Xoves. 18.04.2024
El tiempo

San Lorenzo - Corme (1-2): O título xuvenil case ten dono

San Lorenzo - Corme (1-2): O título xuvenil case ten dono
O partidazo da xornada na liga xuvenil disputouse nas Pedreiras de Verdillo o sábado pasado. O actual campión, o San Lorenzo, recibiu ó líder Corme coa intención de recurtar distancias na clasificación, pero foron os azuis os que se levaron o encontro con dous tantos do seu dianteiro Samu Costa, e collen unha distancia de 8 puntos, que vendo como está a liga, parece suficiente para poder apostar polo título cormelán. Queda a 2ª plaza no aire, pois o San Lorenzo con 46, e o Fisterra e Esteirana con 44, teñen todas as opcións, tendo en conta que quedan todavía 13 partidos para o remate e varios enfrontamentos directos entre os 3 equipos. Samu Costa anotou os dous tantos do Corme - Foto-Fin Lema S.D. SAN LORENZO: Benjamín, Diego Fidalgo, Alberto Fidalgo, Eloy, Pablo Garrido, Martín, Pazos, Aarón, Iván, Esteban e Brais Rey. Tamén xogaron Alex Rodríguez, Cotelo, Darío e Alberto Mato. CORME C.F.: Lucas, Angel, Brais, Aitor, Fran, Eloy, Javi, Noel, Manu Tasende, Manu Bermúdez e Samu Costa. Tamén xogaron Garrido, Alex Mato e Mauro. ARBITRO: Sr. Insua Lago, que amonestou por parte local a Alberto Fidalgo 14´ e Alex Rodriguez 65´, e por parte do Corme a Samu Costa 25´, Angel 75´, e Eloy 88´. GOLES: 0-1 43´Samu Costa   1-1 64´Alex Rodríguez  1-2 84´Samu Costa O encontro foi disputadísimo, como corresponde ás grandes citas. Ambos equipos sabían da importancia dos puntos e iso fixo que o encontro non fose excesivamente vistoso. O primeiro tempo estivo cheo de imprecisións por ambos bandos, pero rematando os 45 minutos iniciais unha boa xogada por banda dereita acaba nun centro que Samu Costa mandou ás mallas. 0-1 ó descanso. Xuvenis do San Lorenzo Xuvenís do San Lorenzo O San Lorenzo reaccionou no segundo acto. A saída de Alex Rodriguez ó campo fixo sufrir á defensa visitante, que vía como os locais igualaban por medio deste mesmo xogador tras un rexeite do gardameta. Samu Costa puido anotar nun man a man, e Cotelo tivo o 2-1 pero o cancerbeiro cormelán evitou o gol co pe. Nunha contra case co partido rematando unha indecisión de Benjamín e Pablo aproveitouna o máis listo da clase, Samu Costa, para poñer o resultado definitivo e dar un golpe enriba da mesa na liga. Oito puntos de diferencia entre os dous equipos que se resumen nos enfrontamentos directos, pois o Corme foi quen de vencer os dous partidos ante o San Lorenzo. Ambos adestradores contáronnos as súas impresións ó acabar o partido. O adestrador do San Lorenzo, Juni, díxonos que " o encontro foi moi disputado, puido gañar calquera dos dous, e o máis xusto quizais fora un empate". Sobre o conxunto rival, Juni opina que "están a facer as cousas ben e por iso van líderes destacados. Vexo a súa maior virtude en ser un equipo moi rocoso defensivamente. Nunha hipotética promoción será un rival moi difícil de superar, aínda que non coñezo demasiado ós posibles rivais nos cruces" Pola súa parte o adestrador do Corme Manuel Suárez "cordobés", contounos que "vin un partido marcado polo respeto mutuo, e condicionado polo terreo de xogo. Na primeira parte con mais posesión do San Lorenzo pero sin crear ocasións claras, e nos intentando xogar a contra aíinda que moi precipitados, de feito das poucas veces que fomos capaces de combinar conseguimos o primer gol. Na segunda parte abriuse un pouco mais o partido, Samuel tiña un man a man co porteiro que tirou o lateral da rede e nun roubo de balón no medio empatáronnos o partido. O resultado favoreciunos nesta ocasión pero o xusto creo que seria un empate, o partido non seria o mais vistoso da tempada pero creo que foi un partido donde se crece como xogador, moi disputado e de máxima concentración. O San Lorenzo posiblemente faga o mellor futbol da categoría, é un equipazo, sen dúbida o rival máis complicado que nos atopamos"

Comentarios