Martes. 08.10.2024
El tiempo

Rocío Alvite, Míchel Antelo e o Olimpia, destacados costeiros no Circuito de Carreiras Populares da Deputación

Rocío Alvite, Míchel Antelo e o Olimpia, destacados costeiros no Circuito de Carreiras Populares da Deputación
MIchel Antelo Rocio Alvite e os atletas do Olimpia Míchel Antelo, Rocío Alvite e os atletas do Olimpia, protagonistas dos premios do Circuito provincial

Facía entrega onte a Deputación dos premios do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares. Un Circuito no que participaron 15.000 corredores nas 30 probas que o conformaban, pasando por concellos de Culleredo, Ponteceso, Cerceda, Carballo, Cee, Curtis, Muxía, Santiago, Ares, Ortigueira, Cambre, Cariño, Carnota, Betanzos, Ferrol, A Pobra, Ordes, Corcubión, Valdoviño, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Brión, Sada, Fisterra, Ames, Rianxo, Carral, Negreira, Boiro e Porto do Son.

E entre os gañadores atopamos varios nomes da Costa da Morte. Destacados son a mazaricá Rocío Alvite, campioa en categoría Absoluta e Veteranas, por diante de Eusebia Maldonado.

En homes, o vimiancés Míchel Antelo subiu ao podio cun gran 3º posto, por detrás de Amador Pena e Manuel Pérez López.

Ademais, en categorías de menores, o Club Atletismo Olimpia de Cee estivo entre os 3 clubs máis galardoados, levando 4 premios individuais e varios premios como equipo. Así, Carlos Valiña e Brais Lago Trillo arrasaron en categoría Xuvenil, acadando o 1º e 2º posto. A irmá do primeiro, Carla Valiña, foi 3ª en Infantís; mentres que Javier Rodríguez Castro, quedou campión en Cadetes.

Todo un éxito para a nosa bisbarra.

Atletas do Olimpia Os Atletas do Olimpia puideron asistir á entrega de Premios da Deputación

Carreira de Fisterra

A Carreira do Circuito Correndo pola Costa da Morte ten que cambiar de data, e pasa do 15 de outubro ao 12 de novembro, por mor da falta de permisos da Xunta.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios