Venres. 17.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: Os cañóns 'Dosil' están en Outes

Primeira Galega: Os cañóns 'Dosil' están en Outes
Dous goles do dianteiro, o último no minuto 94, déronlle ao cadro de Alfredo Cambeiro unha importantísima vitoria; o Dumbría é case campión con outra exhibición dun Adrián que fai coa liga o que lle sae das... botas O Zas non pudo co Unión banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica  

Sporting Zas 1-3 Unión de Asados

Campo: San Andrés Sporting Zas: David, Pablo, Anxo, Manu, DIego, Alberto (Álvaro m.46), Josito, Róber, Fabi (Rubio m.46), Dani e Andrés (Nolo m.58) Unión de Asados: Eloy Fungueiriño, Óscar, Alejandro, Víctor (Álex m.71), Óscar (Adrián m.51), Borja, Manu, Sergio, Cristian e Mauro (Albino m.71) Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña). Amonestou a Pablo e Anxo do Sporting Zas; Alejandro, Javi e Mauro do Unión de Asados Goles: 0-1 m.34 Cristian; 1-1 m.63 Róber; 1-2 m.75 Álex; 1-3 m.80 Álex Crueldade excesiva Non mereceu tal castigo o Sporting Zas na visita do Unión de Asados. Os do Barbanza necesitaron moi poucos achegamentos para asinar tres goles e selaron un triunfo chave de cara a permanencia. Empeza a coller mala cor a situación dos zascenses, con moitos problemas de efectivos e sen algúns dos seus homes determinantes. Houbo opcións para os dous equipos nunha entretida primeira metade. Comezou con susto e con Anxo salvando un balón baixo paus, e seguiu cunha falta que a piques estivo de converter Josito e un man a man no que Dani perdeu a partida ante Eloy. Non perdoaría o visitantes Cristian, pasada a media hora, ao atopar un balón solto no área. Deu esperanza xa na segunda metade Róber, cun golazo desde a frontal, pero cando todo chega virado pasan situacións como as dos dous tantos da derrota, asinados por Álex: un disparo inverosímil desde corenta metros e unha vaselina sobre o ex do Sofán David.  

Esclavitud 2-1 Fisterra

Campo: Do Doce Esclavitud: Diego, Abel, Gonzalo, Angueira, Borja Barros, Gallego (Raúl m.74), Jorge, Jose, Iván González (Darío m.70), Víctor (Nogueira m.87) e Julio Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Fabián (Cristopher m.80), Roco, Angeliño, Piti, Cote (Ángel Luis m.90), Álex (Ezequiel m.56), Tati, Isma Leis (Abel m.65) e Adri Árbitro: Rosende Porto (Santiago). Amonestou a Jose, Abel, Víctor, Julio e Jorge do Esclavitud; Isma Leis, Tati e Piti do Fisterra Goles: 0-1 m.8 Adri; 1-1 m.31 Gonzalo; 2-1 m.38 Julio Sen historia algunha Unha convocatoria marcada por ausencias importantes, co porteiro muxián Ángel Luis formando como xogador de campo e o obxectivo case conseguido son algúns dos factores que poden explicar a derrota do Fisterra en Padrón, ante un Esclavitud especialmente no seu terreo de xogo. E iso que os plans non comezaron nada mal para os de Nacho, que se adiantaron moi cedo cun bo disparo de Adri. Sen embargo, os minutos previos ao intermedio foron letais para os costeiros, que viron como Gonzalo igualaba desde corenta metros e Julio finalizaba a gol unha acción colectiva para compretar a remontada. Faltoulle un punto de intensidade na reanudación ao Fisterra para acadar a remontada.  

Outes 3-2 Flavia

Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja (Simón m.76), Chúa, Maroñas, Pose, Chía (Quim m.52), Dani Corniños, Martín, Mario, Jura e Elías (Yago Dosil m.60) Flavia: Cristian, Arufe, Triñanes, Joel (Ángel m.65), Kevin (Bruno m.53), Rego, Seijas, Alejandro, Magariños (Alcalde m.53), Falcón (Damián m.53), Brais e Esparís Árbitro: Buján Vidal (Santiago). Expulsou a Rego, do Flavia (m.84). Amonestou a Chía do Outes; Cristian, Arufe, Triñanes, Brais e Bruno do Flavia Goles: 1-0 m.41 Pose; 1-1 m.78 Arufe; 2-1 m.82 Yago Dosil; 2-2 m.92 Seijas; 3-2 m.94 Yago Dosil Viva a nai que che fixo! Dous goles de Yago Dosil, o último co tempo xa cumprido, servíronlle ao Outes para desfacerse dun Flavia que nunca prantexa un encontro cómodo para o seu rival e que compite ata o final en tódolos sentidos. A dinámica dos últimos meses e sobre todo das últimas semanas para converter en idílica situación dun equipo que agora mesmo síntese capaz de todo. Foi tranquila e sen a tensión do final unha primeira metade na que só o gol de Pose, antes do intermedio, rompía coa monotonía e o case irrelevante paso dos minutos. O futbolista local conectaba unha gran volea ao segundo pau. Administrou a vantaxe o equipo de Cambeiro nunha intensa reanudación. Parecía afogar as ilusións Arufe, a falta de doce minutos, ao igualar cun gran cabezazo, pero só catro minutos despois Mario inventaba unha acción no área e era obxecto dun penalti que Yago Dosil non perdoaba. Si o faría cinco minutos despois, nunha nova pena máxima que tería sentenciado o choque. Non foi así e o balón petou no longueiro padronés. A locura total chegaría na prolongación. Un erro ao controlar un balón por parte do meta Xandre mandaba o balón a córner, e na execución, con dous minutos sobre o tempo, Seijas igualaba. Sen embargo, Yago Dosil enmendaba o erro anterior só cen segundos despois, tras regatear a cantos lle saíron ao paso, axustar o remate e asinar un gol celebrado como un título polos trescentos seareiros presentes no Cunchdido.  

Dumbría 3-0 Cordeiro

Novo selfie triunfal do Dumbría Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Julito, Iago (David Carreira m.74), Rivi, Manu Nogueira (Cristian m.60), Diego Cespón (Pablo Conde m.82), Darío Capelo (Charly m.80), Aarón e Adrián Cordeiro: Pablo, Anxo, Ferreirós, Magariños, Miguel, Juan Abalo, Mateo (Padín m.46), Pablo Castro (Manu Nieto m.46), Del Oro, Rodrigo e Manu (Diego Busto m.17) Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Expulsou a Pablo, do Cordeiro (m.18). Goles: 1-0 m.14 Adrián; 2-0 m.20 Adrián; 3-0 m.60 Adrián O que lle deu a gana a Makaay Un hat trick de Adrián Makaay e o tropezo do Agolada no seu encontro deixan ao Dumbría coa metade das accións do título xa no seu poder. Só unha catástrofe podería deixar sen premio a case inmaculada tempada dos costeiros, que nesta ocasións deron boa contra dun dos candidatos a todo, un Cordeiro cun presuposto grande. Estivo madrigador o asasino de rivais nunha primeira metade na que sentenciou o choque. Primeiro, resolveu a gol e con seguridade un man a man, e pouco despois o meta visitante Pablo tocaba o balón coa man fóra do área, era expulsado e Adrián tiraba de clase para 'messianizar' a súa tarde cun golazo maxistral. O monólogo dumbriés minimizaba o papel do seu rival, e á hora de partido un centro de Darío era finalizado de chilena por un Adrián ao que só lle faltou un arén adulador para compretar o orgasmo colectivo en forma de case campionato. [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1260074980777823/" width="800" height="500" onlyvideo="1"]  

Comentarios