Martes. 08.10.2024
El tiempo

Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada

Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada
Laura Antelo subiu o podium no K2 infantil femenino

Un ano máis, a Copa Ibérica de Slalom abría o calendario do CDM Piragüismo Dumbría. A pista instalada no río Coura o seu paso pola Azeña de Pagade, na freguesía de Covas, presentaba máis nivel de auga do habitual nos últimos anos, sendo un pouquiño máis complicado tecnicamente, e facendo que os palistas máis novos tivesen que empregarse un pouquiño máis a fondo. Así e todo, 5 medallas e un 4º posto por clubes é un gran resultado.

O formato da competición é singular, e o despiste sobre quen se clasificaba para as finais e quen non era xeral. Mesmo así o CDM Piragüismo Dumbría colou a todos os seus palistas na final coa soa excepción de Antía Loira, unha das favorítas que se caia da ronda final o saltarse unha porta, e Javier Agosto, un pouco falto de forma neste inicio de tempada, e volveu a casa coa mellor colleita de medallas nunha competición autonómica dos últimos anos, cinco, e un excelente cuarto posto na xeral da competición.

O resto de palistas rendiron a un grán nivel, metendose todos nas finais. Aarón Rey na súa liña, fixo unha boa proba que o aupou o sexto posto da xeral, cuarto senior e segundo mellor galego nunha manga limpa de penalizacións. Marco Oreiro navegou moi bén, se mostrou xa moi forte físicamente cun excelente tempo na súa manga no grupo dos mellores canoistas da competición.

Pola súa banda, Kiara Martínez debutaba coma palista do centro e foi superada polos nervos, non estando cómoda en ningún momento da competición. O seu tempo foi bo, pero saltarse unha porta na final lle supuxo ter que conformarse cun discreto terceiro posto.
A sorpresa a deu Laura Antelo quen foi quen de subirse ó podium na categoría xuvenil cun excelente segundo posto despois dunha competición na que nesta vez foi ela quen se viu favorecida polos erros das demáis palistas.
Finalmente Lorena Costa e Jorge Quintáns fixeron podium na categoría infantil, segunda e terceiro respectivamente.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios