Venres. 11.10.2024
El tiempo

Promoción a Primeira: Que vaian pedindo o champagne...

Promoción a Primeira: Que vaian pedindo o champagne...
Un triunfo no vindeiro encontro na casa convertirá ao San Lorenzo en equipo de Primeira, despois de remontar nas Pedreiras a un Belvís que sorprendera durante a primeira metade O capi do San Lorenzo de Verdillo O San Lorenzo é case de Primeira San Lorenzo 4-2 Belvís
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto, Rubén, Juanjo, Pablo, Adrián (Dani Pena m.64) (Javi Puñal m.80), Álex Taibo, Diego (Anxo m.90), Mario, Fuentefría (Rudi m.70), Kevin e Juni
  • Belvís: Antón, Aldrey, Jandro, Lino, Baña, Brais (Chano m.51), Nejo (Congo m.80), Adrián Cabado, Juan (Antonio m.60), Carlos (Jesús m.60) e Pereira
  • Árbitro: Juncal García (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.13 Mario; 1-1 m.15 Juan; 1-2 m.37 Carlos; 2-2 m.50 Juni; 3-2 m.57 Diego; 4-2 m.81 Juni
Acaricia coa punta dos dedos a Primeira Galega un San Lorenzo que de novo foi quen de repoñerse a un mal inicio para acabar sendo moi superior ao seu rival. Un triunfo a vindeira semana como local ante o Praíña deixaría todo feito para os de Óscar Suárez. Outro santiagués, o Belvís, foi a víctima nesta ocasión. Deixou unha moi boa imaxe no primeiro acto, no que incluso acabou con vantaxe no marcador. Mario executara a gol con mestría un libre directo, pero só un minuto despois Juan neutralizaba esa vantaxe, e pouco antes do intermedio Carlos, nun bo remate, volteaba. A calor e certo exceso de respecto xogaron en contra dos carballeses, que deberon deixar tódolos complexos nos vestiarios e arrollaron na reanudación. Juni aproveitou un balón morto para igualar, mentres que Diego, de vaselina, destaba a histeria no case medio milleiro de seareiros congregados nas Pedreiras. Compretou o triunfo e deu a tranquilidade un novo tanto de Juni, a falta de oito minutos.

Comentarios