Resultados do Fútbol da Costa na xornada de sábado

08:03 19/01/14

Volvia o futbol da Costa outro fin de semana mais e con un sábado futboleiro cheo de goles e algunha que outra sorpresa. Xa dende a mañá a nova App do futbol da Costa e www.futboldacosta.com poñíase en marcha dando os goles en tempo real da man de Jorge Parri en algunha das categorias inferiores do futbol Costeiro.
Non tiñamos ningún partido adiantado tanto de Preferente coma de 1ªAutonómica que deixan os seus deberes para a xornada de Domingo, pero sí tiñamos partidos adiantados na 2ª Autonomica onde o Fisterra vencia na casa pola minima a un Carnota que non quere sair deses postos de cabeza e perdia 2-1, partido moi disputado por ambos lados no cal ningún dos dous pretenden deixar escapar moitos mais puntos. Cando a semana pasada o Fisterra estaba por debaixo na taboa de clasificación, nesta xornada xa está por riba do Carnota con 1 punto de diferencia. Noutro dos partidos adiantados, tiñamos o Corcubión que tamén vencía pola minima na súa casa o Volantes de Baño por 3-2, un Corcubión que despois de esa marcha dun dos seus últimos fichaxes Brais Lado que deixaba o equipo para irse para o Sporting Zas quería conseguir unha victoria para que os que están por encima non se escapen moito na conta de puntos e intentar pouco a pouco achegarse os equipos que van diante. No último partido deste sábado enfrentabanse o Cabana que está 15º na taboa clasificatoria frente a un Outes que vai 3º con un partido mais que os seu mais próximo perseguidor o Corme, que no caso de vencer na tarde de domingo, superariao na táboa clasificatoria. Partido moi emocionante onde os Cabaneses conseguian unha importantisima victoria. Na 3ª Autonómica só se adiantaba un partido a esta xornada, e non era outro co Ameixenda - Castrelo, onde os homes de Sieso vencían por 2-0 e póñense 6º empatados a puntos co Lira e dous por encima do Nantón pero con un partido mais. Partido aburrido por ambos lados onde o Ameixenda tivo mais pegada pero tamén tivo mais ocasións que un Castrelo que non foi capaz de coller o ritmo do partido nun campo tan grande como o de San Paio de Refoxos de Cee. En canto as categorias inferiores tíñamos a xornada completa de Xuvenís, onde no Gr.3 o Dumbría proclamaríase Campión de Liga a falta de dúas Xornadas para rematar a tempada. Os homes de Diego Lobelos e Oscar Leis gañaban o seu partido fronte o Fisterra por 0-4 tras unha primeira parte moi igualada e que o Dumbría adiantabase no último minuto. Na segunda o Dumbría levaríase claramente o partido. O Xallas de Santa Comba vencía claramente por 1-6 na casa do Muros, por outro lado o Cee vencía por 3-2 o Mazaricos despois de gardarse un minuto de Silencio polo falecemento da nai da Presidenta do Cee Elvira Freire. No último partido deste grupo 3 o Lira perdía unha vez mais e segue sen coñecer a victoria nesta liga, nesta ocasión perdía 1-3 fronte o Soneira. No Gr.4 o Cabana endosaballe a goleada da xornada a un Laxe que nada pudo facer ante a superioridade dos Cabaneses, mentras o Corme non quere despegarse desa cabeza e vencía en Camariñas por 0-2 o Camariñas que puxolles as cousas moi dificiles. En canto o Malpica empataba a 0 fronte o Baio nun partido moi peleado de principio a fin o Ponteceso vencía por 1-4 o Porteño nun partido dominado polo equipo visitante. O Muxía non foi capaz de vencer a un Coristanco que segue peleando por meterse neses postos de cabeza e perdía por 0-2 no Arliña de Muxía. Na División de Honra de cadetes o Dumbría non pasaba do empate fronte o Lugo e seguen mantendose a un punto de diferencia, onde seguen na mesma posición da clasificación tras perder o Lalin no dia de hoxe fronte o Deportivo, asi que o Dumbría unha xornada mais mantense nunha 6ª posición moi moi boa.
Preferente, xornada 21
Xallas StComba | 19/01 - 16:00 | Silva |
Ribadeo | 19/01 - 16:30 | Soneira |
Dumbría | 19/01 - 17:00 | Ag. Estudiantil |
1ª Autonómica, xornada 19
Baio | 19/01 - 16:00 | Flavia |
Esteirana | 19/01 - 16:00 | Arzúa |
Puebla | 19/01 - 16:15 | Ponteceso |
Unión | 19/01 - 16:30 | Malpica |
Piloño | 19/01 - 18:00 | Camariñas |
2ª Autonómica, xornada 19
Fisterra | 2-1 | Carnota |
Corcubión | 3-2 | Volantes |
Cabana | 3-1 | Outes |
Corme | 19/01 - 16:00 | Porteño |
Muros | 19/01 - 16:00 | Camelle |
San Lorenzo | 19/01 - 16:00 | Castriz |
Cee | 19/01 - 16:00 | Mazaricos |
Indep. Carballo | 19/01 - 16:00 | Zas |
Buño | 19/01 - 17:00 | Sofán |
3ª Autonómica, xornada 11
Ameixenda | 2-0 | Castrelo |
Laxe | 19/01 - 16:00 | Nantón |
Coristanco | 19/01 - 16:00 | Cerqueda |
Corcoesto | 19/01 - 16:00 | Lira |
Seaia | 19/01 - 16:00 | Muxía |
Baíñas | 19/01 - 17:00 | Montelouro |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 20
Fisterra | 0-4 | Dumbría |
Cee | 3-2 | Mazaricos |
Muros | 1-6 | Xallas StComba |
Lira | 1-3 | Soneira |
- Descansa Outes e Esteirana.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 20
Porteño | 1-4 | Ponteceso |
Camariñas | 0-2 | Corme |
Cabana | 10-3 | Laxe |
Muxía | 0-2 | Coristanco |
Malpica | 0-0 | Baio |
- Descansa Castriz.
División de Honra Cadete, xornada 18
Dumbría | 1-1 | Lugo |
Liga Galega Infantil, xornada 18
Xallas StComba | 0-1 | Boiro |
Racing Ferrol | 19/01 - 11:30 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 10
Muxía | 0-4 | Xallas StComba |
Outes | 2-3 | Esteirana |
Coristanco | 1-4 | Cee |
Baio | 0-5 | Fisterra |
Muros | 1-3 | Cabana |
As Baleas | 1-7 | Zas |
- Descansa Corcubión.
1ª Infantil, xornada 18
Ponteceso | 5-4 (x.17) | E.M.F. Vimianzo |
E.M.F. Vimianzo | 4-3 | Outes |
Baio | 2-2 | Esteirana |
Sofán | 19/01 - 09:45 | Ponteceso |
Os Miudos | 19/01 - 10:15 | Fisterra |
Cabana | 19/01 - 10:30 | Coristanco |
Muxía | 19/01 - 10:30 | Corme |
Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 8
XSC B | 0-14 | Os Miúdos A |
XSC A | 6-4 | Os Miúdos B |
Fisterra | 3-1 | Esteirana |
Zas | 6-2 | Lira |
Outes | 1-1 | Cee |
- Descansa Dumbría.
Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 8
Dumbría | 3-6 | Esteirana B |
Fisterra | 7-2 | Esteirana A |
XSC A | 9-1 | Os Miúdos B |
Zas | 1-13 | Lira |
Outes | 3-2 | Cee |
XSC B 3-5 | Os Miúdos A |
Máis información
- APP “Fútbol da Costa”.
- www.copadacosta.com.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Liga Intermunicipios: O Baldaio toma o relevo.
- Xuvenís: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- 3ª Autonómica: O Baíñas escapa pero todos métense na loita.
- 2ª Autonómica: Os de arriba non perdoan:
- 1ª Autonómica: Só o Malpica suma de 3 en 3.
- Preferente: Soneira e XSC seguen nunha liña mala mentres o Dumbría mantén o ritmo.
- Resultados da xornada no Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- David Castro: 29273&opinion=1″>Un día polos 50 anos do Buño.
- David Castro: Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa.
- Anxo Garrido: A homenaxe da UD Cerqueda a Ángel Garrido en vídeo.
- Pablo Varela: A conta atrás do R.C. Deportivo.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Unha exposición estrea os actos do 50 aniversario do CD Baio.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).