mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Non imos de comparsa

1ª Autonómica: Non imos de comparsa
Pleno de victorias dos conxuntos costeiros, agás no enfrontamento directo entre Baio e Malpica, onde os locais respiraron a costa dun moi tocado cadro de Ambrosio Raúl, nun lance do encontro de onte - Foto: SD Sofán Raúl, nun lance do encontro de onte - Foto: SD Sofán   Baio 4-1 Malpica Foto cos capitáns do Baio-Malpica - Foto: Luis Porto Foto cos capitáns do Baio-Malpica - Foto: Luis Porto
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Pollo; Yago, Luís, Portomelle, Norberto, (Saleta m.81), Luisito, MC, (Moreno m.86), Martín (Fachal m.80), Peque, Brais, Mario, (Christian m.80)
  • Malpica: Víctor; Dímaga, Uru, Roi Carril, Moscoso (Petís m.75), Jaco, Álex Marquez, Cololo, Mara,Charro, Carlos Mallo
  • Ártbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Expulsou a Brais, do Baio (m.57)
  • Goles: 1-0 m.28 MC, de penalti; 1-1 m.34 Charro; 2-1 m.41 Luisito; 3-1 m.59 Portomelle; 4-1 m.78 MC
Derbi de redención e derbi de penitencia A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Unha bendición resultou para o Baio o derbi cun Malpica que entra en situación de alerta vermella. O resultado, pode que algo radicalizado para a igualdade que durante moitos minutos presidiu o choque, xestouse nun segundo acto xogado de xeito máis intelixente por parte baiesa. Rachou a contenda á media hora, despois dunha acción entre Yago e Roi Carril, na que o excentral do Porteño acaba por derribar ao seu rival na pugna e provoca un penalti que non perdoa MC. A acción foi moi protestada polos visitantes, que sen embargo non lle perderon a cara ao encontro. De feito, aos seis minutos conseguiron igualar, tras unha presión na saída en campo contrario e resolución de Charro ante Pollo. A frialdade da tarde sabatina contrastaba coa intensidade dun partido que vería o terceira tanto da tarde nun extraordinario lanzamento lonxaño de Luisito, que mandaba ao seu equipo con vantaxe ao descanso. Antes, Charro estrelara un balón no pau. O resultado permitiulle ao Baio xogar co marcador e matar á contra ao seu rival, durante un segundo tempo no que MC foi chave con espazos, e ata anotou un bo tanto.
  Sofán 2-1 Tordoia O graderío do Carral mostrou un gran aspecto - Foto: SD Sofán O graderío do Carral mostrou un gran aspecto - Foto: SD Sofán
  • Campo: O Carral
  • Sofán: Brais Vázquez (Lerma m.33), Sito, Adrian, Álex Varela, Félix, Felipe, Seo (Franchu m.46), Iván Rey, Luis, Raúl (Doldán m.46) e Brais Barreiro (Insua m.83)
  • Tordoia: Santi, Dubra, Casti (Nico m.88), Chino, Sergio (Otero m.62), Toño, Alvaro, Che, Maki, Andrade e Denis(Lamas m.74)
  • Árbitro: Villamuelas Castro (A Coruña). Amonestou a Sito, Felipe, Adrián e Doldán do Sofán
  • Goles: 1-0 m.48 Doldán; 2-0 m.62 Iván Rey; 2-1 m.89 Maki
A modo de derbi SD Sofan co Tordoia-Foto-SD SD Sofan co Tordoia-Foto-SD A vecindade de Sofán e Tordoia reduxo as distancias no discurrir dunha cita que lle custou e moito aos carballeses. De feito, o primeiro acto tivo un punto de afortunado debido á pólvora mollada da artillería visitante, que chocou cos trinta e tres minutos que aguantou no campo Brais Vázquez antes de ter que pedir o troco. Precisamente, os recambios foron o que lle deron un punto novo á cita, e traspasaron a supremacía. Doldán, nada máis entrar no campo, fixo o primeiro nun remate de dianteiro, mentres que o golazo de Iván Rey encamiñaba xa a victoria sofanista. E nin así levantou os brazos un Tordoia que aínda acurtaría distancias.
