Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Razo escolleu os campións de Europa do surf sub-16

Razo escolleu os campións de Europa do surf sub-16
Proba de surf sub16 en Razo Ambientazo en Razo para a proba Rip Curl GromSearch -Foto-Edu Bartolomé

Albergar un campionato de Europa non é cousa miúda. A praia carballesa de Razo acollía este pasado martes 1 de novembro, a final continental da Rip Curl GromSearch en categoría Sub-16. A calidade das olas e o alto nivel de surf foron as notas máis destacables do evento, repartido en dúas xornadas competitivas, que congregou ás mellores promesas do surf de España, Francia, Portugal, Reino Unido e Italia por baixo dos 16 anos.

Tras unha primeira xornada de toma de contacto na zona da Cabreira, a competición dispoñía este martes róldalas finais da proba. O anunciado descenso da marexada obrigaba a desprazar a competición á zona da Explanada. Todo un acerto, pois as olas non puideron brindar un mellor campo de xogo aos mozos surfistas, que sacaron a relucir a súa mellor arte sobre as olas galegas.

Finalmente o canario Yael Peña e a británica Ellie Turner quedaron campións de Europa e logran así a clasificación para a final mundial do circuíto Sub-16 máis recoñecido internacionalmente.

O canario Yael Pena en Razo-Foto-Edu Bartolome-RipCurl O canario Yael Peña en Razo-Foto-Edu Bartolome-RipCurl A britanica Ellie Turner a mellor en Razo-Foto-Edu Bartolome-RipCurljpg A británica Ellie Turner a mellor en Razo-Foto-Edu Bartolome RipCurl Diego Suarez en Razo Diego Suarez en Razo- Foto- Edu Bartolome-Rip Curl

Tamén estiveron entre os mellores Diego Suárez (Canarias), e Sean Gunning (Cantabria), que lograban acceder a semifinais. En féminas, a vasca Nadia Erostarbe metíase na final, deixando atrás a duras rivais como Uhaina Joly (Francia) ou Carolina Santos (Portugal).

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios