Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: Siniestro total? Non, ante todo 'mucha' calma

Primeira Galega: Siniestro total? Non, ante todo 'mucha' calma
Hai cantidade, hai calidade... pero só o Fisterra acadou os tres puntos, nunha xornada contraria aos intereses costeiros, pero con moita marxe para seguir confiando en tódolos representantes O Dumbría tomou a igualada como triunfo Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Seguros Reale en Baio e Ponteceso, patrocina a 1ª Autonómica Flavia 3-1 Sporting Zas Campo: O Souto Flavia: Chile, Manu, Roberto, Salva, Joel Pereiro, Kevin, Adrián, Damián (Bruno m.57), Andrés, Álex Pérez e Brais Sporting Zas: David Insua, Pablo, Anxo, Josito, Diego, Dani Mato, Bruno, Fabián (Rubio m.62), Roberto, Fuentes e Alberto (Andrés m.71) Árbitro: Romero Pardo (Santiago). Amonestou a Roberto e Brais do Flavia; Dani Mato e Roberto do Zas Goles: 1-0 m.35 Alberto, en propia meta; 2-0 m.70 Bruno; 2-1 m.80 Diego; 3-1 m.90 Álex Pérez Capear o temporal Con once xogadores titulares entre os que había 'tocados', catro xuvenís no banco acompañado a un Rubio mancado e a necesidade de cubrir posicións con futbolistas fóra do seu posto habitual. Así tivo que lidiar o Sporting Zas na súa visita a Padrón para medirse a un Flavia que non o tivo demasiado difícil desta vez. Dentro do cúmulo de circunstancias negativas estivo tamén o gol legal anulado a Anxo, e a prol o penalti errado polos locais. O encontro estivo caracterizado polo baixo ritmo físico, e foi nunha acción desgraciada de Alberto, que introduxo o balón na súa propia portería, cando rachou o marcador. Xa no segundo acto, unha acción moi discutida por fóra de xogo, o Flavia faría o segundo. Volcouse o Sporting Zas en busca da igualada, e Dieguito, de libre directo, acurtaba distancias. Manu, en boca de gol, tiña o segundo. Un penalti pitado en primera instancia e non concedido despois sacou dos nervios aos visitantes, que sufriron a típica arbitraxe santiaguesa. Xa na prolongación, e nunha contra, o Flavia facía o terceiro. Atlético Riveira 5-0 Outes Campo: A Fieiteira Atlético Riveira: Quiel, Marcos (Miguel Ángel m.46), Esteban, Joseíño, Aguado, Madiop, Adan, Fran, Ronaldinho Little, Pape e Lloyd Outes: Xandre, Borja, Chúa, Cutu, Maroñas, Pose (Cristian m.73), Martín, Mario, Elías (Samu 73), Quin (Simón m.55) e Jura Árbitro: Vilas Lorenzo (Santiago). Amonestou a Marcos e Madiop do Riveira Goles: 1-0 m.2 Pape; 2-0 m.48 Aguado; 3-0 m.55 Pape, de penalti; 4-0 m.61 Pape; 5-0 m.68 Pape Unha pedra no camiño Caeu goleado o Outes na súa visita Riveira, no que estaba a ser unha remontada rumbo á tranquilidade. Foi inapelable o resultado, xa desde o primeiro minuto, cando un grave erro defensivo deixaba a Pape diante de Xandre e inauguraba o marcador para os ribeirenses. A pesares da superioridade local, Elías disfrutou dunha opción inmellorable, nun man a man errado. Martín tampouco acertaría noutras dúas accións claras. O desastre chegou tralo intermedio. Sen apenas terse asentado no campo, Aguado repetía o guión inaugural. Pouco despois, Ronaldinho Little era derribado no área por Chúa e obxecto dun penalti tamén convertido por Pape. O africano compretaría a súa gran actuación nun segundo acto no que pudo caer incluso unha goleada maior. Val do Ulla 0-0 Dumbría Campo: O Coto Val do Ulla: Jorge, Carlos (Emilio m.54), Orosa, David (Manuel m.90), Matthew, Gonzalo, Julián, Javi (Jacobo m.58), Álex, Sebas e Coria Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Pablo Conde, Julito, Rivi, Manu (Cristian m.63), Iago, Darío Capelo (Charly m.85), Aarón e Adrián Árbitro: Villamor Rial (Lalín). Amonestou a Iván e Julián do Val do Ulla; Julito e Aarón do Dumbría Houbo que roelo Un punto máis traballado do agardado trouxo o Dumbría da súa visita a Val do Ulla, onde non pudo evitar que un rival directo de Zas e Outes sumase. Os locais, reforzados co ex do Santa Comba Julián e o ex do Compostela Coria, prantexaron unha batalla de contacto no medio campo, e tiveron como principal aliado un terreo de xogo de moi reducidas dimensións. Comezaron mellor, aínda que pouco a pouco foi mellorando un Dumbría moi serio e cun moi positivo debut de Julito no eixo da zaga. Houbo catro opcións moi claras para os costeiros no primeiro acto: Darío, Rivi, Adrián e Iago non tiveron o acerto doutros días. Tampouco o local Coria, nun man a man. Decreceu un pouco o ritmo na segunda metade, pero aínda dentro dun partido moi físico, pero que foi collendo cada vez máis cor branco. Só a actuación do meta Jorge privou dun resultado mellor para os intereses do líder. Antolóxica foi a parada que lle fixo a Adrián, nun disparo seco á cepa do pau. Fisterra 1-0 Puebla Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Fabián (Angeliño m.46), Breixo (Abel m.6) (Isma Leis m.60), Robertín, Roa, Tati, Piti, Roco, Cote e Bruno (Álex m.78) Puebla: Juan, Jorge, Pablo, Carlos Mos, Manuel (Mamadou m.82), Pablo Pérez, Moure, Rafa (Denis m.65), Benogo, Jonathan e Sergio Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amonestou a Tati e Robertín do Fisterra Gol: 1-0 m.82 Angeliño O que menos o necesitaba Quédalle unha soa vitoria ao Fisterra para que nin a máis calamitosa das carambolas lle poda mandar á Liga da Costa. O cadro verde era o representante da Costa con menos necesidade, e esta vez o máis solvente. Resolveu a visita dun Puebla algo irregular e con poucos recursos. Aínda así, e por mor do vento en contra para os locais, o peso e as oportunidades foron da cor barbanzán. Tiveron que defender demasiado atrás os de Nacho, que ademais deixaban demasiados espazos na medular e tiñan un debuxo moi longo. Os trocos mellorarían lixeiramente aos fisterráns na reanudación, e contra o final unha boa acción entre Isma Leis e Angeliño acabou cun gran remate deste para selar un novo triunfo con pasaporte á tranquilidade.

Comentarios