![escola galega adestradores]()
A finais deste mes de xullo a
Escola Galega de Adestradores fará públicas as datas de inscripción para os cursos de adestradores na Costa (UEFA A, UEFA B e MONITOR), como nos dous últimos anos, os cales viñéronse desenvolvendo
en Baio (UEFA B) e Carballo (Nivel 2, que a partir desta tempada pasa a denominarse UEFA A). Os de monitor na pasada tempada desenvolvéronse en
Santa Comba, Muros e Muxía, con máis de 60 inscritos, moitos deles con intención de matricularse nos seguintes niveis.
Como xa é coñecido, na tempada que se inicia en setembro,
todos os adestradores, para poder sentarse nos banquiños e dirixir aos seus equipos, deben de estar titulados. Para esta campaña,
en 1ª Autonómica pídese o nivel 1 ou UEFA B (para a próxima será o nivel 2 ou UEFA A), mentres que
en 2ª e 3ª o nivel requirido será en de MONITOR, pero conscientes de que para a campaña 2017/18 será o nivel UEFA B e na 2018/19 xa o UEFA A (en 2ª), e en 3ª será MONITOR (2017/18) e UEFA B (2018/19).
Ademais, para os equipos de base é obligatorio ter, polo menos, un adestrador titulado para cada dous equipos de fútbol 8, sendo o titulo necesario o de MONITOR, ata xuvenil local, nestas dúas tempadas, pero a partir das 2018/19 esixirase en xuvenís o título de UEFA B.
É certo que non fai moito os equipos queixábanse da case nula existencia de adestradores titulados na zona da Costa, pero nos tres últimos anos, a Escola Galega de Adestradores, a través a súa Escola na Costa, leva convocados dous cursos de UEFA B (con 30 titulados nos mesmos), e un de UEFA A (con 16 titulados), mentres que de MONITOR son xa seis os cursos desenvolvidos (Dumbría, que foi o primeiro; Santa Comba (2), Fisterra, Muros e Muxía), cunha participación próxima aos 140 monitores, facendo un total de
máis de 200 adestradores participando nos cursos dos últimos 3 anos.
Para o próximo mes de setembro está prevista a celebración dun novo curso de monitor, pois o Concello de Zas, que xa acolleu o curso de UEFA B a pasada tempada, mostrou a súa predisposición a que se celebre o de MONITOR no seu Concello, e posiblemente sexa presentado e convocado nos primeiros días de agosto para iniciarse en setembro.
Tanto o director da Escola Galega de Adestradores,
Manuel Mosquera, como o delegado da mesma na Costa,
Manolo Corredoira, móstranse ilusionados de cara aos próximos cursos, pois é moi importante seguir potenciando cada vez máis aos técnicos o que, sen dúbida, redundará en beneficio dos Clubs e futbolistas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).