Nova xornada completa de #futboldacosta con máis de 60 partidos en liza, e ademais traemos dende hoxe os resultados da Liga de Fútbol Sala de Cee. Pero antes de facer a análise, lembramos a importante data para esta semana, e aproveitamos para avisar de que os amigos do Ghañan Style, están argallando unha parodia relacionada co 50º aniversario da Copa da Costa, na que colabora QPC!
Reunión para a Copa da Costa 2013
Este vindeiro xoves 14 de marzo, ás 20:00h terá lugar unha reunión no Pavillón de Baio para realizar o sorteo da Copa da Costa 2013.
Os que non queiran participar, deberán avisar antes da cita.
Análise da xornada
E comezamos o repaso pola Preferente, na que descansaba o Soneira. E Dumbría e Xallas de Santa Comba non tiveron a sorte de cara e seguen vendo como se escapan os postos de ascenso. Os de Corredoira protagonizaban o partido da xornada na Pref. ante todo un Bertamiráns, que queda agora 2º tralo empate en Fontela, nun partido con demasiado respeto, e a vitoria do Grixoa. O Boiro non pasaba do empate na casa co Carral, polo que esa 3ª praza queda a 7 puntos dos xalleiros e a 11 do Dumbría. I é que os de Canosa volveron de baleiro na saída sabatina a Sada.
Na 1ª Autonómica, resultados dispares para os nosos, pero boa colleita, pois os que máis o necesitaban sumaron os 3 puntos. De feito, tanto Camariñas como Ponteceso saen dos postos de descenso. Os dous tiñan saídas clave, a Amio e a Cacheiras, e non fallaron. Ambos por un solitario tanto de Brais Triñares e Toniño que vale un mundo. Quedan a 1 punto do Fisterra, apretando a zona baixa dun xeito tremendo, pois dende o Amio, 10º, ata o Laro 16º, hai só 6 puntos de diferencia. Onte non podían os fisterráns co Riveira, que xoga noutra liga e así o demostrou ante un Fisterra con baixas. Por arriba, o Malpica empataba ante un da súa liga, o Arzúa e segue loitando pola 4ª praza.
Na 2ª Autonómica, o partido da xornada xogouse o sábado no San Paio de Refoxos. O líder, a Esteirana, visitaba o campo do 3º, o Cee, e o partido quedaba en táboas permitindo que o Baio aproveitase para recurtar co líder e ampliar co Cee trala súa vitoria no Cubaleiro. 4 puntos separan a Esteirana do Baio e 7 do Cee. Na liga de abaixo, o Montelouro quédase afundido tras caer co Carnota. Mazaricos (28 puntos) e Cabana (27) sumaban un puntiño no seu enfrontamento co que xa sacan 7 e 6 aos loureáns. Con 29 está o Outes, que caía nun final agónico co Sofán, e con 30 dous equipos que malia levar toda a liga en zona morna tampouco se poden durmir, como son o Volantes, que regalaba un 2-0 ante o Zas e acababa perdendo, e un Buño que vía como o Muros facía un partidazo e levaba os puntos.
A xornada 26 na 3ª Autonómica deixa ao Independiente Carballo máis líder. I é que a sorpresa chegaba coa vitoria dun Lira moi mellorado coas fichaxes de Javi da Milucha e Deme, en Camelle. Queda agora o IDC tras non fallar co pechacancelas, con 3 puntos sobre Camelle (este cun partido máis) e sobre Porteño, que collía aos seus veciños tras superar un partido importantísimo, como é ante o Cerqueda. Na loita pola Promoción, o Cerqueda deixa pasar ao Soneira B, que non fallaba co Baíñas, pero aínda saca 3 puntos ao Ameixenda (6º con 37 tras vencer no partidazo da xornada ao Muxía), 4 ao Laxe, e 5 ao Baíñas. Muxía e Lira, trala súa recuperación, quedan a 5 e 6 puntos da 6ª praza, polo que aínda contan.
En Xuvenís, o Cabana puido festexar a clasificación para a Fase de Ascenso á Liga Galega pero non o título. O empate o deixa con 4 puntos a falta de 2 xornadas polo que ten o campionato nas mans, e deixa ao Xallas de Santa Comba con tamén pé e medio na Fase. Así e todo, Malpica e Dumbría non tiran a toalla. Os malpicáns quedan a 3 puntos, e co golaverage a favor, mentres que o Dumbría está a 4 dos xalleiros e aínda teñen que enfrontarse a eles a semana que vén. Na Copa, o Muros xa se despide da competición a falta de 2 partidos quedando xa seguro nesa última praza do Gr.1, e o Soneira ten pé e medio fóra trala vitoria do Mazaricos en Corme.
En Liga Galega Cadete, o derbi zonal remato cunha clara vitoria local. Os dumbrieses de Óscar Leis e Diego Lobelos machacaron ao Bergantiños pero a vitoria non lles serve para recuperar a 3ª praza, de ascenso, pola vitoria do Ural, que segue 3 puntos por diante. En infantís, o Dumbría sumou unha nova vitoria e case que pode festexar que mantén a categoría.
En Cadetes queda a Liga practicamente sentenciada para a Esteirana, que suma 18 vitorias en 18 encontros, e saca xa 9 puntos a un Cee que perdía en Arliña o seu 3 partido. Tamén se lle escapa o título ao Cee en Infantís. Os ceenses non pasaban do empate en Cabana, e o XSC vaise a 5 puntos (cun partido máis).
En Veteranos, Soneira e Castriz quedan cun duelo cara a cara no cumio unha vez que o Cabana se despedía case que da loita polo título tras caer 2-0 co Coristanco, 4º. En 2ª, o Muros segue de capa caída e só saca agora 3 puntos ao Corcoesto. O Laxe é o único equipo que pode sacar un dos postos de ascenso a muradáns e cabaneses, estando 4 por debaixo do Corcoesto.
Preferente, xornada 28
Sada
1-0
Dumbría
Xallas StComba
0-0
Bertamiráns
Soneira descansa.
1ª Autonómica, xornada 26
Fisterra
2-5
Atl. Riveira
Amio
0-1
Camariñas
Malpica
1-1
Arzúa
Cacheiras
0-1
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 26
Cee
1-1
Esteirana
San Lorenzo
6-2
Dumbría B
Corcubión
1-4
Baio
Cabana
1-1
Mazaricos
Carnota
3-0
Montelouro
Buño
0-2
Muros
Volantes
2-3
Zas
Outes
0-1
Sofán
Castriz
1-3
Corme
3ª Autonómica, xornada 26
Ameixenda
3-2
Muxía
Soneira B
2-0
Xaviña
Camelle
0-2
Lira
Castrelo
0-4
Indep. Carballo
Nantón
1-1
Corcoesto
Porteño
1-0
Cerqueda
Coristanco
0-0
Alcaián
Descansa Laxe.
Baíñas - Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
Dumbría
2-2
Fisterra
Cabana
1-1
Xallas StComba
Ponteceso
1-4
Malpica
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 8
Baio
3-4
Muxía
Outes
8-1
Camariñas
Laxe
4-1
Muros
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 8
Esteirana
1-1
Soneira
Corme
1-3
Mazaricos
Coristanco
1-3
Cee
Liga Galega Cadete, xornada 25
Dumbría
4-0
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 5
Conxo
3-2
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Playoff polo Descenso, Grupo Norte B, xornada 5