián, Anxo, Germán, Cachizo, Chucho, Schuster (Sergio, min.90), Joaquín (Eloy, min.75), Dani (Fuentefría, min.60), Velo (Javi, min.70).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Pablo Pichín (Urko, min.60), Pedro Pichín, Tono da Caixa, Pumuky, Fernando, Nakata, Pablo Beiro (Elías, min.75), Rodrigo, Manuel Luís.
  • Goles: 1-0, min.50: Schuster tras unha boa xogada de Velo; 2-0, min.2-0, min.60: Joaquín remata en boca de gol tras un remate de Dani de cabeza que rexeitou o pau.

Vai a máis o equipo de Gueli e se a semana pasada facía un bo partido no Carral onte en Verdillo superou a un Carnota que chegaba con moitas baixas. O cadro local estivo moi ben defensivamente e aproveitou os erros da defensa dos de Cambeiro. Tras unha primeira metade sen goles, un erro entre os irmáns Pichín permitía que Schuster abrise o marcador.
O San Lorenzo vía como o colexiado lle anularon dous goles, tras unha arbitraxe mala para os dous. No treito final o Carnota apretou bastante, e pediron un penalti sobre Pedro non pitado, e tiveron ocasión para recurtar pero Ferreiro estrellou o balón no longueiro.

Muros - Sofán (1-4)

  • SOFÁN: Lerma, Iván Rey, Marcos, Boedo, Cantudo, Jorge Calvete, Martín, Brais, Bertín, Raúl e Iván Rojo.
  • MUROS: Fabio, Ramón, Pelos, Veloso, Iván, Dani, Gelo, Gabo, Eloy, Sexo e Yanki. Tamén xogaron: Juanche, Samu e Jesús.
  • Goles: 0-1, min.15: Raúl de espectacular chilena tras un centro de Jorge Calvete; 0-2, min.25: Brais de vaselina tras un balón peiteado de Raúl; 0-3, min.60: Raúl; 0-4, min.75: Raúl de penalti; 1-4, min.90: Yanki.

Levou os puntos a SD do Eleuterio Balayo a base de efectividade. Comezou o partido moi fermoso, de ida e volta. Os tiros de Brais e Martín preceden a unha perigosa falta de Sexo que saca a defensa da SD con problemas. Pero o Sofán non desaproveitaba as ocasións anotando golazos como a chilena de Raúl, que completaría un hat trick demostrando o nivel ao que está.
Tralo segundo gol o Muros tomou o mando e apareceu Lerma, recentemente fichado polas baixas, para desviar un chut de Yanki, e xa na segunda, outro de Gabo.

Melloraba o Muros, tocando máis o balón e creando perigo, pero despois de 20 minutos sen tirar a porta, Raúl non perdoa e anota o 3º, un gol qe deixaba moi tocados aos de Nieto.

Corme - Fisterra (3-1)

  • CORME: Suso, Dani (Eloy, min.88), Alejandro, Miguel Torrado, Pandi, Diego (Manu, min.60), Juan Chans, Brais, Toniño, Lucas (Antoniño, min.80), Sergio.
  • FISTERRA: Joselu, Sergio Manín, Julito, Munitis (Roberto, min.70), Robertín (Guardiola, min.75), Santi, Hidalgo, Tony, Dani, Mario (Antonio, min.55) e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.44: Miguel Torrado á saída dun córner; 1-1, min.47: Julito á saída dun córner tras un balíno peiteiado por Sergio Manín; 2-1, min.57: Juan Chans tras unha boa xogada dende a banda; 3-1, min.70: Toniño.
  • Expulsión: o delegado Suso da Torriña no min.89 por protestar.

Partidazo limpo e tremendamente vistoso, con dous equipos xogando moi ben ao fútbol que fixeron as delicias dos afeccionados que se achegaron polo Cairo. E ademais do bo xogo, parece que os cromos axudou á boa relación entre os dous equipos.

Primeira metade moi bonita, cun Fisterra xogando tamén moi ben, pero contando Juan Jesús con ata 12 baixas e das importantes (hoxe sobre todo arriba), aguantou ata onde puido e nos últimos minutos quedou a mercé do Corme.

Marcou no 44 Miguel Torrado para abrir o marcador e áq volta dos vestiario Julito facía o empate. Na segunda o partido puido caer para calquera lado, e se decantou dos cormeláns, con maior profundidade de banco. Ata o 2-1 foi un choque precioso, pero a raíz dese gol, nos últimos 20 minutos foron mellores os locais, que acabaron moi ben mentres o Fisterra quedaba sen solucións.

Zas - Porteño (0-0)

Zas-Porteno-Foto-Jorge Parri
  • ZAS: Rizos, Amado (Samu, min.60), Pereiro, Óliver, Víctor, Canedo, Pablo Lestón, Pablo Fuentes (Peque, min.65), David, Rubio, Isma.
  • PORTEÑO: Bonano, Juan, Parga (Esteban, min.46), Maikol, Pejo, Doyle, Marcos, Caamaño, Michael (Matías, min.70), Cousillas, Varela (Mario, min.65).

Chegaba con baixas o Porteño que ata tiña que levar 4 dos xuvenís debutantes. E aínda así aguantou as embestidas de todo un Zas, que o intntou pero non puido superar a defensa dos da Ponte. O Porteño, consciente das súas posibilidades, esperou atrás e soubo defender a súa meta.

A primeira metade foi moi fea, con moitas imprecisións nas que os dos equipos non sabían que facer co balón. O Porteño íase metendo atrás pero sacaba algunha contra e o Zas íase metendo na área rival. Apenas tivo ocasións para levar o partido máis que unha posible man que protestaron como penalti, e un tiro lonxano de Canedo que Bonano parou en dous tempos.

Zas-Porteno-Foto-Jorge Parri

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios