- Rectificación: Tras falar de novo ca Federación, finalmente a retirada do IDC implica que o resto de partidos que quedan se dean por vencidos ao equipo rival pola media de goles recibidos do IDC ao longo da temporada. O IDC mantería en todo caso a súa praza de descenso e os xogadores, sempre que o equipo confirme a retirada, poderán xogar na mesma categoría.
Xornada completa esta última de inverno, aínda que non o pareza. E con moitas cousas interesantes, que deixan xa cousas listas, como o ascenso do Baíñas á 2ª Autonómica.
Pero imos paso a paso e comezamos o repaso pola Preferente onde se vivía un dos partidos da xornada, o derbi entre XSC e Dumbría, que quedou algo deslucido pola superioridade dos dumbrieses. Unha vitoria que deixa aos de Canosa máis metidos na Promoción aproveitando o empate do Silva ante o Residencia. Por abaixo, o Soneira non puido sacar nada da súa visita a Mugardos e segue de pechacancelas.
Fantástica xornada para os equipos costeiros da zona baixa da 1ª Autonómica. Camariñas e Ponteceso sumaron 3 puntos ante Cordeiro, nun choque vital, e Agolada e malia seguir nas dúas últimas prazas, o Camariñas suma 23quedando o Ponteceso con 21. A salvación, sen contar os arrastres, a marca precisamente o Lamela, que sorprendía cunha vitoria ante o Villestro, e o Cordeiro, con 26, pero ata os 29 puntos hai 3 equipos máis implicados. A Esteirana ten 32, e parece que non vai pasar apuros malia caer rotundamente ante o Piloño. E por arriba, o Malpica segue ao seu metendo presión ao Arzúa loitando pola segunda praza. Os queixeiros caían ante o líder, o Noia, polo que o Malpica queda a 2 puntos desa praza de promoción. Pola súa parte o Baio tamén vencía e queda nada menos que na 6ª praza.
Viña marcada a xornada da 2ª Autonómica pola retirada do IDC. O conxunto carballés leva xa moitos meses con problemas de efectivos e decidía retirarse da competición. Queda pois a táboa algo coxa.
Pero é que hoxe había un partidazo no Carral, entre Sofán e Zas, e o 3º podía co líder, deixando o alto da táboa nun pano. Espectacular a loita polo título, e pola promoción.
Ascenso do Baíñas
E a nova máis salientable da xornada foi o ascenso do Baíñas á Liga da Costa. Un equipo feito para ascender que só cedeu 8 puntos en 19 xornadas, e que consegue o ansiado ascenso con 3 xornadas de marxe.
Estivo vibrante a xornada na 3ª Autonómica, pois había ademais choques directos na loita pola Promoción. O Montelouro non fallaba ante o Nantón e ten o camiño doado cara o ascenso directo, quedando provisionalmente o Nantón, xunto co Muxía, fóra dos postos de promoción. I é que cadro muxián de Suso Rey non podía co Coristanco, que tamén dá un salto cara a Promoción, obtendo un colchón de 6 puntos con muxiáns e cabaneses. Co empate entre Lira e Seaia, quedan 5 equipos en 2 puntos, dos que só 3 se clasificarán para a Promoción.
Repaso ás categorías inferiores
Paso de xigante da Esteirana para acompañar ao Dumbría na Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os esteiráns podían co XSC e quedan con 15 puntos, 1 menos que o líder, sacando xa 7 ao 3º, agora o Cabana tras vencer ao Malpica. Uns resultados que deixan a Liga dos vencedores case sentenciada a falta de 4 xornadas.
Mentres, na Copa, o Camariñas e o Muros son os líderes dos dous grupos.
Se o Dumbría nada podía facer ante o poderoso Celta na División de Honra Cadete, o XSC sacaba un empatiño ante o Calasanz no Grupo de Descenso da Liga Galega Infantil que o deixa aínda a 8 puntos da salvación, pero con tempo para reaccionar.
Na 1ª Cadete o XSC arrasa mentres que o Cee xa é campión da 1ª Infantil. A falta de unha xornada o equipo de Carlos Pazos ten 3 puntos de vantaxe e o golaverage co Fisterra, que vencía ao Corme e impedía que os cormeláns tiveran opcións na última xornada. Parabéns para os ceenses, e enviamos un saúdo a Carlos Pazos, convalecente dun accidente de moto no hospital.
Os Veteranos con dificultades
E pelexada está a Liga de Veteranos. Hoxe non gañaban nin o 1º nin o 2º. O líder, o Coristanco non pasaba do empate a 0 en Verdillo, pero é que o Soneira caía ante o Xuv. Bergantiños e queda xa a 4 puntos, só 2 por riba do Bértoa, que se suma á loita.
Gal. Mugardos | 5-3 | Soneira |
Xallas StComba | 0-4 | Dumbría |
Piloño | 5-1 | Esteirana |
Baio | 3-1 | Puebla |
Camariñas | 3-1 | Cordeiro |
Agolada | 0-2 | Ponteceso |
Flavia | 0-1 | Malpica |
Fisterra | - | Indep. Carballo |
Cabana | 3-1 | Cee |
Corcubión | 1-0 | San Lorenzo |
Sofán | 0-2 | Zas |
Corme | 2-1 | Muros |
Buño | 0-1 | Porteño |
Volantes | 4-0 | Camelle |
Outes | 1-1 | Castriz |
Carnota | 2-2 | Mazaricos |
Laxe | 5-1 | Castrelo |
Corcoesto | 2-5 | Ameixenda |
Seaia | 0-0 | Lira |
Montelouro | 2-1 | Nantón |
Muxía | 0-1 | Coristanco |
Baíñas | 6-0 | Cerqueda |
Esteirana | 4-3 | Xallas StComba |
Dumbría | 4-0 | Corme |
Cabana | 5-3 | Malpica |
Ponteceso | 2-1 | Coristanco |
Baio | 1-2 | Porteño |
Castriz | 1-2 | Camariñas |
Muros | 1-1 | Outes |
Muxía | 4-1 | Lira |
Mazaricos | 1-4 | Cee |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 5
Muxía | 3-0 | Zas |
Outes | 4-8 | Fisterra |
Cee | 1-3 | Cabana |
Muros | 3-1 | As Baleas |
Corcubión | 0-6 | Xallas StComba |
Coristanco | 8-0 | Baio |
Sofán | 1-6 | Esteirana |
Vimianzo | 4-5 | Cabana |
Fisterra | 6-2 | Corme |
Outes | 2-4 | Ponteceso |
Os Miudos | 9-0 | Baio |
Cee | 6-0 | Coristanco |
Coristanco | 5-3 | Sofán |
Muxía | 6-1 | Corcubión |
Vimianzo | 12-0 | Baio |
Cabana | 5-2 | As Baleas |
Os Miúdos A | 8-1 | Os Miúdos B |
Dumbría | 5-0 | Esteirana |
XSC B | 2-0 | Lira |
XSC A | 4-3 | Cee |
Fisterra | 2-1 | Outes |
As Baleas B | 1-1 | Corme |
Coristanco | 1-2 | Sofán |
E.M.F. Vimianzo | 2-0 | Baio |
Cabana | 7-0 | As Baleas A |
Muxía | 10-0 | Ponteceso |
Os Miúdos A | 4-3 | Os Miúdos B |
XSC B | 4-0 | Lira |
XSC A | 1-0 | Cee |
Dumbría | 3-1 | Esteirana A |
Zas | 15/03 - 12:00 | Esteirana B |
Fisterra | 3-6 | Outes |
Outes | 6-3 | Baio |
Xallas StComba | - | Esteirana |
Cee A | 6-2 | Dumbría |
As Baleas | 0-2 | Corcubión |
Muros | 1-1 | San Román |
Nantón | 0-3 | Cabana |
Bértoa | 1-1 | Laxe |
Xv. Bergantiños | 3-1 | Soneira |
Ponteceso | 1-1 | Zas |
San Lorenzo | 0-0 | Coristanco |
Baio | 2-1 | Dumbría |
Camariñas Vet | 1-2 | Castriz |
Buño | 0-7 | At. Milagrosa |
Leiloio | 20/04 - 11:00 | Camelle |
Vimianzo | 1-2 | Sofán |
Corcoesto | 2-2 | Porteño |
Poniente | 4-1 | Malpica |
Cerqueda | 0-1 | Erbecedo |
Seaia | 1-6 | A Piña |
Brea | 4-1 | Peña Galicia |
Cereo | 2-3 | Laxe |
Baldaio | 7-1 | Valenza |
Rus | 2-1 | Cances |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte