1ª Autonómica: Só o Sofán trae boas notas

16:29 02/05/16
Os carballeses teñen na man a promoción a Preferente, despois de sufrir máis do agardado contra o Malpica; o resto do panorama invita ao pesimismo, co Malpica descendido e Corme, Baio e mesmo Outes, posiblemente afectados polos arrastres.
O Malpica prantexou problemas grandes ao Sofán - Foto: SD Sofán
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Sofán 3-2 Malpica
A remontada achega a promoción a Carballo - Foto: SD Sofán
Non o pasou ben o Sofán no derbi ante un Malpica que confirmou que a escasez de efectivos non está reñida coa competitividade. Os de Esmorís incluso adiantaríanse no marcador, grazas a unha boa acción de Cololo, que sorprendeu a todo o mundo. Respostaría rápido o Sofán, coa axuda involuntaria de Álex Márquez. Pero nin así, nin con superioridade numérica, estiveron cómodos os carballeses, que cun punto terán asegurado o pasaporte para xogar a promoción de ascenso a Preferente, o maior hito na historia do clube.
Soneira 3-4 Sigüeiro
O Soneira viviu unha festa, e ata o fillo de Manolito alzou a copa de campión
Corme 1-2 Unión


- Campo: O Carral
- Sofán: David; Sito, (Álex Varela m.47), Adrián, Félix, Rubén, Pablo Martínez, (Franchu m.31), Brais, Seo, Raúl (Suco m.81), Iván Rey e Javi Doldán (Álex Pri m.89)
- Malpica: Víctor; Alejandro Marquez, (Casais m.63), Alberto Márquez, Lolo, (Roi Carril m.50), O. Moscoso; Eloi Vilas, Petís, Migueliño, Cololo, (Ángel m.84), Jaco, M. Mara, (Dímaga m.78).
- Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Expulsou a Moscoso, do Malpica (m.48). Amonestou a Rubén e Xuco do Sofán, Cololo, Álex Márquez e Roi do Malpica
- Goles: 0-1 m.31 Cololo; 1-1 m.35 Álex Márquez, en propia meta; 2-1 m.48 Félix; 3-1 m.59 Raúl; 3-2 m.63 Jacobo


- Campo: Municipal de Vimianzo
- Soneira: Anxo (José Manuel m.46), Brais Mouzo, Fran de Urroa, Alberto (Maikel m.72), Aarón, Jota (Mayor m.78), Óscar de Maema (De la Sierra m.65), Richi (Figueroa m.46), Basti, Alberti Vía e Martín
- Sigüeiro: Aitor, Borja, Fernando, Marcos Iglesias, Juanito, Suso, Sergio (Isma m.62), Manuel (Maroño m.73), David, Óscar Rey e Albor (Villaverde m.78)
- Árbitro: Rodríguez Penas (Ferrol).
- Goles: 1-0 m.8 Jota; 1-1 m.10 Marcos Iglesias; 2-1 m.15 Jota; 2-2 m.29 Suso; 2-.3 m.33 Suso; 2-4 m.38 Manuel; 3-4 m.90 Martín

- Campo: O Cairo
- Corme: Susiño, Brais, Alejandro, Adrián, Diego, Sergio (Isaac m.60), Juan Chans, Toniño (Miguel Torrado m.88), Alejo, Lucas e Eloy (Ángel m.76)
- Unión: Eloy Fungueiriño, Óscar, Víctor, Saviola, Lodeiro, Walter, Óscar, Seijas, Albino, Sergio e Manoliño
- Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Amonestou a Adrián do Corme; Savila, Óscar e Sergio do Unión
- Goles: 1-0 m.80 Lucas; 1-1 m.87 Albino; 1-2 m.89 Saviola
- Campo: Mirarríos
- Carcacía: Lito, Álvaro, Antonio, Kike, Iván (Pablo m.82), Alberto Bello, Ismael, Guille, Rodri (Grela m.78), Juan, Juan Carlos (Somoza m.60)
- Baio: Pablo, Ramón (Porto m.53), Mario, Luis Alvite, Josiño (Yago m.46), Moreno. Fachal, Peke, Luisito (Martín m.67), Christian e Saleta (Rubio m.42)
- Árbitro: Piñeiro Lugo (Lalín).
- Gol: 1-0 m.69 Javi
- Campo: O Cunchido
- Outes: Mosto, Pose, Maroñas, Dani, Chúa (Jura m.86), Davi, Martín, Piki, Yago Dosil (Kim m.86), Chía (Borja m.79) e Eli (Mario m.65)
- Lesende: Venancio, Jorge, Carlos, Cacho, Rubén, Roberto (César m.68), Brais (Adan m.90), Fran, Óliver (Adrián Sueiro m.90), Alberto e Borja (Julio m.89)
- Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago).
- Goles: 0-1 m.73 Cacho, de penalti; 0-2 m.81 César; 0-3 m.87 Borja; 1-3 m.89 Piki
Novas relacionadas
- Liga da Costa: Fin do Camiño, principio da lenda.
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).