Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Resumo da xornada: as ligas son moi longas

Resumo da xornada: as ligas son moi longas
Sabemos todos que as ligas son moi longas, e que as xornadas iniciais a veces son engañosas. Pero ben é certo que os equipos de inicio buscan situarse nos postos altos para traballar con tranquilidade e adquirir boas dinámicas que os lancen a facer unha boa tempada. Todo o mundo está loitando a cara de can e os puntos estanse a vender ben caros en todas as categorías. Todos os resultados en www.futboldacosta.com En Preferente, dúas boas novas: a primeira vitoria do Xallas de Noé, ante o At. Escairón, que parece que coa chegada de Doro ó equipo titular está a mostrarse en clara melloría, e a da S.D.Sofán en Arteixo, feudo tradicionalmente difícil, pero que agora alberga ó colista da categoría. En xornada sabatina o Dumbría non podía co Boimorto, equipo moi complicado na súa casa. En 1ª Galicia, vitoria do Soneira no derbi. Os soneiráns van claramente en progresión ascendente, contrariamente ó seu rival derrotado, o San Lorenzo, que non atopa o camiño da vitoria. O Fisterra vai de goleada en goleada e encarámase nos postos medio-altos da categoría, e o Baio non foi quen de sacar nada positivo na difícil visita a Sigüeiro. Na Liga da Costa xornada espectacular. Partidos emocionantísimos e moitos goles. O Muxía levouse os puntos sobre o tempo en Louro, o Cerqueda goleou en Coristanco, a Esteirana dou unha medida elevada das súas posibilidades goleando ó favorito Corme, o Cee derrotou ó invicto Camariñas, Ponteceso, Outes e Mazaricos volveron a ganar e mostran a súa candidatura ó título, e sobre todo esa vitoria do Lira ante o Zas nun espectacular 4-3. E na 3ª Galicia, máis espectáculo. Igualadas en Laxe entre dous favoritos, os locais e o Castriz. O Camelle levouse os puntos de Outes, e Nantón e Cabana impoñíanse na casa a Castrelo e Corcubión en dous partidos con moitos goles. Ameixenda e Muros igualaban, o mesmo que Volantes e Seaia, mostrando que todos os equipos son moi parexos nesta categoría.

Comentarios