Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Reválida no Pinguel

Reválida no Pinguel
  • Despois de caer en Fisterra, o Ponteceso protagoniza o partidazo da xornada, con motivo da visita do Castriz.
Imaxe do San Lorenzo-Ameixenda da semana pasada-Foto-David Pena Imaxe do San Lorenzo-Ameixenda da semana pasada-Foto-David Pena

Liga da Costa: Un troco na forza

Tócalle á Liga da Costa centrar a maior parte de atención, na que será undécima semana de competición. Nela, o Sporting Zas toma a alternativa no mando por primeira vez, despois de dous meses compretos de éxitos e victorias, e tamén de que o Ponteceso aprendera o que é non puntuar, na súa visita a Fisterra. Precisamente, os da comarca de Bergantiños terán a súa oportunidade de resarcirse con outro menú de órdago. Chega ao Pinguel un Castriz que ven amosando a súa candidatura ao título, pero que nos cruces directos non acaba de ser do todo fiable. Os rapaces de Barca deberán incrementar, ou recuperar, un nivel defensivo que en Fisterra foi irregular. Pola súa banda, o novo líder terá sobre o papel un cómodo compromiso en San Andrés de Zas ante o Volantes de Baño. Fronte a fronte estarán David Blanco e Yanky, seguramente dous dos catro mellores goleadores da competición. No resto da xornada, outro dos candidatos a todo, o Baíñas, terá un duro partido en Coristanco, cun rival que xa foi quen de parar ao Castriz. Na Ponte do Porto, o San Lorenzo non debería pasalo mal co Porteño, que loita por sacar a cabeza. Máis historia que presente ten o Cee-Camariñas, con dous conxuntos, iso si, que melloran co paso das semanas.

Preferente Autonómica: Durísimo para o Xallas

Bailará coa máis fea o Xallas, en pleno proceso de supervivencia, e que esta semana lle toca recibir ao Paiosaco. O único equipo invicto de toda a categoría atravesa o seu momento máis doce nos últimos quince anos, e promete levar unha presencia masiva de aficionados á Fontenla. Os combeses terán que pelexar con futbolistas determinantes, coma os dous Josiños ou Diego Lois. Pola súa banda, o Dumbría tentará sumar por cuarta semana seguida, esta vez con motivo da visita a un Chantada que pode considerar rival directo. Os brancos, ademáis, continúan no seu proceso de reforzo de efectivos.

Primeira Autonómica: Atención a Sofán

Chega o Outes a Sofán cun cartel de alerta na fronte, despois de ter sido o primeiro equipo da liga en cargarse ao líder, o Soneira. Fortes na casa, e cunha tendencia a medrar, os carballeses están no camiño para engancharse ao pelotón de cabeza. E nese cabeza segue a mandar Vimianzo, a pesares do recente tropezo. Debería ser o Piloño unha víctima propicia para que o Soneira retome a senda victoriosa. Do resto da xornada, debe aproveitar o Corme a visita do colista Caracacía para afundir a un rival directo e sumar a súa terceira victoria do curso.

Terceira Autonómica: Difícil para os dous primeiros

A Camelle e Muxía deberán viaxar respectivamente o Corcubión e o Laxe, os dous primeiros clasificados da liga e que se pinchan poden enganchar a dous equipos máis. O terceiro en discordia, o Monte Louro, non debería ter problemas para pasar por enriba do Lira no derbi sureño.

Fútbol base: A reconquista

Perdeu a primeira praza a pasada semana un Dumbría que non agardaba semellante pinchazo co Unión. Terán os pupilos de Lobelos unha viaxe longa e un rival compricado en Viveiro. Pola súa parte, o Cadete de División de Honra será o Celta o que visite o campo de O Conco.

E lembren que este sábado temos cita en Mazaricos coa historia do Fútbol da Costa.

 

Preferente Norte, xornada 13

 

Primeira Autonómica, xornada 11

Segunda Autonómica, xornada 11

Terceira Autonómica, xornada 9

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 10

Viveiro14/11 - 16:00Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 10

Dumbría15/11 - 12:00Celta
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 11

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 11

 

Primeira Cadete, xornada 10

Primeira Infantil, xornada 10

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 7

BenxamínCosta Sur F8, xornada 7

 

Veteranos, 1ª División, xornada 9

Veteranos, 2ª División, xornada 9

 

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios