Volvia o futbol da Costa outro fin de semana mais e con un sábado futboleiro cheo de goles e algunha que outra sorpresa. Xa dende a mañá a nova App do futbol da Costa e www.futboldacosta.com poñíase en marcha dando os goles en tempo real da man de Jorge Parri en algunha das categorias inferiores do futbol Costeiro.
Non tiñamos ningún partido adiantado tanto de Preferente coma de 1ªAutonómica que deixan os seus deberes para a xornada de Domingo, pero sí tiñamos partidos adiantados na 2ª Autonomica onde o Fisterra vencia na casa pola minima a un Carnota que non quere sair deses postos de cabeza e perdia 2-1, partido moi disputado por ambos lados no cal ningún dos dous pretenden deixar escapar moitos mais puntos. Cando a semana pasada o Fisterra estaba por debaixo na taboa de clasificación, nesta xornada xa está por riba do Carnota con 1 punto de diferencia. Noutro dos partidos adiantados, tiñamos o Corcubión que tamén vencía pola minima na súa casa o Volantes de Baño por 3-2, un Corcubión que despois de esa marcha dun dos seus últimos fichaxes Brais Lado que deixaba o equipo para irse para o Sporting Zas quería conseguir unha victoria para que os que están por encima non se escapen moito na conta de puntos e intentar pouco a pouco achegarse os equipos que van diante. No último partido deste sábado enfrentabanse o Cabana que está 15º na taboa clasificatoria frente a un Outes que vai 3º con un partido mais que os seu mais próximo perseguidor o Corme, que no caso de vencer na tarde de domingo, superariao na táboa clasificatoria. Partido moi emocionante onde os Cabaneses conseguian unha importantisima victoria. Na 3ª Autonómica só se adiantaba un partido a esta xornada, e non era outro co Ameixenda - Castrelo, onde os homes de Sieso vencían por 2-0 e póñense 6º empatados a puntos co Lira e dous por encima do Nantón pero con un partido mais. Partido aburrido por ambos lados onde o Ameixenda tivo mais pegada pero tamén tivo mais ocasións que un Castrelo que non foi capaz de coller o ritmo do partido nun campo tan grande como o de San Paio de Refoxos de Cee.En canto as categorias inferiores tíñamos a xornada completa de Xuvenís, onde no Gr.3 o Dumbría proclamaríase Campión de Liga a falta de dúas Xornadas para rematar a tempada. Os homes de Diego Lobelos e Oscar Leis gañaban o seu partido fronte o Fisterra por 0-4 tras unha primeira parte moi igualada e que o Dumbría adiantabase no último minuto. Na segunda o Dumbría levaríase claramente o partido. O Xallas de Santa Comba vencía claramente por 1-6 na casa do Muros, por outro lado o Cee vencía por 3-2 o Mazaricos despois de gardarse un minuto de Silencio polo falecemento da nai da Presidenta do Cee Elvira Freire. No último partido deste grupo 3 o Lira perdía unha vez mais e segue sen coñecer a victoria nesta liga, nesta ocasión perdía 1-3 fronte o Soneira. No Gr.4 o Cabana endosaballe a goleada da xornada a un Laxe que nada pudo facer ante a superioridade dos Cabaneses, mentras o Corme non quere despegarse desa cabeza e vencía en Camariñas por 0-2 o Camariñas que puxolles as cousas moi dificiles. En canto o Malpica empataba a 0 fronte o Baio nun partido moi peleado de principio a fin o Ponteceso vencía por 1-4 o Porteño nun partido dominado polo equipo visitante. O Muxía non foi capaz de vencer a un Coristanco que segue peleando por meterse neses postos de cabeza e perdía por 0-2 no Arliña de Muxía.Na División de Honra de cadetes o Dumbría non pasaba do empate fronte o Lugo e seguen mantendose a un punto de diferencia, onde seguen na mesma posición da clasificación tras perder o Lalin no dia de hoxe fronte o Deportivo, asi que o Dumbría unha xornada mais mantense nunha 6ª posición moi moi boa.
Na Liga Galega Infantil solo o XSC adiantaba o seu partido onde perdia por un apretado 0-1 fronte o Boiro. Mentras na Liga de Cadetes o Fisterra segue intratable pero seguido moi preto polo Zas. En Infantís o Cee segue sendo o lider indiscutible da competición. Mentras en Alevins o Dumbria e o Fisterra seguen pegandose por esa primeira praza en Benxamins o Outes manda e manda con autoridade.