Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: Pesadelo de tarde

Primeira Galega: Pesadelo de tarde
Só o descendido Sporting Zas acadou a vitoria entre os representantes costeiros, que aínda non teñen asegurada a continuidade do Fisterra e está case descartada a dun Outes con moi mala sorte ante o Silleda O Zas remontoulle ao Villestro Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Atlético Riveira 2-0 Dumbría Campo: A Fieiteira Atlético Riveira: Alexandre, Marcos, Esteban, Cameán, Joseíño (Lloyd m.73), Pape, Madiop, Aguado (Carnota m.46), Fran (Treus m.65), Adam (Ronaldinho Little m.59) e Javi de Vístete Dumbría: Abe, Jose, Raúl, Julito, Iago (Fabio m.46), Pablo Conde, Charly, Rivi, Cristian (David Carreira m.71), Diego Cespón e Darío Árbitro: Romar Landeira (Santiago). Gol: 1-0 m.8 Pape; 2-0 m.35 Fran Aínda de homenaxe Non foi fiel ao seu estilo nin á súa identidade un Dumbría co obxectivo cumprido e que non competiu demasiado na Fieiteira. Empezou moito máis forte o Riveira, que se adiantou moi rápido grazas a un bo remate de Pape. Fran, pasada a media hora, faría o segundo. Sen os dous fisterráns determinantes, Aarón e Adrián, o conxunto costeiro apostou por darlle a alternativa ao Xuvenil Fabio ou a homes como Charly, que competiran menos. Na segunda metade foi o canteirán precisamente o que gozou dunha das mellores para recurtar distancias, ao igual que Darío. Pero o Dumbría non era o Dumbría. Val do Ulla 2-0 Fisterra Campo: O Coto Val do Ulla: Rubén, Orosa, Álex, Javi (Sebas m.75), Julián, Neira, Gonzalo, Matthew, Franqueiro (Carlos m.68), Jacobo e Coria (Arén m.86) Fisterra: Norberto, Rubia, Fabián (Álex m.65), Piti, Robertín, Tati, Jesús (Ezequiel m.46), Pablo Lestón (Jorge m.61), Adri, Roa e Bruno Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Franqueiro, Neira, Gonzalo e Álex do Val do Ulla Goles: 1-0 m.38 Coria; 2-0 m.67 Neira Un rival 2.0 A moi mellorada versión do Val do Ulla, con fichaxes como os ex Compostela ou Santa Comba Coria e Julián, venceu ante unha SD Fisterra que finalmente chega á última xornada sen os deberes feitos e coa necesidade de sumar un punto na última xornada. Dúas accións mal defendidas no ecuador de cada parte sentenciaron aos de Nacho. Pouco antes do descanso, Coria castigaba un córner no que Norberto no acertou a sacar o balón, que lle caeu plácido no segundo pau ao uruguaio. Xa na reanudación, de novo un centro con segunda acción mal defendida foi rematada esta vez por outro clásico, Neira, para converter o segundo. Outes 0-2 Silleda Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Pose (Dani Corniños m.76), Chía (Yago m.50), Martín, Eli, Chúa, Jura (Simón m.85) e Mario Silleda: Carballude, Diego, Nogueira, Jorge, Costoya, Espantoso (Cangas m.75), Manuel (Taboada m.61), Rubén (Iglesias m.67), Peón, González e Cuíña Árbitro: Rego Rodríguez (Santiago). Amonestou a a Pose do Outes; Carballude, Manuel, Rubén, Peón e Cuíña do Silleda Goles: 0-1 m.47 Costoya; 0-2 m.73 Ricardo Porca miseria! Negoulle o 'si, pódese' a Fortuna a un Outes que fixo prácticamente todo o que estaba nas súas mans para levar o encontro ante un Silleda que lle precedía na táboa, e que queda nunha situación propicia para salvarse. Só a permanencia de Soneira e Bertamiráns podería manter aos costeiros, que nin vencende no último encontro mellorarían a situación. Foi unha loita honesta e abertísima, con moi mala sorte de inicio para os de Cambeiro, que no descanso xa estrelaran dous balóns na madeira. Xusto ao comezar o segundo acto, un balón mal rexeitado e morto no área foi aproveitado por Costoya para facer o 0-1, mentres que no ecuador da segunda metade, e tras unha clamorosa falta sobre Elías, Ricardo montou unha contra para facer o segundo. Sporting Zas 5-3 Villestro Campo: San Andrés Sporting Zas: David, Diego, Alberto (Álvaro m.78), Anxo, Pablo, Javi, Fabi, Dani (Calo m.88), Bruno, Josito e Róber Villestro: César, Jose, Brais, Alberto, Martín, Víctor (Hugo m.79), Jose Manuel, Aarón, Álvaro, Marcos e Dani Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Expulsou a Diego (m.83) e Pablo (m.88), ambos do Sporting Zas. Amonestou a Dani e Manu do Sporting Zas; Jose, Martín, Jose Manuel e Álvaro do Villestro Goles: 0-1 m.4 Marcos; 0-2 m.5 Marcos; 1-2 m.12 Alberto; 2-2 m.42 Josito; 2-3 m.56 Víctor; 3-3 m.61 Pablo; 4-3 m.67 Dani Mato; 5-3 m.90 Josito Demasiado tarde Acadou por fin un triunfo un Sporting Zas que acabou con nove homes e que remontou ante outro rival tamén descendido. E iso que os costeiros remontaron unha desvantaxe de dous goles cando só ían catro minutos (un rexeite do longueiro e unha acción persoal de Marcos). Os locais medraron e sen a presión doutras xornadas, ademais de con moitas novedades no once, foron meténdose no encontro. Alberto acurtou distancias no rexeite dun penalti. Josito, xusto antes do descanso e tras unha falta del mesmo, empatou. Xa na segunda metade, Pablo, de cabeza, e Dani, de chilena, remontaron o 2-3 que fixera o visitante Víctor. Tarde sen historia entre equipos condeados.

Comentarios