Venres. 26.04.2024
El tiempo

Previa: Toni, porteiro do Mazaricos, analiza o inicio da 2ª Galicia.

Previa: Toni, porteiro do Mazaricos, analiza o inicio da 2ª Galicia.
Xa temos enriba unha nova xornada de liga en Preferente Norte e 1ª Galicia, e, por fin, o inicio das ligas costeiras, a 2ª e 3ª Galicia. Será nun intenso fin de semana de fútbol, como os case 40 que nos quedan de aquí a xuño. Poderás seguir todos os partidos no Carrusel de QPC, e ver os resultados en www.futboldacosta.com. En Preferente Norte a revelación da liga, o Dumbría, viaxa a Ordes a enfrontarse con outro recién descendido. Tremen os de Ordes vendo os precedentes. A SD Sofán visita Castro en xornada matutina de domingo, tentando facer os seus primeiros puntos fora da casa, e o Xallas recibe na Fontenla ó San Tirso, buscando a primeira victoria que de tranquilidade para o traballo semanal. En 1ª Galicia destaca sobremaneira o derbi Fisterra - Soneira. Chegan os fisterráns invictos tras dous empates, e o Soneira buscando unha liña de xogo que os acerque ós postos altos. O San Lorenzo viaxa a Cordeiro, completando o trio de costeiros para este equipo, tras igualar con Fisterra e Soneira, eo Baio recibe ó perigoso Bertamiráns, que no primeiro partido a domicilio gañou en Sigüeiro ó favorito local. En 3ª Galicia cabe reseñar o retorno á competición do Muros, que viaxará a Cabana a disputar un interesante encontro. O encontro mais interesante verémolo en Cee, o Ameixenda - Camelle, con dous equipos de vellas relacións, e novidades nas plantillas, sobre todo ese Camelle remozado con respecto ó ano anterior e que promete guerra. Na Liga da Costa, oito apaixoantes enfrontamentos dos que imos destacar dous: o Baiñas - Ponteceso e o Mazaricos - Zas. En Baiñas poñerase a proba por vez primeira o potencial do equipo local, ante un dos galos da competición, o Ponteceso, que ven de estrear recentemente adestrador, Tito Pedreira. En Mazaricos revive o Zas vellos pesadelos como o que o levou a perder unha liga fai tres anos. Non é partido menor este debido á rivalidade existente entre estos dous conxuntos. Disto e de mais cousas fálanos o porteiro do Mazaricos, ex do Buño, Toni, todo un veterano no fútbol costeiro que comeza este ano unha nova etapa na súa carreira. Toni sempre optimista, nunha nova etapa na súa vida QPC - Por que decidiches cambiar de aires? Aínda que estaba moi a gusto en Buño e me dou moita pena marchar polos compañeiros, necesitaba un cambio de aires e retos novos, e o Mazaricos é un equipo que sempre me animou para que fichara alí. Leva varios anos estando entre os primeiros da liga e ogallá siga nesa dinámica e poidamos estar loitando polo título un ano mais. é unha aposta persoal para min e vou con moita ilusión de facer as cousas ben e axudar ó equipo a ser un dos mellores un ano mais. QPC - Que tal a adaptación ó teu novo club? Na pretempada estame sorprendendo as ganas con que todo o mundo se pon a xogar, intentamos sacar os partidos adiante sin dar nunca por perdido nada, e ainda que tivemos moitas baixas e estamos coñecéndonos todos un pouco as fichaxes están sendo moi acertadas e os xogadores que xa estaban aportan calidade e velocidade que necesitamos. O que nos vai dar moito é o adestrador Amoedo que si xoga vai a ser un puntal. Estou moi contento da pretempada, fomos de menos a mais e ogallá o domingo saquemos un bo resultado. QPC - Como ve un home experimentado coma ti a 2ª este ano? Ó ser menos equipos creo que vai a ser mais competitiva. Todo o mundo se reforzou moi ben e equipos da zona baixa do ano pasado van a dar moitas sorpresas este ano. Creo que estaremos todos a moi poucos puntos. Tanto Outes como Zas a priori son favoritos por ser recén descendidos pero creo que, aparte de nos, o que mais opcións ten de ser campión é o Corme. QPC - E a nivel persoal que esperas desta tempada? Para min é un reto. Levaba moito tempo no Buño e estaba un pouco estancado. Necesitaba un cambio para os poucos anos de fútbol que me quedan. Espero que as lesións me respeten e manter o nivel destos anos atras, síntome coa ilusión de cando empecei a xogar. Os compañeiros recibíronme moi ben, que cando vas a un equipo novo a adaptación inicial sempre é difícil. QPC - Que outros porteiros ves de bo nivel na Costa este ano? Para min un dos mellores vai a ser Victor do Baiñas, tanto por xuventude como por características. Outro que sempre me sorprende é Angel Luis, que da seguridade e experiencia ós equipos nos que está. Espero que Brais Vázquez en Ponteceso acabe de explotar tamén, e Brais do Buño seguro que o fai moi ben tamén, polas súas cualidades no man a man e experiencia.

Comentarios