Martes. 19.03.2024
El tiempo

Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís

Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís

O vindeiro martes 26 de xuño haberá unha importante reunión no fútbol da Costa. Xa repasamos a semana pasada varias das novedades importantes que se van votar e decidir ese día, e hoxe damos conta das propostas relacionadas coa Liga Xuvenil, tras o "barro competicional" deste curso, no que se disputou unha copa algo desanxelada, entre outras deficiencias.

I é que Malpica e Corme veñen de presentar as súas propostas para a competición de cara a vindeira tempora das Ligas e Copa da Costa Xuveníl. Só o feito de que as propostas partan de nós xa é un éxito, pero ningunha propón unha liga de 20 equipos, como acontece en Cadetes en infantís, argumentando que desmotivaría aos conxuntos que na metade da competición estivesen na parte baixa, que sería un forte gasto económico para os equipos, e que non habería tempo suficiente para xogar a Copa.

Proposta da SCD Malpica

O Malpica propón un sistema no tódolos equipos xogarían, como mínimo, 26 encontros (18 de Liga e 8 de Copa).

Con respecto á Liga, o Malpica propón manter o formato actual de Grupo Norte e Grupo Sur (con presumiblemente 10 equipos en cada unha). Xogaríase ida e volta (un total de 18 encontros), sendo os respectivos campións os dous equipos que xogasen directamente a fase de ascenso á Liga Galega.

Para coñecelo campión de toda a Costa, eses dous primeiros dos seus grupos disputarían o título entre eles, ben a doble partido (sorteando a orde) ou ben a un partido nun campo neutral (que sería aquel que decidisen os dous conxuntos implicados).

Con respecto a Copa da Costa Xuvenil, que comezaría ao remate da Liga, participarían tódolos conxuntos.
Cada unha das dúas ligas (norte e sur), dividiríanse en dous grupos, sumando un total de catro grupos con cinco equipos cada un. A agrupación propoñemos que se fixera por pares e impares. Os partidos serían a ida e volta (como mínimo, cada equipo xoga 8 encontros).
Por exemplo: no grupo “A” estarían o 1º, 3º, 5º, 7º e 9º da liga norte; no grupo “B” o 2º, 4º, 6º, 8º e 10º do norte; no grupo “C” estarían o 1º, 3º, 5º, 7º e 9º da liga sur; e no “D” o 2º, 4º, 6º, 8º e 10º do sur.
En cada grupo clasifícanse os dous primeiros, polo que en total pasarían 8 que accederían aos cuartos de final (eliminatoria a ida e volta), entremezclándose os grupos ou mantendo o norte eo sur separados.

Logo virían as semifinais que serían a ida e volta. A final da Copa podería ser a un partido (nun campo neutral que elexisen os finalistas) ou a ida e volta.

Proposta do Corme

O Corme prantexa tamén unha Liga con 2 grupos de 9 ou 10 equipos, a 18 xornadas. Clasificaríanse os 3 primeiros de cada grupo á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, que xogarían a 6 xornadas. E os 2 primeiros, á fase.

Paralelamente xogaríase a Fase Previa da Copa da Costa, con 12 equipos, facendo 2 grupos de 4 equipos, por proximidade, eliminando, se fose necesario, aos últimos clasificados da Liga regular.
Os dous primeiros de cada Grupo se clasificarían, cos 6 da Fase de Ascenso (12 equipos en total) para a seguinte rolda da Copa, que sería unha Previa que parte dos Cuartos de Final (quedarían exentos os campeóns dos grupos da LIguilla de Copa e o campión da Liguilla da Fase de Ascenso).

Semifinais e Final, a 1 ou 2 partidos como se decida.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios