Santa Comba prepara o Trail Ruta do Wolfram
Xa está todo listo para que o vindeiro sábado 14 de outubro, os máis atrevidos se animen a facer o II Trail da Ruta do Wolfram polas Terras do Xallas, en Santa Comba. O Concello xalleiro artella unha completa xornada para todos os públicos, pois ademais das dúas rutas trail, haberá tamén unha andaina familiar.
A saída da ruta longa (30km) e da ruta curta (18km) do Trail será ás 16:00h, pasando polas minas de wolframio máis cinéfilas do país.
Para as probas hai que inscribirse en emesports.es.
A Andaina familiar sairá ás 15:00h e serán 8 km de camiños fermosos. Para a Andaina cómpre inscribirse no 981 818 710.
Xuntanza Cabalar
Antes, xa este domingo 8 de outubro, Santa Comba acollerá a VII Xuntanza Cabalar As Caselas. Xa dende ás 10:30 haberá xuntanza dos cabaleiros, paseo e comida con pulpeira. Cómpre inscribirse nos 659 82 50 20 ou 676 09 65 76.
Fonte
- Santa Comba.