Semanas de Maratóns

Non haberá liga na Semana Santa no fútbol da Costa. Pero si que haberá fútbol da Costa. E o fará a modo de maratóns. Unha serie de citas que comezan xa este sábado en Vimianzo, cun triangular das categorías base, e que continúa en Baio, Vimianzo e Esteiro nas datas santas.
Triangular en Vimianzo

Doble cita co fútbol sala para estas vindeiras datas. O Fisober FSF programou para este sábado 23 de marzo unha xornada de fútbol sala femenino no Pavillón Municipal de Vimianzo. Ademais, a familia da Esteirana prantexa para a Semana Santa o IX Maratón de Fútbol Sala Esteiro 2013.
O sábado 23 de marzo disputarase o I Triangular Alevin Deporte Galego Concello de Vimianzo que enfrontara os equipos alevíns do Meigas de Ames, o Viaxes Amarelle de A Coruña e o Fisober de Vimianzo.
Os horarios serán os seguintes:
- 16:00 h Fisober vs Meigas de Ames.
- 17:00 h Viaxes Amarelle vs Perdedor 1º partido.
- 18:00 h Viaxes Amarelle vs Ganador 1º partido.
Ó remate do torneo disputarase o partido de 2ª división entre o Fisober e o Cuatro Arcos Logroño, un dos partidos máis importantes da tempada para as vimiancesas, xa que una vitoria significaría a salvación matemática da categoría.
Na primeira volta o resultado foi de 0-3 favorable as da costa da morte, nun partido que se decidiu na 2ª parte. As rioxanas afrontan o partido ca moral polas nubes despois de acadar a semana pasada a 1ª vitoria da tempada ó derrotaren ó Flaviobriga por 3-0 polo que se presenta un partido moi igualado.
IX Maratón de FS de Esteiro

Os días 28, 29 e 30 de marzo, en plena Semana Santa, o Pavillón Xosé Lago de Esteiro acolle o IX Maratón de Fútbol Sala. Haberá 750€ en premios, e xa se poden inscricibr ata o xoves 28 ás 15:00h (50€ a inscrición) nos números 629 560 240 e 628 046 046.
Torneo de F7 en Vimianzo

Xa está en marcha o Torneo de Futbol 7 en Vimianzo que artella o Soneira SD. O sorteo realizarase o dia 29 ás 21:00h da noite na hamburgueseria London. Haberá 1.400 € en premios e a inscrición pode realizarse no 607 15 29 08 ou no 667 65 00 02.
Maratón de Baio

Os alumnos do IES de Baio artella un maratón que recadar fondos para a excursión de fin de curso, artellan un maratón de FS. A cita será en plena semana santa, os días 30 e 31 de marzo no pavillón baiés.
Como non, os premios son interesantes, 300 puntos para o gañador, 200 para o 2º e 100 para o 3º, sendo 50 a inscrición.
Os teléfonos de contacto para inscribirse antes do 27 de marzo son 660 382 516 e 671 438 067. O sorteo realizarase o venres 29 arredor das 21:00h.
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O IDC escapa e o Soneira B mete un pé na Promoción.
- 2ª Autonómica: A Esteirana faise máis líder a pesar do empate.
- 1ª Autonómica: 3 derrotas preocupantes.
- Preferente: Quedamos en terra de ninguén.
- Resultados e análise da xornada no #futboldacosta.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2013.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).