Redención

- Algunhas das vítimas da pasada xornada, como Dumbría e Cee, deben autoimpoñerse un triunfo na casa para pechar feridas.

Unha semana de mala resaca pode terminar por fin para Dumbría e Unión Club Cee, os dous grandes perdedores da anterior xornada, cun sete e oito a cero en contra, respectivamente. Como o soldado que retorna derrotado da guerra, abrirán a porta da casa onde esperan atopar unha paz redentora, ademáis con encontros nos que teóricamente teñen máis de gañar que de perder.
Preferente Norte: O espello combés
Se o Agrupación Estudiantil parecía días atrás o rival perfecto para a primeira victoria do Xallas, algo semellante sucede neste caso cun O Val que chega ao Conco como penúltimo na táboa e un prato bo de dixerir para o Dumbría. Pola súa banda, menos pracenteiro semella o menú de viaxe a Riveira para un Xallas que, iso si, medra xornada a xornada.
Primeira Autonómica: O faraón chega ao Cairo
En plena celebración das súas Bodas de Ouro, un Soneira dominador da liga (e despois de celebrar o venres a Gala do 50ª Aniversario do club) visita O Cairo, onde o Corme sempre resulta competitivo en chave de derbi. Pola contra, está a realidade e os antecedentes das xornadas previas, nos que podería falarse dun ataque en estado de gracia contra un defensa percebeira que non atravesa o seu momento máis fiable. Moitos supervivintes da final da Copa da Costa Xuvenil entre ambos, e de seguro un ambiente espectacular. Deben ser optimistas e sacar algo positivo os representantes costeiros na casa, como o Baio co Val do Ulla, o Malpica fronte ao SIgüeiro e un Outes que é superior ao Tordoia. Máis duro adivíñase o Sofán-Agolada, aínda que o conxunto da provincia de Pontevedra faise forte no Hospitalillo, onde a semana pasada arrasou ao Malpica.
Liga da Costa: O Tourmalet e o Alpe D´Huez
Están a acostumarse a partidos entre 'gallitos' tanto un Baíñas como un San Lorenzo que conflúen no Municipal de Vimianzo. Despois de perder a condición de 'gánalotodo', os de Verdillo prometen un choque de estilos, con moito futbolista coñecido nun e outro lado e algúns dos mellores futbolistas da comarca de Bergantiños. Fundamental serán a fortaleza física no centro do campo e as xogadas a balón parado. Doutro pau é un Cee-Mazaricos non especialmente decisivo na táboa, pero si fundamental para a honra local. O líder, o Ponteceso, ten unha trampa no 'partido Alberto Pose' fronte ao Cerqueda. Os de Emilio Uzal, novatos, teñen incluso moitos máis anos de fútbol federado que os de Barca, cunha media de idade máis baixa. Imprevisible debería ser a palabra para a visita do Ameixenda a Castriz. Os de Cee, grandes nos derbis de proximidade, teñen tamén amosado unha cara máis negativa.
Terceira Autonómica: Cabo D'Area, epicentro
Toda a atención para Laxe no partidazo entre o segundo e o primeiro clasificado, e os dous máximos favoritos ao ascenso. O Corcubión parece ter atopado certas dificultades nas dúas últimas semanas, aínda que o alto nivel defensivo dos dous equipos augura unha cita de distancias curtas.
Fútbol base: A por todas
Victoria B en xuvenís e Val Miñor a domicilio en División de Honra Cadete deben ser asequibles para os de Diego Lobelos e Huelvis respectivamente. O Dumbría segue a asaltar a cabeza.
E a todo isto, hai que engadirlle que arrincan as Ligas Comarcais de Fútbol Sala.
Preferente Norte, xornada 10
Primeira Autonómica, xornada 8
Segunda Autonómica, xornada 8
Terceira Autonómica, xornada 6
Xuvenil - Liga Galega, xornada 7
Dumbría | 24/10 - 17:00 | Victoria B |
Cadete - División de Honra , xornada 7
Val Miñor | 24/10 - 18:00 | Dumbría |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 8
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 8
Primeira Cadete, xornada 7
Primeira Infantil, xornada 7
AlevínCosta Sur F8, xornada 4
BenxamínCosta Sur F8, xornada 4
Veteranos, 1ª División, xornada 6
Veteranos, 2ª División, xornada 6
Crónicas da semana
- Xuvenís: Xallas e Cee destacan no Sur e o Ponteceso manda no Norte.
- 3ª Autonómica: Pésima imaxe.
- 2ª Autonómica: Vergonza para o Unión.
- 1ª Autonómica: Sequía entre baños.
- Preferente: Para o carro, José.
- Resultados da xornada futboleira: Retratados.
- Baio e Carballo acollen os novos Cursos de Adestrador dos Niveis 1 e 2.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).