Primeira Galega: Fisterra saca o billete en 'lastminute.com'

16:21 15/05/17
Un gol de Cote a falta dun anaco para terminar a liga mantivo a flote aos verdillos nunha categoría na que non seguirán nin o Outes, que marchou vencendo, nun un Zas con problemas
Roa saúda aos incondicionais tras acadar a permanencia - Foto: SD Fisterra
Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica
Fisterra 1-1 Cordeiro
Campo: Ara Solis
Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Breixo, Robertín, Roa, Tati (Pablo Lestón m.53), Piti, Adri (Jesús m.46), Abel (Angeliño m.46), Cote e Bruno
Cordeiro: Pablo Boga, Anxo, Gabi, Rubén García, Maga, Chiño, Juanito (Mateo m.58), Rubén Bodaño, Manu Nieto (Bustelo m.74), Padín (Roi m.81) e Jesús
Árbitro: Rego Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Cote do Fisterra; Bustelo do Cordeiro
Goles: 0-1 m.38 Gabi; 1-1 m.77 Cote
Salvados!
Sufriu pero chegou. O Fisterra mantivo a categoría en Primeira, nun curso no que realmente nunca deu a sensación de perder os papeis ou de ser candidato firme a baixar. Os verdillos recibían ao bronce, un Cordeiro que non se xogaba nada e que na primeira metade levou todo un repaso. O vento, empero, xogou por momentos un papel decisivo. E dous despistes tiveron un alto nivel de penalización. Un balón perdido por Robertín foi salvado por Breixo na línea de gol, mentres que intres despois unha contra de seis para tras acabou no gol de Gabi. Antes, o Fisterra chegara de tódalas formas posibles e non acadara o tanto. Tocaba volcarse nos últimos 45 minutos da competición. E vaia se o fixo a SD. Breixo bateu contra o pau nun remate, Angeliño marrou ante o porteiro, ao igual que Bruno… e así ata que o propio 'mini killer' recurtou, centrou para Angeliño, quen deixou para que Cote puxera na escuadra o balón da permanencia.
Dumbría 2-1 Flavia
Campo: O Conco
Dumbría: Iván Bouzón. Jose, Raúl, David Carreira (Julito m.53), Iago (Martín m.70), Rivi, Cristian, Diego Cespón, Darío Capelo, Pablo Conde e Adrián (Charly m.68)
Flavia: Diego Perol, Salva, Triñanes, Manu, Joel Pereiro, Kevin, Esparís, Damián, Andrés, Bruno (Falcón m.58) e Brais
Árbitro: Gil Soriano (A Coruña). Expulsou a Rivi, do Dumbría (m.78). Amonestou a Diego Cespón do Dumbría; Bruno do Flavia
Goles: 0-1 m.6 Damián; 1-1 m.18 Rivi; 2-1 m.62 Adrián
Como un campión
Finalizou o curso da regularidade como correspondía un Dumbría que superou ao Flavia e mantivo unha marxe de máis de tres encontros co segundo clasificado. Os costeiros se viron sorprendidos de inicio co gol de Damián, tras un despiste defensivo. O ritmo non era de dous conxuntos que estiveran a xogarse algo, e como botón a superioridade dun home moi pouco físico como Rivi, que nun rexeite dun córner igualaba o choque. Houbo moitas tentativas dos locais, nun choque en forma de homenaxe, e o desenlace non podía ter outro guión. A falta de media hora, Adrián acudía á cita co gol nun man a man resolto con calidade. Era a diana número 29 do rei de reis do gol, que lle botaba o telón a outro curso imperial nesa barca que non deixa de cargar ligas.
Piloño 3-0 Sporting Zas
Campo: O Camballón
Piloño: Marc, Santi, Dani, Víctor, Imanol, Romero (Jairo m.58), Male, Jano, Zequi (Otero m.73), Xairo e Maceiro (Juan m.77)
Sporting Zas: David Insua, Anxo, Josito, Bruno, Calo (Lagoa m.73), Alberto, Fabi, Javi Souto, Manu, Róber e Andrés
Árbitro: Pérez Mindeguia (Lalín). Amonestou a Javi Souto e Bruno do Sporting Zas
Goles: 1-0 m.8 Xairo; 2-0 m.12 Víctor; 3-0 m.83 Dani Soto
Sen historia
Un Sporting Zas con problemas graves de efectivos na segunda volta pechou a viaxe de ida e volta de Segunda a Primeira. Os de Pablo Mallón caeron en Piloño, ante un rival máis poderoso físicamente. Os dous primeiros tantos chegaron por arriba: nun córner o de Xairo e nun centro lateral o de Víctor. Os visitantes tentaron estirar líneas pero non foron quen de xerar demasiado perigo.
Villestro 0-2 Outes
Campo: A Barrosa
Villestro: César, Conde (Hugo m.72), Brais, Alberto, Rendo (Alonso m.54), Neo, Rama (Louzán m.72), Aarón, Dani, Conde e Andrés
Outes: Xandre, Borja (Villa m.72), Cutu, Maroñas (Babu m.61), Dani Corniños, Martín, Mario, Jura (Chía m.55), Eli (Yago Dosil m.65) e Chúa /Álex Sllva m.68)
Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Expulsou a Louzán, do Villestro (m.85).
Goles: 0-1 m.1 Eli; 0-2 m.71 Chía
Adicado aos seareiros
Despediuse o Outes da Primeira cun triunfo en Villestro adicado ao medio centenar de incondicionais que a pesares dos contratempos viaxaron a terras santiaguesas. Confirmaron os de Cambeiro unha proxección que tivo o seu punto negro en casa ante o Silleda. No primeiro minuto Eli resolvía un man a man por baixo e adiantaba no marcador a un conxunto que pudo golear ata o intermedio. Xa no ecuador do segundo acto Chía resolvía de xeito similar.

