Luns. 06.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Seaia confírmase como revelación e Baíñas e Montelouro non fallan

3ª Autonómica: O Seaia confírmase como revelación e Baíñas e Montelouro non fallan
Muxia-Nanton-Foto-Victor Santos

Parece que foi un tropezo o do Baíñas da semana pasada e volveu retomar a senda da vitoria nesta 7ª xornada da 3ª Autonómica. O cadro vimiancés superaba no derbi ao veciño de abaixo, o Castrelo, e queda con 18 puntos igualado co Montelouro no máis alto da táboa. Os de Jurjo tiñan que desfacerse dun fenomenal Lira, que viña tamén nunha boa liña de xogo e resultados e pelexou ata o último minuto pero non tivo sorte.

O que está a demostrar unha entereza espectacular é o Seaia, auténtica revelación da temporada xa sacando 7 puntos ao 7º clasificado tras gañar o seu primeiro derbi ante un Cerqueda que non dá arrincado. O Coristanco, que vencía en Corcoesto, e o Nantón que facía o propio en Arliña nun exercicio de eficacia, completan o grupo que se metería na fase, deixando atrás precisamente ao Muxía, e ao Ameixenda, dous equipos que seguro que contarán para a loita ata o final.

Seaia - Cerqueda (2-1)

Seaia -Foto-Seaia
  • SEAIA: Jesús, Martínez (Lesi, min.30), Sergio, Ramón, Vistas, Adrián Parga, Alberto, Adra (Fala, min.65), Camilo, Vilariño (Chenco, min.75) e Richard (Martuxa, min.75).
  • CERQUEDA: Rubén, Pailos, Santi (Xabi, min.68), Dani, Pablo (Dani Seaia, min.60), Darío (Juanjo, min.80), Uru (Pena, min.70), Sergio, Lorenzo, Carlos, Javi Pazos.
  • Goles: 1-0, min.30: Adra de penalti; 2-0, min.75: Vilariño a pase de Fala á contra; 2-1, min.90: Javi Pazos de falta raso polo pau do porteiro.
  • Lesión: o lateral local Lesi e o visitante Santi.
  • Expulsión: o local Ramón (min.44).

Primeiro derbi, cun bo ambiente, do Seaia e primeira vitoria, ante un Cerqueda que segue sen arrincar, e ao que lle falta o espírito gañador da temporada pasada. Partido igualado na primeira cun Cerqueda que intentaba saír co balón pero que non chega á area rival. O Seaia dominaba algo máis e se puido adiantar pero marraron 3 ocasións. Tivo que ser de penalti como Adra adiantaba aos seus.

Pero quedaba con 10 o Seiaia con toda a segunda metade por diante, pero puido aguantar, metido atrás e buscando balóns longos ás bandas con Vilariño e Camilo, que tivo as mellores ocasións para sentenciar á cruceta e outra que lle roubo no porteiro pero a mandou fóra.

O Cerqueda só tirou dúas veces a gol, un disparo de Darío e o tiro de Pazos que supuxo o 2-1.

Laxe - Ameixenda (2-1)

  • LAXE: Diego, Aarón (Felipe, min.60), Naya, Jacinto, Baliña (Iván, min.60), Castro, Saleta, Gora, Samuel Soneira, Borja e Carrabete.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Javichu, Demetrio (Grille, min.60), Bruno, José Manuel (Brais, min.83), Bichiño, Álex, Jorge, Rioliño, Momaño, Chiru (Mateo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.10: Rioliño tras un roubo en tres cuartos de campo; 1-1, min.35: Gora tras unha falta de Saleta; 2-1, min.39: Naya de chilena tras unha falta de Saleta.
  • Expulsións: os ceenses Rioliño (min.65) e Bichiño (min.77) e aos laxenses Castro (min.55) e Carrabete (min.77).

Chegou, por fin, a primeira vitoria do Laxe, e foi ante un Ameixenda que viña de parar ao líder. Foi un choque igualado, que arrincaba co gol do Ameixenda. Pero en dúas xogadas a balón parado o Laxe se metía por díante antes de marchar aos vestiarios.

Despois quedarían con 9 os dous equipos e o partido se disputou no medio campo, cunha grandísima igualdade, e sobre todo moita entrega, na segunda metade, e algunha ocasión que puido significar tanto o empate como a sentenza.

Corcoesto - Coristanco (0-3)

  • CORCOESTO: Edelmiro, Ángel, Germán (Longo, min.70), Pichu, Miguel, Luís (Marcos, min.70), Gonzalo, Héctor (Alberto, min.75), Javi, Rodrigo (Couto, min.75) e Patelo (Pablo, min.60).
  • CORISTANCO: Fredy, Marquiños (Sergio, min.55), Rubén, Morientes, Torreira, Mato, Iván, Luís (Juan, min.65), Magovi (Jorge, min.50), Toniño (Cancela, min.80) e Pazos (Añón, min.70).
  • Goles: 0-1, min.25: Torreira nunha xogada por banda; 0-2, min.70: Luís remata unha falta; 0-3, min.75: Pazos pola escuadra tras unha boa xogada e pase de Iván.

Partido máis igualado do que di o resultado, cun choque moi físico e trabado e no que non se viron tantas diferencias como marca a táboa. Pero o Coristanco soubo aproveitar os erros defensivos do Corcoesto presumindo dunha boa pegada.
Torreira abría o marcador e o partido marchaba ao descanso coa lixeira vantaxe visitante.

Na na segunda tería Toni dúas e Pazos outra para sentenciar, pero marraron e o Corcoesto a piques estiveo de meterse no partido. Viuse ariba e puido empatar pero cando mellor estaban Luís marcaría o segundo e de contado Pazos sentenciaba.

Baíñas - Castrelo (5-1)

  • BAÍÑAS: Campos, Capote, Héctor (Samuel, min.55), Sergio, Sancho, Esteban, Iván, Cristian, Diego, Javi Suárez (Tasky, min.55) e Víctor (Fernando, min.55).
  • CASTRELO: David, Marcos (Borjiña, min.46), Mario (Chapu, min.60), Luís, Estevo, Fran (Róber, min.75), Félix, Gato, Roi, Gus, Miguel (Edreira, min.30).
  • Goles: 1-0, min.7: Javi Suárez de penalti; 2-0, min.12: Cristian tras unha xogada de Javi Suárez; 3-0, min.20: Cristian de penalti; 4-0, min.35: Cristian; 5-0, min.65: Tasky; 5-1, min.85: Gato de penalti.
  • Lesión: Miguel.

Xa se decidiu o derbi nos primeiros compases cun Baíñas moi superior, ante un Castrelo que tralo 3º tanto tirou a toalla. O Baíñas chegaba sempre un segundo por diante e o Castrelo chegaba tarde, o que propiciou dous penaltis.
Na segunda debutaba Borjiña, debutante no Castrelo e o cadro conseguiu tocar algo máis, deixando boas sensacións o equipo de Cardexo, cun bo David baixo paus, e pensando na outra fichaxe, a de Styven, ata o de agora precisamente no Baíñas.

O bo ambiente entre as dúas familias quedou clara no municipal.

Montelouro - Lira (2-1)

Montelouro-Lira-Foto-Jose Sendon
  • MONTELOURO: Isma, Pedro, César, Álvaro, Isma, Chema, Geico (José), Edu (Abel), Benja, Dani Deza e Pesco.
  • LIRA: Andrés, Josiño, Brea, Joserra, Javier de Milucha, Manu, Cristian, Alex, Víctor, Suso Perico e Óliver. Tamén xogaron: Demetrio, Iago, Santi, Adrián e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.5: Geico; 1-1, min.50: Adrián; 2-1, min.65: Pedro á saída dunha falta.
Montelouro-Lira-Foto-Edu Olveira

Segue o Montelouro na boa liña e tivo que superar a un moi bo Lira, que tamén viña moi forte, e para o que tivo que sufrir abondo. Dominou o cadro de Jurjo na primeira, que marcou pronto por medio de Geico e puido ampliar a renda nuns 45 minutos nos que o Lira non acababa de meterse no partido.
Pero tralo descanso recurtou o Lira, que saíu moito mellor, e foi superior durante toda a segunda metade. Cando mellor estaba Pedro facía o segundo para os locais, deixando 20 minutos aínda de partido. Aí achuchou moito o Lira que tivo ocasións de sobra para empatar.

Montelouro-Lira-Foto-Edu Olveira

Muxía - Nantón (1-3)

Muxia-Nanton-Fotos-Victor-S
  • MUXÍA: Santi Papi, Peski, Currás, Denís, Pataca (Martín), Pereira, Juan (Peski), David, Carliños, Javi e Iván.
  • NANTÓN: Pollo, Carlos, Diego, Manul, David, Martín, Maikel, Iván, Fabio, Dani, Carlos Vidal.
  • Goles: 0-1, min.15: Fabio; 0-2, min.35: Iván; 1-2, min.40: Pataca de penalti; 1-3, min.65: Mikael.
  • Lesión: o cabanés Dani Costa cunha fractura do cuarto metacarpiano.
  • Expulsión: o cabanés Fabio no min.70.
Santi Papi de porteiro-Foto-Victor Santos

Moi efectivo o Nantón ante un Muxía que tiña que xogar de novo con Santi Papi baixo paus. O Nantón, tamén con baixas importantes, chegou en poucas ocasións pero non fallou. O Muxía, que tivo a favor dous penaltis, só aproveitou un que transformou Pataca mentres que o segundo o parou Pollo.

Na primeira parte o Muxía tivo a posesión do balón e o Nantón dedicouse ó que mellor sabe facer, saír á contra. O equipo local chegaba con facilidade as inmediacións da área do Nantón pero no creaban ocasións claras. Pollo apenas tivo que intervir en toda a primeira metade, xa que o Muxía non estivo moi atinado no remate.
No minuto 15 un balón prolongado por Cachi provoca a saída en falso do porteiro local que se ve obrigado a paralo coa man fóra da área. O árbitro aplica vantaxe e Fabio marca dende 25 metros a porta valeira. Pouco despois Iván quédase só diante do meta local e non é capaz de definir, e a 7 do descanso Cachi pelexa un balón ata a liña de fondo e o seu centro cae nas botas de Iván que consigue o 0-2 cun difícil remate.
Xusto ao fío do descanso o Muxía recorta distancias tras un penalti cometido por Fabio que non perdoa Pataca.

A segunda metade empeza cos mesmos síntomas. O Muxía segue dominando e chegando con facilidade a área rival, pero os seus remates non atopan portería. O Nantón segue sendo perigoso nas contras de no min,65 Maikel recibe en profundidade e ante a saída do meta local fai o 1-3 de vaselina. Parecía que o partido estaba sentenciado, pero un minuto despois o árbitro expulsa a Fabio por doble cartón e na seguinte xogada o árbitro pita penalti para o Muxía por man de Iván dentro da área. Esta vez Pollo para o penalti e o posterior rexeite, salvando ó Nantón. A partir de aí o Nantón dedicouse a defender e o Muxía trataba de conseguir un gol que os metese no partido. No minuto 90 Pollo volveu a salvar ó Nantón nun man a man.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios