Venres. 13.09.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Un día de furia

1ª Autonómica: Un día de furia
Un desenlace digno da película protagonizada por Michael Douglas, e co coristanqués Reborido Rodríguez como denunciante, deixou sen desenlace o Soneira-Lesende; no resto da xornada as dificultades foron para Corme e Baio, que lle dan unha volta negativa á súa situación Soneira e Lesende desputaron un á postre polémico choque Soneira e Lesende desputaron un á postre polémico choque   A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Soneira 4-3 Lesende (non finalizado)
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Soneira: Anxo, Figueroa, Jota, Aarón, Brais Mouzo, Mayor, Sandelo, Alberto Vía, Richi, Javi e Basti.
  • Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Óliver e Alberto, do Lesende.
  • Goles: 1-0 m.35 Alberto Vía; 1-1 m.42 Óliver; 2-1 m.48 Aarón; 2-2 m.62 ; 2-3 m.79 Óliver; 3-3 m.90 Basti, de Penalti; 4-3 m.96 Alberto Vía, de penalti
Aínda queda un minuto… Houbo esperpento final no Municipal de Vimianzo Houbo esperpento final no Municipal de Vimianzo O Soneira remontou, ou case, un partido de tolos, que o coristanqués Reborido Rodríguez deu por finalizado por, segundo el e a expensas do suposto parte médico, mareos ocasionados tras un presunto cabezazo do adestrador visitante. Dous penaltis na prolongación, que lle deron a remontada ao Soneira, foron desencadeante do enfado noiés. Antes, a falta de acerto e a precipitación a piques estivera de xogarlle unha mala pasada aos locais. Queda no aire se se xogará ou non o minuto restante a maiores.   Corme 2-5 Outes
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Joshua, Dani, Jesús, Adolfo (Adrián m.56), Alejandro (Alejo m.61), Eloy (Isaac m.76), Adrián Doldán, Toniño, Lucas e Brais
  • Outes: Rama, Borja, Pose, Maroñas, Dani Corniños, Chía (Babu m.86), Martín, Jorge (m.76), Piki, Yago Dosil (Jura m.46) e Kim
  • Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Alejandro e Lucas do Corme
  • Goles: 0-1 m.20 Yago Dosil; 0-2 m.22 Piki; 0-3 m.31 Piki; 0-4 m.48 Kim; 1-4 m.57 Lucas; 1-5 m.73 Piki; 2-5 m.85 Alejo
Un castigo demasiado duro para o Corme Corme-Outes-Foto-Fin Lema Corme-Outes-Foto-Fin Lema Non houbo a diferencia que reza o marcador no derbi entre o Corme e o Outes, aínda que si un dominio absoluto dos visitantes nunha primeira metade na que Piki coa súa maxia e resolución foi o gran protagonista. Os bergantiñáns non tiveron nin un achegamento perigoso, ante un rival moi ben prantado. Cambiou o conto nunha reanudación na que desde o gol de Lucas ata a sentencia de Piki houbo asedio cormelán, cun balón á madeira e dúas penas máximas reclamadas.   Palmeira 2-1 Baio
  • Campo: Ventín
  • Palmeira: Iván, Torres, Jorge, Brión, Óscar, Gonzalo, Jorge Briones, Vicente (Álvaro m.60), Toni, Pablo e Eiras
  • Baio: Pablo, Fachal, Mario, Luis Alvite, Eloy (Porto m.62), Yago, Brais (Christian m.46), Moreno (Rubio m.80), Saleta, Luisito, Martín (Saleta m.77) e MC
  • Árbitro: Logan Sampedro (Santiago). Amonestou a Álvaro, Jorge, Torres do Palmeira; Fachal, Christian e Mario do Baio
  • Goles: 1-0 m.50 Vicente; 1-1 m.54 Saleta; 2-1 m.66 Pablo de penalti
Derrota fastidiosa Non debería ter volto sen premio o Baio. A visita a Palmeira, ante un rival case descendido, coincidiu cun momento de baixas nos branquiazuis, que están na zona de perigo de arrastre. Tres goles nun cuarto de hora decantaron a balanza para os barbanzáns, que tiveron no meta Iván a un dos seus destacados. O segundo tanto chegaba tras un máis que dubidoso penalti de Mario, que toca claramente o balón como vemos no vídeo de Santi Soneira.
Bertamiráns B 2-1 Malpica Formación do Malpica en Bertamiráns - Foto: Luis Porto Formación do Malpica en Bertamiráns - Foto: Luis Porto
  • Campo: Municipal
  • Bertamiráns B: Pablo; Alvite, Cohen, Aitor, Saúl, Meixide, (Mateo m.60), Rouco, Carlos, (Jimmy m.46), Jaime, (Dani Maceiras m,64), Goncho,(Capi m.31), Seoane
  • Malpica: Ángel; Dímaga, Alejandro Marquez, Casais, Roi Carril, Carlos Mallo, (Víctor m.64), Eme, Petís, Jaco, Martín Mara e Migueliño
  • Árbitro: Rodríguez Vaamonde (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.48 Capi, de penalti; 2-0 m.60 Aitor; 2-1 m.88 Roi Carrril
Agoniza a ilusión O equipo que marcaba a salvación, o Bertamiráns B, era esta vez o desafío para un Malpica que non foi quen de sobrepoñerse aos sancionados, ás baixas e ao seu rival. Un penalti moi polémico, unha acción desafortunada e a falta de pegada nos metros finais condearon aos bergantiñáns, que apretaron nos minutos finais.   Sofán 2-2 Piloño O Sofán non pudo co Piloño - Foto: SD Sofán O Sofán non pudo co Piloño - Foto: SD Sofán
  • Campo: O Carral
  • Sofán: Brais Vázquez (David Insua m.46), Ivan Rey (Alex Pri m.88), Adrian, Sito, Rubén, Felipe, Seo (Franchu m.46), Luis, Brais (Insua m.89), Javi Doldán (Javi Souto m.80) e Raúl.
  • Piloño: Cheroki, Santi, Soto (Alejandro m.84), Diego, Otero, Moncho, Mosquera (Imanol m.67), Marcos (Matias m.74), Victor, Bruno e Ferreiro
  • Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Amonestou aa Moncho, Mosquera e Matías
  • Goles: 0-1 m.14 Víctor; 1-1 m.35 Raúl, de penalti; 2-1 m.65 Raúl; 2-2 m.87 Matías
Auga fría para un momento quente Un Sofán lanzado chocou de fronte contra o Piloño, equipo pouco vistoso e con moito oficio, que a base de fútbol primario baixou da nube aos carballeses. Avisaron os visitantes cun libre dircecto a gol anulado polo colexiado, e pouco despois adiantaríanse grazas ao bo facer do seu punta Víctor. Minimizou o contratempo Raúl, de penalti, pouco antes do intermedio. De novo o ex do Vizoño, xa no segundo acto, atopou o camiño do gol nos mellores momentos locais. Unha falta directa, contra o final, foi o mazazo e o empate visitante. Pudo ter sido peor de non ser pola actuación do metal local David.
 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios