Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Repaso dos últimos movementos no fútbol da Costa

Repaso dos últimos movementos no fútbol da Costa
Achégase o verán e os movementos son constantes no fútbol da Costa. Mal momento, como dicía Alberto Pose, para as directivas, i é que son varios os clubes que afrontan a súa desaparición. Son, curiosamente, equipos relativamente novos, que naceron cunha ilusión tremenda, pero que parece que afogaron do duro e constante traballo que require manter un clube en competición. E mentres vemos que uns marchan, outros aparecen... Parece que aprender non aprendemos. Imos por partes.

Baixas e Altas

As Directivas do Pereiriña e do Pindo dimitiron, polo que ambos clubes quedan pendentes de que novos grupos se fagan co control, coa pantasma da desaparición sobre todos. De feito, esta semana poden ser dados de baixa na federación. Pola contra, dous novos equipos, polo de agora, inscribiranse na Federación: O Baíñas SD, co ex presi do Soneira Juan Silva ao mando, e o Ameixenda, cun nutrido grupo de rapaces con gañas de levar o nome da parroquia ceense por toda a bisbarra. Ollo a ese Baíñas, que Juan Silva non dá puntada sen fío, e xa pensa en chegar á Preferente en 3 anos. Con Pato xa como míster, varios históricos ceenses parecen comprometidos co clube vimiancés, que non escatimará en gastos. Parece que estará en todas as quinielas do ascenso.

Fusións de cores

Laranxa e verde que cor dá? Importante sería para a vila de Santa Comba a fusión entre Xallas e Santa Comba. Parece que se están achegando posturas, as directivas están convecidas de que é o único paso posible para salvar os dous equipos e manter a vila na Preferente, con ansia de subir a 3ª de novo. A vindeira semana as Asembleas poderán aprobar definitivamente a fusión, polo que estaremos atentos a calquera movemento.

Movementos nos bancos

Haberá moitos máis de seguor, pero polo de agora os máis interesantes son os seguintes:
  • Tándem no Cee: Floreal e José Carlos serán á fronte do UC Cee, que buscará volver á 1ª tras este mal ano.
  • Papi volve a Muxía, e falta lle fai a este equipo que leva un par de tempadas sen levantar cabeza. Parece que o proxecto está ilusionando na vila da Barca e moitos xogadores que estaban espallados pola Costa volverán a Arliña a vindeira tempada.
  • Manolín retírase na súa casa: E xa o dixo: "Espero que o Corcubión estea cando falnte 10 xornadas con opcións de facer algo, se cadra entre os 5 primeiros". O adestrador xa ten xente pendente de volver a casa para facer un equipo moi competitivo.
  • José Sánchez Dasilva será o entrenador do Independiente para o ano que vén, substituído a Gorri. E Posiblemente leve con el para o equipo carballés a Benitez.
Entrementres, no Soneira seguen buscando candidatos para a Directiva e para o banco, pero a cousa non parece moi clara. Co que xa non poderán contar será con Kike, confirmado como fichaxe do Noia. Por Zas, ante a non renovación de Corredoira (que chegou, salvou ao equipo e gañou a Copa de Xuvenís), o cadro busca míster. Outro clube en proceso de cambio é o Ponteceso. Mato dimitiu e Marco tampouco seguirá no banco, a cal será ocupado por Nacho que estivo adestrando nas últimas tempadas ao Baio de xuvenís.

Reunión importante en Baio

O vindeiro martes 12 de xuño a Federación convoca aos clubes da Costa para unha nova reunión en Baio para preparar o plenillo da FGD, que se celebra a final de mes, seguramente o 27 de xuño. E polo visto, as propostas son ben interesantes, e abordaránse os seguintes temas:
  • PROPOSTA DO CORME CF para a vindeira temporada. ASCENSO A NOVA 1ª AUTONÓMICA: O Corme prantexa que non todos os equipos que ascendan vaian a zona de Santiago, unha das causas polas que o cadro azulón rexeitou o ascenso esta tempada.
  • COPA DA COSTA 2013: Proporase xogar ao rematar a liga. E á final a un só partido. Por fin unha proposta con xeito sobre o barro de competicións.
  • LIGA DE XUVENIS. Un só grupo na Liga e volver o formato anterior de Copa, onde participen todos.
  • FUTBOL BASE. volver o sistema anterior de competición.
  • GALA DO FUTBOL DA COSTA, que se celebrará o 30 deste mes de xuño en Muros e para o que xa hai candidatos dos premios.

Fútbol base

Hai novidades ademais no fútbol base. A pasada semana tiña lugar unha nova e importante reunión do fútbol da Costa en Baio. Asistiron representantes de As Baleas, Vicente e Faustino; de Coristanco, Lorenzo; de Baio, Marcos e Chema; de Cee, Juan; de Fisterra, Rubén; de Sofán, Rogelio; de Vimianzo, Paco e de Os Miudos, Vinto, e polo Zas, Stevo Lema. Pola Federación estiveron Benjamín e Diego. Diego tomou nota para pasarlle ao presidente da FGF o malestar polo tema dos arbitraxes. Pero o tema central da reunión era a xornada final da tempada, que se celebrará finalmente en Cee o día 16 de xuño a partires das 16'00 h. Equipos que participarán: Os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores 3º. Farán así 8 equipos en Benxamíns e 8 equipos en Alevíns. Xogarán eliminatorias en partidos de dous tempos de 15 minutos. Na final, que será ás 20:15h, os tempos serán de 20 minutos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios