Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: A festa está cociñada

Primeira Galega: A festa está cociñada
O triunfo do Dumbría en Lalín, unido ao 'favor' do Fisterra ante o segundo da táboa deixa aos brancos a só un triunfo de celebrar un ascenso merecido desde hai meses O típico selfie do Dumbría vai cobrando formas variopintas - Foto: CF Dumbría Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Lalín 1-4 Dumbría Campo: Manuel Anxo Cortizo Lalín: Cristian, Jesús, Iván (Matías m.65), Rivas, Matías, Ferreiro, Ayaso (Brais m.80), Robin (Diego m.46), Gude, Adrián e Reza Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Julito, Iago (Charly m.84), Aarón, Darío Capelo, Cristian (Manu m.54) (David Carreira m.87), Diego Cespón, Rivi e Adrián (Pablo Conde m.84) Árbitro: Rego Rodríguez (Lalín). Amonestou a Aarón, Rivi, Jose e Diego Cespón do Dumbría Goles: 0-1 m.6 Adrián; 1-1 m.8 Cristian; 1-2 m.18 Adrián; 1-3 m.80 Darío Capelo; 1-4 m.82 Adrián Homenaxe previa á gran festa Un Dumbría case campión venceu e convenceu en Lalín, capital do cocido onde os costeiros deixaron fritos ao seu rival. O que no seu día fóra equipo de Segunda B non tivo ningún tipo de opción, nin pola orde nin polo asasino en serie que ten arriba o dominador da competición. Necesitou seis minutos Adrián para tirar dunha especialidade que últimamente está a deixar moitos réditos: a execución de libres directos. Noutro inapelable inaugurou o marcador. Acto seguido equilibraría Cristian de cabeza, o que pareceu provocar aínda máis a fame da bestia, que faría o segundo tras un gran pase de Diego Cespón, que lle prantou só ante o porteiro. Con dominio no marcador, o conxunto de Julián Ferreiro adicouse a administrar, parar o choque e deixar aparecer as ocasións, que por inercia acaban por caer. Non houbo na segunda metade a efectividade inicial, e non foi ata falta de dez minutos cando o líder minimizou toda posibilidade de sufrimiento. Darío conectou un tiro cruzado perfecto que significou o terceiro. E o terceiro, pero na súa conta persoal, o anotaría Adrián pouco despois, cun disparo á escuadra. Silleda 1-1 Sporting Zas O Zas aguantou en Silleda - Foto: Sporting Zas Campo: Outeiriño Silleda: Jose, Ricardo (Alan m.75), Rubén, Josemi, Gustavo, Pablo, Jose (Pablo m.80), Diego, Miguel, Jorge (Salva m.90) e Diego Sporting Zas: David, Javi Souto (Lagoa m.76), Anxo, Manu, Pablo, Diego, Róber, Josito, Bruno, Dani e Nolo Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Ricardo, Rubén, Gustavo do Lalín; Pablo e Josito do Zas Goles: 1-0 m.53 Pablo; 1-1 m.66 Diego Fernández Non é para dar saltos Un punto que non lle soluciona a vida a ningún sacaron os rivais directos Silleda e Sporting Zas, nun enfrontamento que implicaba a toda a zona de descenso. Os do Deza tentaron dominar de saída, pero tiveron moitos problemas ante un cadro costeiro coas ideas claras, ben prantado e que apenas deixou espazos. Un gol anulado por fóra de xogo e un disparo lonxano de Josito foron as mellores das que gozou. Ao pouco de iniciarse o segundo acto, unha contra ben montada e finalizada por Pablo deulle vantaxe aos locais. Tardaría case vinte minutos en igualar o equipo de Pablo Mallón, nunha falta moi ben executada por Diego na frontal do área. Fisterra 1-1 Agolada Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Dani Rubia (Isma Leis m.52), Breixo, Roco, Abel (Pablo Lestón m.63), Robertín, Adri (Cristopher m.63), Angeliño, Piti, Roa e Bruno Agolada: Rafa, Dani (Sergio m.90), Miguel Ángel, Santi, Bryan, Pablo (Juanjo m.85), Areán, Joselu, Centeno, Rubén e David Árbitro: Vilas Lorenzo (Santiago). Goles: 0-1 m.50 Rubén; 1-1 m.64 Bruno Empate que fai as delicias na bisbarra Desde Dumbría ao faro de Fisterra foi celebrado o empate de Ara Solis co gallo da visita do Agolada. O cadro da Vila do Cristo deixou prácticamente de forma matematica atada a permanencia, e de paso deulle medio título ao veciño da zona. E pudo ser incluso mellor, porque os de Nacho gozaron das mellores opcións ante o segunda da liga. Houbo intensidade e disputa, cun once coma sempre innovador por parte local. Foi chave Norberto, quen detivo un penalti, e tamén a rápida reacción tralo gol local. Este chegaría ao pouco de iniciarse o segundo tempo, cun lanzamento desde o borde do área, segunda xogada tras saque de curruncho. Non se veu abaixo o Fisterra, que apretou e moito, e igualaría nun rexeite aproveitado por Bruno. De aí ao final as mellores ocasións serían verdes. Unión 0-0 Outes Campo: Vilas Unión de Asados: Eloy Fungueiriño, Óscar Galbán, Víctor, Juanma, Manuel Bouzas, Albino (Cristian m.54), Peki (Maur m.80), Álex Conde, Óscar, Sergio Nieto (Bugallo m.68) e Borxa Outes: Xandre, Borja (Kim m.52), Jura, Chúa, Maroñas, Pose (Chía m.67), Martín, Mario (Babu m.90), Cutu, Eli (Samu m.88) e Yago Dosil (Dani Corniños m.58) Árbitro: Romar Landeira Con sensación de importante Deixa un bo regusto na parroquia do Outes o punto acadado en Asados, ante un Unión duro como local. Os de Alfredo Cambeiro sabían da importancia de non perder, debido aos moitos enfrontamentos directos, e así actuaron. Houbo dominio local nunha primeira metade que non deixou demasiada presencia nas áreas. A máis clara a tivo Pose, pouco antes do descanso, nunha volea desde a frontal. Estirouse lixeiramente o conxunto costeiro na segunda metade, na que Eli perdoaría solo ante Eloy Fungueiriño e Mario, con todo a favor, veu como se lle facía demasiado pequena a portería. Os achegamentos locais morrían na última decisión.

Comentarios