![imaxe do Mazaricos-Camelle-Foto-Sara Ramos imaxe do Mazaricos-Camelle-Foto-Sara Ramos]() 
A xornada arrincaba a golpe de venres, festivo, co choque do Dumbría na Preferente. Os de Canosa facían un auténtico monólogo ante o Viveiro pero o resultado final quedou en táboas, deixando un sabor de boca algo curto nos costeiros. O que si venceu foi o XSC na casa ante o Chantada, cortando así unha xeira de 5 derrotas consecutivas. O que non puido traer nada de Lemos foi o Soneira, que coa derrota ante un rival directo métese na zona de descenso.
Na 1ª Autonómica, sumou o que máis o necesitaba. O Ponteceso tiña unha final ante o Amio e os de Mato deron o do de peito e suman 3 puntos fundamentais que, se ben non os liberan da última praza, si que os achegan aos postos de salvación. Queda tamén o Camariñas en postos de descenso tras caer na Pobra, pero empatado co propio Amio con 12 puntos, 2 máis que o cadro pontecesán. Por arriba, o Baio caía o venres ante un dos grandes, o Villestro, mentres que a Esteirana caía hoxe sorprendentemente na casa co Flavia. Un empate foi o que sumou o Malpica ante o Cordeiro.
Na 2ª Autonómica os partidos da xornada disputábanse no San Paio de Refoxos e no Cairo. En Cee, o equipo local conseguía remontar con 10 ao Outes, e sumaba unha vitoria que o coloca a 8 do propio Outes, que segue líder trala súa segunda derrota, pero xa só cun punto sobre un Sofán que non perdoou en Muros. Ademais, o Corme sacou os 3 puntos ante o Fisterra e se achega realmente a zona de arriba. Quedan agora 5 equipos en 8 puntos, e o Fisterra a 12, quedando descolgado un Castriz que caía ante o Buño na casa.
A 7ª xornada da 3ª Autonómica déixanos aos Baíñas e Montelouro máis líderes. Non fallaban nos seus derbis ante Castrelo e Lira e sacan 3 puntos ao Coristanco, que vencía con rotundidade en Corcoesto, e ao Seaia, a auténtica revelación na súa temporada de estrea que vencía no derbi ante o Cerqueda. Lira e Nantón quedan a 5 puntos, trala vitoria dos cabaneses en Arliña.
En Xuvenís, a Esteirana deu un golpe na mesa e alonxa ao Cee da zona alta do Gr.3. O XSC machacaba ao Soneira e xa saca 6 puntos ao 4º, o Fisterra, a falta de 7 xornadas.
No Gr.4 a sorpresa chegaba dende Pedra Queimada onde o Muxía se aproveitaba da relaxación do Malpica para sacar unha inesperada vitoria. Deixa o Malpica o liderato a Cabana e Corme. Os cabaneses vencían na Ponte tamén con máis problemas dos esperados ante un debutante, mentres que o Corme sufría, como era de esperar, para vencer no Pinguel ante o Ponteceso no derbi e choque máis igualado da xornada. Queda agora o cadro pontecesán a 5 puntos do Malpica, que marca o pase á Liguilla.
Segue o Dumbría da División de Honra Cadete dando alegrías e se mantén 4º, mentres que na Liga Galega Infantil o equipo dumbriés empataba ante o Santiago quedando na 11ª praza, xa superando ao Bergantiños e meténdose na loita polo título. O XSC non podía facer nada ante o lider, o Dépor.
En Cadetes Muros e Fisterra seguen firmes trala 6ª xornada, mentres que en Infantís Cee e Fisterra aproveitaron que o Corme descansaba para abrir unha pequena fenda.
Ademais, seguen en marcha as ligas Alevín e Benxamín de F8.
Importante a xornada na 1ª División dos Veteranos, pois o Soneira segue escadando posicións. Hoxe vencía ao Zas, que chegaba 4º no partido máis igualado da xornada, e aproveitou a sorprendente derrota do líder, o Laxe en Verdillo, e mais o empate do Coristanco ante o Xuv. Bergantiños. Queda o Laxe con 29, un máis que o Soneira, actual campión que xa está aí de novo, e 2 sobre o Coristanco. O Zas queda a 7.
Na 2ª División, e trala retirada do Corme, o Milagrosa segue líder, con 2 sobre o Corcoesto e 4 sobre Camelle e Malpica. O Erbecedo tamén vén cunha boa marcha.
Ah, e lembren que tendes tamén actualizadas as Ligas de Fútbol Sala de Cee e as Ligas de Fútbol Sala de Carballo.
| Dumbría | 1-1 | Viveiro | 
| Xallas de Santa Comba | 2-0 | Chantada | 
| Lemos | 2-1 | Soneira | 
| Villestro | 4-1 | Baio | 
| Malpica | 2-2 | Cordeiro | 
| Ponteceso | 2-1 | Amio | 
| Esteirana | 1-2 | Flavia | 
| Puebla | 6-1 | Camariñas | 
| Mazaricos | 2-1 | Camelle | 
| Corcubión | 0-0 | Cabana | 
| Castriz | 2-4 | Buño | 
| Indep. Carballo | 1-2 | Volantes | 
| Cee | 4-3 | Outes | 
| San Lorenzo | 2-0 | Carnota | 
| Muros | 1-4 | Sofán | 
| Corme | 3-1 | Fisterra | 
| Zas | 0-0 | Porteño | 
| Laxe | 2-1 | Ameixenda | 
| Seaia | 2-1 | Cerqueda | 
| Corcoesto | 0-3 | Coristanco | 
| Baíñas | 5-1 | Castrelo | 
| Montelouro | 2-1 | Lira | 
| Muxía | 1-3 | Nantón | 
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 15
| Esteirana | 5-0 | Cee | 
| Soneira | 2-12 | Xallas StComba | 
| Outes | 1-2 | Muros | 
| Lira | 2-3 | Fisterra | 
- Descansan Mazaricos e Dumbría.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 15
| Baio | 2-2 | Laxe | 
| Ponteceso | 0-2 | Corme | 
| Castriz | 3-1 | Camariñas | 
| Porteño | 3-5 | Cabana | 
| Malpica | 1-3 | Muxía | 
| Dumbría | 2-2 | S.de Compostela | 
| Deportivo | 4-0 | Xallas StComba | 
| Corcubión | 2-9 | As Baleas | 
| Outes | 2-7 | Zas | 
| Coristanco | 0-6 | Fisterra | 
| Esteirana | 1-3 | Cabana | 
| Muros | 5-1 | Baio | 
| Cee | 0-7 | Xallas StComba | 
| Muxía | 2-4 | Sofán | 
| Os Miudos | 2-8 | Coristanco | 
| Fisterra | 7-1 | Ponteceso | 
| Vimianzo | 4-2 | Baio | 
| Cee | 10-0 | Outes | 
| Cabana | 3-5 | Esteirana | 
- Descansa o Corme.
- Muxía e Sofán alteran a orde do partido e xogan en Arliña pois na primeira volta o campo muxián estaba en obras.
| Dumbría | 16-0 | Lira | 
| Os Miúdos A | 4-2 | Esteirana | 
| XSC A | 0-1 | Outes | 
| XSC B | 1-6 | Cee | 
| Fisterra | 09/12 - 19:00 | Zas | 
| Dumbría | 3-7 | Lira | 
| Os Miúdos B | 2-9 | Esteirana B | 
| Os Miúdos A | 9-2 | Esteirana A | 
| XSC A | 2-4 | Outes | 
| XSC B | 2-7 | Cee | 
| Fisterra | 09/12 - 18:00 | Zas | 
Ligas de Veteranos, xornada 13
| Soneira | 1-0 | Zas | 
| San Román | 2-2 | Cabana | 
| Xuv. Bergantiños | 3-1 | Coristanco | 
| Ponteceso | 2-1 | Dumbría | 
| Nantón | 0-0 | Castriz | 
| San Lorenzo | 5-0 | Laxe | 
| Baio | 0-3 | Bértoa | 
| Muros | 3-0 | Camariñas Vet | 
| Sofán | 2-3 | Malpica | 
| Vimianzo | 0-7 | At. Milagrosa | 
| Poniente | 1-3 | Erbecedo | 
| Dep. Carballo | 0-4 | Porteño | 
 
| Cerqueda | 1-1 | Agualada | 
| Leiloio | 0-3 | Corcoesto | 
- Descansa Camelle.
- O Corme retirouse e todos os seus partidos quedan 3-0 para o rival.
| Sp. Seaia | 5-1 | Peña Galicia | 
| Sp. Brea | 3-0 | Laxe | 
| Cereo | 3-3 | Valenza | 
| Baldaio | 4-1 | Cances | 
| Rus | 3-0* | Xornes | 
- Descansa A Piña.
- O Laxe-Brea disputouse en Laxe.
- * O Rus- Xornes suspendido por incomparecencia do Xornes. Queda ademais o Xornes con 3 puntos menos por sanción.
Novas da Gala
O Album de cromos do #FutboldaCosta
![banner-Album-Cromos-QPC]() 
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).