1ª Autonómica: Soneira, a pegada de Rocky

13:34 29/02/16
Levantouse o líder dun golpe que facía peligrar o seu 'cinto de campión' e machachou con gol a un gran Corme; para entón o Sofán xa estaba a sacar en 'Mordor' un resultado máis que meritorio
Un dos campos máis duros da categoría non foi obstáculo para o Sofán - Foto: SD Sofán
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Soneira 4-1 Corme
O Corme deu a cara no Municipal - Foto: Óscar/Sd Soneira
O Soneira pegou un importante paso ó fronte co triunfo no derbi ante un gran Corme. Os vimianceses aproveitaron o erro do Cordeiro, aínda que tiveron que agardar ata o final. Jota, tras un córner executado por Sandelo, desfixo as táboas mediado o primeiro acto, ante un rival que medraba co paso dos minutos, ata chegar a dominador nunha segunda metade en forma de 'coitus interruptus'. E o foi porque os bergantiñáns primeiro quentaron ao seu rival con varias chegadas francas, e acabarían por igualar a falta de trece minutos, tras unha saída dubitativa de Josiño e cabezazo de Eloy a gol. Pero en pleno desmelene o gatillazo levou o nome do executor do ano, un Basti que só tres minutos despois aproveitaba un balón á espalda da defensa para poñer o segundo. Vía, tras xogadón de Fran, e Javi, a pase de Richi, redondearon un marcador cruel cun Corme que marchou enfadado coa arbitraxe, tras reclamar en plena ofensiva un penalti por mans de Javi.
Sigüeiro 4-1 Malpica
Este era o aspecto do Hospitalillo na chegada dos futbolistas - Foto: SD Sofán
Non, non era o Rally de Finlandia, era Hospitalillo de Agolada - Foto: SD Sofán
Val do Ulla e Baio-Foto-Santi Soneira
Capis do Val do Ulla e do Baio-Foto-Santi Soneira
Golpes psicolóxicos
Un tanto ao inicio e outro contra o descanso, e dous mazazos máis cando tentaba estirar liñas deixaron KO a un Baio que a pesares das baixas competiu dignamente en Val do Ulla. De tódolos xeitos, é evidente a mellora nas últimas semanas, que ten afastado os postos de descenso directo.
Tordoia 3-1 Outes


Soneira 4-1 Corme
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Soneira: Josiño; Martín (Brais Mouzo, m.58), Jota, Aarón, Maikel (Fran de Urroa, min 67); Richi, De la Sierra (Mayor, min 58), Sandelo, Javi, Alberto Vía e Basti (Alberto m.82)
- Corme: Susiño; Adolfo, Jesús, Dani, Brais, Eloy, Sergio (Joshua, min 74), Diego (Alejandro m.80), Toniño (Pandi, m.86) e Lucas.
- Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña). Amonestou a De la Sierra, Brais Mouzo e Basti do Soneira; Dani e Adolfo do Corme
- Goles: 1-0 m.25 Jota; 1-1 m.77 Eloy; 2-1 m.79 Basti; 3-1 m.90 Alberto Vía; 4-1 m.83 Javi

- Campo: Lino Balado
- Sigüeiro: Diego; Juncal, (Chema m.73), Iván Forján, (Jorge Paz m.50), David, Fer, Gago, Juanito, Jess, (Maroño m.81), Lucas, Sergio, Álvaro, (Jacobo, 55)
- Malpica: Ángel; Dímaga, Carlos Mallo, Víctor, Moscoso, Eme, Petís, Jaco, Mara, Cololo, Sergio
- Árbitro: Losas Otero (Santiago).
- Goles: 1-0 m.35 Sergio; 2-0 m.52 Lucas; 2-1 m.70 Jaco; 3-1 m.80 Chema; 4-1 m.85 Chema


- Campo: Hospitalillo
- Agolada: Rafa, Charly, Joselu, Alexandre (Jorge m.40), Miguel, Ruben Arean (Gabucho m.76), Marcos Arean (Garea m.69), Peyret, David (Víctor m.78), Pablo e Aitor Hurtado
- Sofán: Brais Vázquez, Iván Rey (Álex Varela m.82), Adrián, Rubén, Sito, Pablo Martínez, Seo, Luis (Ceide m.89), Brais Barreiro, Raul e Insua (Doldán m.46)
- Árbitro: Amonestou a Alexandre, Rubén, Peyret do Agolada; Brais do Sofán
- Goles: 0-1 m.52 Raúl; 1-1 m.54 Aitor Hurtado; 1-2 m.60 Doldán; 1-3 m.89 Luis

- Campo: O Coto
- Val do Ulla: Álvaro, Carlos, Martín, Picón, Jaco, Espiño (Alberto m.53), Luis Bragaña (Jordan m.65), Neira, Óscar, Álex López (Javi m.47) e Cristian
- Baio: Pollo, Fachal, Porto, Mario, Luis, Norberto, Yago, Santi (Pazos m.46), Christian, Martín MC e Luisito
- Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago).
- Goles: 1-0 m.13 Óscar; 2-0 m.46 Jaco; 3-0 m.77 Jordan; 4-0 m.81 Jordan

- Campo: Gorgullos
- Tordoia: Juanjo, Dubra, Alberto, Rubén, Otero, Antonio, Lamas (Adrián m.72), Liste, Iván Noya, Óscar (Manuel m.67) e Denis
- Outes: Jorge, Pose, Maroñas, Dani Corniños, Quim (Veleiro m.75), Jorge, Eli, Piqui, Jura (Davi m.60), Chía (Pablo m.83) e Babu (Yago m.60)
- Árbitro: Villamor Rial (Santiago).
- Goles: 0-1 m.28 Quim; 1-1 m.33 Lamas; 2-1 m.56 Denis; 3-1 m.66 Iván
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).