Luns. 29.04.2024
El tiempo

Promoción: Por centímetros

Promoción: Por centímetros
A tivo o San Lorenzo preto do final para remontar en Teo ante un rival intensísimo de saída pero con menos calidade que un cadro carballés que foi de menos a máis O San Lorenzo a tivo nas mans Praíña 1-1 San Lorenzo Campo: De Reyes Praíña: Breixo, Ibán, Álex, Diego Salgueiro, Johny, Dono (Juanma m.56), Sende, Adrián, Trenco (Gesto m.62), Jose e Ameijeiras (Andrés m.56) San Lorenzo: Javi Souto, Rubén, Juanjo, Rudi (Samuel m.73), Adrián, Pablo Díaz (Ángel m.90), Mario, Diego, Juni, Fuentefría e Dani Pena (Kevin m.46) Árbitro: Enríquez Pereiro (Santiago). Amonestou a Breixo e Adrián do Praíña; Pablo e Rudi do San Lorenzo Goles: 1-0 m.12 Dono; 1-1 m.80 Fuentefría Punto de arranque Empezou mal, pero ben pudo ter sacado tres puntos o San Lorenzo do seu debut na promoción de ascenso, nunha tarde excesiva no climatolóxico e moi dura nunha batalla física prantexada polos locais. Un saque de curruncho ao pouco de comezar foi a benvida para os carballeses, con baixas e coa idea de resistir ordeados. O paso dos minutos xogou en virtude da calidade, e aí acabou por impoñerse o representante costeiro, que igualou cun cabezazo de Fuentefría a centro de Diego a dez minutos para o final, e que tivo o triunfo a man nos compases finais, tras un man a man de Juni rexeitado polo porteiro local e que Fuentefría lamentou como un defensa sacaba baixo paus. A xustiza da igualada a determina o empuxe santiagués nunha sufrida primeira metade.

Comentarios