Preferente: O XSC recupera o camiño da vitoria


Tras 5 derrotas consecutivas, o XSC conseguía recuperar o camiño da vitoria na 16ª xornada da Preferente ante o Chantada. O equipo de Julio Martínez vencía e se mantén aínda con posibilidades de unirse á loita pola promoción. Unha loita da que non se quere baixar o Dumbría, que tras facer un gran partido ante o Viveiro quedou cun só punto que lle soubo a pouco.
O que non sumou, e máis o necesitaba, foi o Soneira ante un rival directo como o Lemos. Os de Manolito quedan en descenso con 11 puntos.
Xallas de Santa Comba - Chantada (2-0)
- XSC: Diego, Cristian, Alberto, Rubio (Dani, min.87), Héctor, Jonathan, Marcos (Toño, min.75), Arnejo (Iván Forján, min.85), Richi (César, min.65), Alfonso, Jesús.
- Goles: 1-0, min.12: Alfonso de penalti; 2-0, min.88: Jonathan.
Partido bronco e moi defensivo o vivido en Fontenla, con dous equipos que decidiron gardala roupa. Os xalleiros sempre estiveron un punto por riba dos chantadinos, pero as ocasións non chegaban.
Adiantouse pronto, e de penalti, o equipo de Julio Martínez. A partir de aí non arriscou e esperou e o Chantada dominou a posesión algo máis pero sen superar a boa defensa xalleira. Un par de ocasións tivo o cadro visitante ao comezo da segunda metade, pero foi Jonathan o que sentenciaba xa contra o final.
Dumbría - Viveiro (1-1)
- DUMBRÍA: Julián, Tantán, Oscarín, Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López (Jesús, min.70), Adrián Makaay, Jota (Rivi, min.78), Doro, Iago, Pablo Muíño (Luisito, min.65).
- Goles: 0-1, min.89; 1-1, min.93: Pablo Conde.
Partidazo do Dumbría que a pesar de merecelo todo neste choque acabou salvando un punto no desconto. Arrincaban os de Canosa cun ritmo e unha presión moi forte, que propiciaba roubo e ataques rápidos cun par de boas ocasiós de Pablo Muíño a pase de Doro, que estivo moi activo e que atopou en varias ocasións a Pablo e a Makaay pero estes non acertaron co gol.
Na segunda, máis do mesmo. O Dumbría seguía enriba, dominando e sen deixar que o Viveiro fixese dano case nin a balón parado. Jesús e Luisito saían e facían dano polas bandas, o primeiro mandaba fóra por pouco e o segundo enviaba un tiro ao pau.
E cando parecía que o partido ía quedar co 0-0 ante a imposibilidade do cadro local de romper a defensa viveirente, a un para os 90 regulamentarios, un balón longo cazaba despistada a defensa e ao porteiro dumbriés e o Viveiro se adiantaba. Tivo unha máis de contado para sentenciar pero Julián salvou o segundo e xa no desconto o Dumbría colgaba un balón á desesperada que Pablo Conde convertía no empate, e deixa un punto que sabe a pouco, pero sabe, ao cadro costeiro.
Lemos - Soneira (2-1)
- SONEIRA: Víctor, Brais Mouzo, Fran de Urroa (Cristian Canosa, min.85), Quilmes, Sito, Riki, Baba, De la Sierra (Cristian Figueroa, min.70), Mayor (Cristian Álvarez, min.60), Javi, Richi.
- Goles: 0-1, min.13: Richi; 1-1, min.20; 2-1, min.65.
Partido importante o que tiña o Soneira de Manolito en Monforte ante un rival directo. Pero malia poñerse por diante o cadro soneirán acabou sucumbindo ante o empuxe dos lucenses. Adiantouse o cadro visitante, pero aos 5 minutos empataba o Lemos.
O partido, moi dispitado e sen dominador claro, marchou en táboas aos vestiarios. Na segunda o cadro local se adiantaba aínda con 25 minutos por diante. 25 minutos nos que o Soneira o intentou pero non conseguiu facer dano.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- www.copadacosta.com.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
Novas da Gala
- O Photocall da Gala do Álbum dos Cromos da Costa.
- David Vidal fixo de mariñeiro en Corcubión.
- As categorías inferiores do XSC disfrutaron do auténtico David Vidal.
- Gran Gala do Álbum de Cromos: Noite de Estrellas da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).