Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Tamaño líder, muchacho

Tamaño líder, muchacho
Puñetazo na mesa, ou mellor dito en San Andrés de Zas, dun Fisterra que tivo en Adrián Makaay ao seu líder; o San Lorenzo, ademais, caeu na locura de Coristanco O Fisterra dominou en Zas O Fisterra dominou en Zas Dous dardos na diana. Dúas balas de prata. dúas pastillas para manter a ilusión dun pobo volcado e que entrou en estado de éxtasis. Ese foi o regalo que lle brindou en forma de goles Adrián ao seu Fisterra natal. Era o día e o momento, un ultimatum en forma de partido no que os verdes deron a súa mellor versión, e destronaron a un Zas co que empatan a puntos, pero ao que lle levan o average particular. Foi un guión que parecía escrito polo Cristo de Fisterra, en colaboración cun Coristanco que na locura da Rocheira, esa caixiña de cerillas onde fan diabluras os pataqueiros, puxo a táboa patas arriba derrotando ao San Lorenzo. Ábrese unha miniliga de cinco partidos cun enfrontamento pendente entre o segundo e o terceiro. Pero a sensación de poderío que transmitiu o Fisterra en Zas foi tamén un pau para os seus rivais, conscientes da mínima marxe de erro para calquera dos tres. No resto da xornada foron Coristanco, Buño e Porteño os grandes triunfadores, cun sufrimento tanto na Ponte do Porto coma en terras oleiras, ante Ameixenda e Camariñas. Tínguese de negro o panorama para os ceenses, aos que parece facérselle moi longa a segunda volta. E a noticia triste da fin de semana estivo en Muros, co falecemento do irmán do mediocentro Varito, motivo de suspensión automática do Mazaricos-Volantes de Baño. Houbo tensión e máis no Soneira-Lesende, onde os vimianceses mantiveron in extremis o pulso na carreira. Perdían antes da prolongación e remontaron con dúas penas máximas que desataron a ira noiesa. Houbo presencia das forzas do orde público. Non foi unha xornada positiva para os costeiros, coa insospeitada derrota do Baio en Palmeira e a molesta do Corme na casa co Outes. Quedan o fío da navalla preto deles. E tampouco pudo o Sofán co Piloño, a pesares do pinchazo do Cordeiro. Un escalón máis arriba, na Preferente, o Xallas sacou un puntazo contra un Bertamiráns que pelexa o ascenso a Terceira. Na Terceira, pero Autonómica, non volverá xogar o Laxe, que ,acadou un traballadísimo e merecidísimo ascenso. Coitus interrumptus con incertidumbre final haberá para Corcubión e Monte Louro. No fútbol base non foi a mellor xornada para os Dumbrías, derrotados os dous, mentres xa temos os Cuartos da #CopadaCosta Xuvenil xa en www.copadacosta.com.  

Preferente Norte, xornada 31

 

Primeira Autonómica, xornada 29

Segunda Autonómica, xornada 29

Terceira Autonómica, xornada 26

Xuvenil - Liga Galega, xornada 28

Lalín 4-1 Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 28

Dumbría 1-2 Conxo
 

Copa da Costa Xuvenil, volta dos Oitavos

En ruta a Copa Xuvenil En ruta a Copa Xuvenil  

Primeira Cadete, xornada 27

Primeira Infantil, xornada 27

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 25

AlevínCosta Norte F8, xornada 5

BenxamínCosta Sur F8, xornada 25

BenxamínCosta Norte F8, xornada 5

Prebenxamín Costa F8, xornada 6

 

Veteranos, 1ª División, xornada 26

Veteranos, 2ª División, xornada 26

 

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios