Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada no #FútboldaCosta

Resultados e análise da xornada no #FútboldaCosta
Corme-Volantes-Foto-Isa Lema

Arrincou a 2ª Autonómica esta fin de semana e con ela só quedan a 3ª, os cadetes e os veteranos para volver aos tempos das fin de semanas completas de #FutboldaCosta. Onte xa repasamos o acontecido na xornada sabatina, e hoxe facemos o propio recollendo todos os resultados desta segunda fin de semana de setembro.

E facemos a análise desta xornada comezando coma sempre, dende arriba, dende a Preferente, que tiña unha sorpresa. Xa que malia estamos ao comezo da campaña, o inicio tan positivo do XSC e o regular do Soneira chocaban esta fin de semana co primeiro derbi da tempada que remataba con goleada visitante en Fontenla. O cadro de Candamo endosaba un 1-4 ao de Julio Martínez nun choque no exento de polémica pois o cadro xalleiro tivo 2 expulsións, o meta suplente Diego e Arnejo.
Polo demais, o Dumbría sumaba a súa primeira vitoria ante o Castro en casa, sufrindo máis da conta, cun gol de Doro que vale 2 puntos.
Ademais, o Bergantiños non deu tregua ao Carral ao que arrasou dende o comezo e acabou goleando, e queda 2º na táboa, imbatido como Ribadeo e Estudiantil.

Na 1ª Autonómica, gran debut da Esteirana que colleitaba unha vitoria ante unha volcada afección. Mentres, o Baio tamén estreaba categoría cun empate polémico ante unha actuación arbitral que puido ser perxudicial para os baieses. Ademais, Malpica e Ponteceso estreaban o taboleiro de puntos con sendos empates na Pobra e en Bertamiráns ante o filial, e o Camariñas non sacaba nada positivo da súa visita ao Villestro.

E como dicimos, abriuse o telón da 2ª Autonómica, este ano máis que nunca, dado o baixo número de equipos na 3ª, a auténtica Liga da Costa. E o primeiro líder non é outro que o Outes, que aproveitaba a debilidade dun Corcubión se cadra demasiado renovado como para estar fino a estas alturas, e levaba un 0-4 do Novo Cubaleiro. O resto foron vitorias pola mínima, varias fóra da casa, e varios empates. En casa gañou o Corme ao Volantes nun choque apretado, e fóra da casa, e por idéntico 1-2, venceron o Porteño, que sorprendeu ao Muros cun bo bloque; o Castriz, que aproveitou as súas armas a balón parado en Cee; e o Mazaricos, que empezou moi forte en Carballo e acabou vencendo ao Independiente cun home menos.

Dos xuvenís xa repasamos onte o máis importante, co Dumbría arrasando polo sur e o Laxe e o Ponteceso polo norte.

E tamén arrincaba a tempada en Infantís, pero con varios partidos aprazados para esta semana e un suspendido pola retirada das Baleas.

Cabana-Muxia xuvenil-Foto-Isa Lema

Preferente, xornada 3

Carral 0-3 Bergantiños
Xallas StComba 1-4 Soneira
Dumbría 2-1 Castro

1ª Autonómica, xornada 1

Baio 0-0 Agolada
Villestro 3-1 Camariñas
Esteirana 2-0 Cordeiro
Puebla2-2 Malpica
Bertamiráns B 3-3 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 1

Fisterra1-1 Sofán
Cabana 0-1 Carnota
Corcubión 0-4 Outes
Corme 2-1 Volantes
Muros 1-2 Porteño
San Lorenzo 1-1 Camelle
Cee 1-2 Castriz
Independiente 1-2 Mazaricos
Buño 2-2 Zas

Xuvenil, Gr.3, xornada 2

Mazaricos2-4Soneira
Dumbría4-0Outes
Xallas StComba8-0Lira
Muros0-8Esteirana
Fisterra3-0Cee
  • Descansa Corcubión.

Xuvenil, Gr.4, xornada 2

Castriz
Coristanco0-3Ponteceso
Laxe 7-0
Corme 4-4 Porteño
Camariñas 2-3 Malpica
Cabana 9-2 Muxía
  • Descansa Baio.

Liga Infantil, xornada 1

Outes 0-7 Cee
Ponteceso 12/09 - 18:00 Fisterra
Coristanco 3-3 Os Miudos
Corme * As Baleas
Baio 09/09 - 18:00 E.M.F. Vimianzo
Muxía 4-0 Sofán
Esteirana 5-4 Cabana
  • * As Baleas retirouse da competición.

Crónicas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios