Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Sil: "Escapando da hipocresía e da demagoxia, non nos poñemos metas pero tampouco renunciamos a nada"

Sil: "Escapando da hipocresía e da demagoxia, non nos poñemos metas pero tampouco renunciamos a nada"
Sil adestrador do Volantes de Bano Sil, adestrador do Volantes de Baño, no derbi ante o Muros Un dos equipos máis en forma da categoría, con 4 vitorias consecutivas, e que non se quere baixar do carro do grupo de cabeza, é un recén ascendido. O Volantes de Baño está facendo unha temporada, e con só tres derrotas ante os grandes favoritos do curso, aínda aspira a todo, malia ter claros os seus obxectivos. Falamos con Sil, o seu adestrador.
  • QPC: Estades nunha serie moi boa de xogo e resultados. A que se debe?
Pois sobre todo a que melloramos moitísimo cando non temos balón. En canto a primeiro concentración e a partir de aí os fundamentos defensivos. Ademais creo que nas transicións estamos mpito millor. Si estás seguro defensivamente o equipo vai collendo confianza e de aí esta dinámica que temos agora e trataremos de manter. Porque no plano ofensivo estivemos a bo nivel casi sempre.
  • QPC: Cambiou o obxectivo do club nos últimos partidos?
Os obxectivos seguen sendo os mismos. No plano deportivo intentar primeiro manter a categoría. E a partir de aí non renunciar a nada en ningún partido. Competindos sen complexos e con calquera rival. Esto é a realidade. E de momento os obxectivos nosos marcámolos nós. Non nolos van marcar ninguén de fóra e menos se están basados no resentimento. Pero ademais digamos que o obxectivo fundamental e tratar de facer un equipo competitivo pensando no futuro e rodeándonos de xogadores comprometidos, competitivos e dunhas caracteristicas deportivas e cognitivas determinadas para cada vez sentirnos todos máis a gusto e cómodos si cabe.
  • QPC: Como esta a moral da xente?
En ese sentido andamos ben. Xa que os últimos resultados axudan. Pero nunca notei os chavales baixos. Ao fin e o cabo só perdemos con Mazaricos, Corme e Ponteceso. E creo quee pudemos rascar algo neses partidos tamén.
  • QPC: Que tal estades adestrando?
O tema de adestrar é moi complicado nesta zona. E quería destacar a implicación dos xogadores especialmente dos que por motivos de estudos e traballo viven fora e baixan a adestrar. Está claro que temos que mellorar e o adestramento é fundamental e así o entenden xogadores e club.
  • QPC: Que evolución ves nas estructuras do club? A onde pretende chegar o Volantes?
Nese aspecto, somos un club moi humilde, que intentamos crecer dando pasiños firmes en todos os ámbitos. Por tanto e tratando de escapar da hipocresía e da demagoxia non nos poñemos metas pero tampouco renunciamos a nada. En todo caso, a evolución notase en temas organizativos. E tamén en que o club ten moi claro o camiño e como andalo e ir esquivando as pedriñas que lle van poñendo.
  • QPC: Que che aportaron as novas fichaxes?
Creo que Jano nos fai mellorar no xogo aéreo, nos dá velocidade e contundencia defensiva. No caso de Álex experiencia, velocidade con balón e polivalencia, e ademais é moi oportunista. E Berto é un xogador moi rápido tamén, listo na área. E tamén xoga moi ben de costas, e é un xogador moi agresivo. E que dicir de Pesco, que ademais do xogador que é, é o primeiro en axudar, o primeiro en chegar... cunha implicación máxima. Todo un espello para os que empezan. Pero en xeral, sobre todo son xogadores que aportan grupo, bos compañeiros e comprometidos.
  • QPC: Ides reforzar mais o equipo?
Nunca se sabe. En principio non. Estamos cerca de ter o grupo que queremos. E tamén estamos en contrución constante esta tempada, porque temos moitas baixas constantemente. O outro día en Louro, tivemos 8, tan importantes como Saúl, Thiago, Raúl, Jose... E a verdade é que non me gusta falar das baixas porque todos que xogan contra nós tamén teñen... jajaja

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/2a-galicia-igualdade-no-mazaricos-muxia-que-acerca-os-perseguidores/

Comentarios