  Soneira 4-0 Palmeira Soneira-Foto-Oscar Soneira-Foto-Oscar
  • Campo: Municipal
  • Soneira: José Manuel, Darío, Maikel (Mayor m.60)l, Alberto (Fran de Urroa m.60), Aarón, Jose, De la Sierra, Mario, Javi (Basti m.60), Alberto Vía e Martín
  • Palmeira: Luna, Manu Millán (Tubío m.56), Brión, Óscar, Jorge, Mariño (Viturro m.46), Edu, Nando, Jorge Pérez, Simón e Eiras (Pablo m.75)
  • Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Amonestou a Maikel do Soneira; Jorge e Luna do Palmeira
  • Goles: 1-0 m.38 Javi; 2-0 m.50 Vía; 3-0 m.53 Javi; 4-0 m.67 Basti
Un Soneira en canoa Soneira -Foto-Oscar Non necesitou facer o seu mellor partido o Soneira para superar ao Palmeira e reconducir o camiño a Preferente. Os vimianceses estiveron atascados durante un primer acto lento e sen vías de penetración, ata que Javi, na recta final, aproveito un rexeite para abrir o marcador. Pareceu aprender a lección o cadro de Manolito, máis intenso despois do intermedio. Simplemente esa mellora serviulle para sentenciar, primeiro cun remate de cabeza de Vía ao saque dunha falta, e despois merced ao oportunismo de Javi e Basti, dous goleadores que atoparon de novo o punto.   Corme 3-1 Bertamiráns B Corme-Fin Lema Imaxe do choque do Corme-Fin Lema
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Brais, Diego, Miguel Torrado, Álex, Sergio, Juan Chans, Adrián Doldán (Jose m.82), Toniño, Lucas e Eloy (Joshua m.69)
  • Bertamiráns B: Pablo Souto, Miguel, Gonzalo, Dani Fernández, Aitor, Martín, Adrián Arnejo, Carlos (Alfonso m.65), Alexandre, Jaime (Gonzalo m.87) e Juan
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Miguel, do Bertamiráns B, no minuto 83. Amonestou a Adrián Doldán, Diego e Susiño do Corme; Carlos, Alexandre, Martín, do Bertamiráns B
  • Goles: 1-0 m.52 Toniño; 2-0 m.83 Sergio; 2-1 m.89 Martín, de penalti; 3-1 m.90 Jose
Cada vez máis maduro Corme-Fin Lema 2 Corme-Fin Lema Vitoria de paciencia e con xustiza dun Corme que foi moi superior ao filial do Bertamiráns (ao que curiosamente vencía en xuventude en moitos dos futbolistas). Os bergantiñáns levaron o control desde o comezo, pero non tiveron puntería na primeira metade. Tería que ser un dos menos inexpertos, o Maradona de Anllóns Toniño, o que abrira a conta na reanudación. Non arriscou tanto en vantaxe o Corme, e sería pouco antes da prolongación cando Sergio, cun bo remate, puxera terra de por medio. O penalti transformado polo visitante Martín e a réplica local lle deron emoción aos últimos minutos.   Outes 4-1 Val do Ulla
  • Campo: O Cunchido
  • Outes: Rama, Borja, Pose, Maroñas, Martín, Jorge (Samuel m.76), Eli (Babu m.81), Piki, Yago Dosil (Kim m.35), Dani Corniños e Davi (Chía m.46)
  • Val do Ulla: Dimitry, Carlos, Picón, Jacobo, Espiño, Gonzalo, Luis Bragaña (Jordán m.58), Neira (Cristian m.57), Amosa, Pintor e Álex (Martín m.73)
  • Árbitro: Losas Otero (Santiago). Amonestou aos visitantes Álex e Neira
  • Goles: 1-0 m.18 Borja; 1-1 m.39 Luis Bragaña; 2-1 m.49 Eli; 3-1 m.51 Eli; 4-1 m.83 Kim
Outro pola pedra Novo paso adiante dun Outes ao que por momentos se lle atragantou o compacto Val do Ulla, aínda que a aparición da figura de Eli resultou salvadora. Borja, de libre directo, abrira o camiño da victoria costeira, pero tivo réplica o seu tanto nun cabezazo de Luis Bragaña, nun córner. Xa no segundo acto, dúas aparicións consecutivas dun moi oportunista e oportuno Eli encarrilaron un finalmente cómodo triunfo. Eli aparecería de novo no cuarto gol para asistir a Kim.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios