Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Red Eléctrica achega 15.000€ para o Gran Fondo Ézaro

Red Eléctrica achega 15.000€ para o Gran Fondo Ézaro
O-alcalde-de-dumbria-e-o-delegado-da-zona-de-Red-Electrica-asinaron-onte-un-convenio-de-colaboracion O alcalde de Dumbría e o delegado da zona de Red Eléctrica asinando un convenio Xa está en marcha un dos espectáculos deportivos de maior tirón (turístico) da Costa da Morte: Gran Fondo Ézaro. Precisamente onte a compañía Red Eléctrica España asinou un convenio de colaboración económica coa proba mediante unha achega de 15ooo€. José Manuel Pequeño - alcalde de Dumbría - e Carlos González Patiño - delegado rexional Noroeste de Red Eléctrica de España - asinaron onte dito convenio de colaboración para a celebración da carreira ciclista que terá lugar no vindeiro mes de xullo. Na actualidade, o Gran Fondo Ézaro está considerado como un referente na realización deste tipo de probas e serve como fluxo de atracción turística de primeiro nivel no comenzo do verán, polo que socialmente supón un evento de especial relevancia. Na edición deste ano participarán ciclistas de recoñecido prestixionacional e internación da talla de Angel Casero, Ibán Mayo, Chechu Rubiera, Marcos Serrano, Oscar Pereiro, Alvaro Pino, Joseba Beloki, Ezequiel Mosquera, entre outros.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios