Domingo. 05.05.2024
El tiempo

'Te invito a mi fiestita'

'Te invito a mi fiestita'
Dumbría e Baio están a un só triunfo de proclamarse campións de Primeira e a Liga da Costa respectivamente; ambos xogan na casa e contra rivais sobre o papel asequibles; na mesma categoría dos do Conco haberá un derbi dramático entre Outes e Sporting Zas Xogadores de Fisterra e Dumbría posan cun cartel de apoio aos traballadores de Ferroatlántica - Foto: SD FIsterra Xogadores de Fisterra e Dumbría posan cun cartel de apoio aos traballadores de Ferroatlántica; esta semana, ambos serán fundamentais para a Costa tamén - Foto: SD FIsterra A tarde pola que Dumbría e Baio levan oito meses correndo, sufrindo, loitando e traballando ten data e lugar: o domingo na súa propia casa. Como diría un arxentino, a 'fiestita' futboleira ten tódolos factores a prol para que as matematicas confirmen unha xesta máis que merecida. Os de Julián Ferreiro reciben a un Tordoia experimentado pero sen demasiado en xogo, mentres que un Porteño coas contas en chino para acadar a permanencia será o invitado no Platas Reinoso. Un triunfo, ou sumar e que non o fagan os seus perseguidores, descorchará o champán en ambas prazas. A traxectoria de ambos ten puntos en común, cunha constancia e fiabilidade case total e un líder en forma de cazagoles que representan Adrián e MC. Ademais, ambos veñen de recuperarse perfectamente de descensos. Pero non só de títulos vivirá a emoción nunha semana con realidades que desafían os corazóns máis paixoales. Outra final, pero pola permanencia, terá lugar no Cunchido entre o Outes e o Sporting Zas. A realidade recente e o estado de ánimo parecen sorrirlle aos de Alfredo Cambeiro, que tamén dispoñen dun fondo de armario algo maior. E moi pendentes estarán ambos do que faga o Fisterra na casa ante o Silleda, equipo que marca a zona de non arrastres. Tamén na Liga da Costa o resto da xornada marca varios puntos de interese. Buño e Cee cruzan os mesmos intereses de búsqueda da supervivencia, co Unión nunha situación moito máis cómoda. Non quere compricacións o Castriz, que debe puntuar ante o Coristanco, mentres que o derbi malpicán entre o conxunto da capital municipal e o Cerqueda pouco terá en xogo sobre o campo. O Mazaricos non pode fallar en Louro na véspera do seu cruce cun San Lorenzo que desta vez recibe ao Baíñas. E tódalas miradas desa loita pola salvación se dirixen tamén a Preferente, onde o Soneira loita por escapar dos arrastres. Esta semana visita Lugo, ante o filial do equipo de Segunda División. Xallas e Sofán terán difíciles compromisos con Chantada e Paiosaco. Comeza a hora da verdade na Terceira Galega, coa ida da final entre Lira e Ameixenda. Os dous teñen terminado a liga como motos, e o estado de ánimo promete unha batalla de cento oitenta minutos. E para emocións tamén o fútbol base ten o seu menú, coa decisiva cita a un partido en San Paio de Refoxos: Cee e Outes, acostumados a desputarse entre ambos os títulos desde o Fútbol 7, ofertan a partir de mañá ás 18.00 unha previa dos ídolos que veñen ao fútbol da zona.  

PreferenteNorte, xornada 34

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 32

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 33

 

FasedeAscenso á Liga da Costa, ida das semifinais

LigaGalegaXuvenil, xornada 30

 

CopadaCosta Xuvenil, ida dos Cuartos

LigaGalegaCadete, xornada 31

 

CopadaCosta Cadete, ida dos Oitavos

LigaGalega Infantil, xornada 30

1ªInfantil, xornada 31

LigaAlevínNorte, xornada 9

LigaAlevínSur, xornada 25

LigaBenxamínNorte, xornada 9

LigaBenxamínSur, xornada 25

LigaPrebenxamín, xornada 8

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

     

Comentarios