Martes. 05.11.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Lira se dispara no pé

3ª Autonómica: O Lira se dispara no pé
Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Clínica de Fisioterapia Sar patrocina a 3ª Autonómica. Coñécenos no FB Unha pifia inverosímil no tempo de prolongación evita a sorpresa en Nantón e prolonga a maldición liracha; por arriba non erraron as alternativas ao Corcubión Nantón 1-1 Lira
  • Campo: Fontiñas
  • Nantón: Guille, Lareu, Guau Maikel (Budi m.62), Diego, Iván (Raúl m.78). Fabio. Redondo (Enmanuel m.68). Valentín, Martín e Silva
  • Lira: Che, Che, Santo, Eloy, Choqueiro, Salva, Esssien, Suso Perico, Costa (Villar m.74), Tano, Manu (Xandre m.84) e Fran Perico
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.44 Eloy; 1-1 m.92 Martín
Che non era Cech Unha pifia difícil de explicar do gardameta do Lira, co tempo case esgotado, privou aos sureños de dar a gran campanada en Fontiñas, ante un Nantón novamente imprevisible. Os visitantes foron mellores durante a primeira metade, na que case deixaron sen argumentos ao seu rival. Pouco antes do intermedio Eloy remataba un córner no segundo pau para darlle forma á sorpresa. Medrou o Nantón no segundo acto, ata embotellar aos lirachos, pero non serían ata un balón colgado e sen aparente perigo, que se lle escapou das mans a Che, cando igualaría o marcador.   Camelle 0-3 Monte Louro O Louro recoñeceu públicamente o traballo de Iago - Foto: UD Monte Louro O Louro recoñeceu públicamente o traballo de Iago - Foto: UD Monte Louro
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Jose, Santi, Rubén, Carlos, Sergio, Ricardo, Martín (Toja m.82), Tedín (Sergio m.75), Cristian (Álvaro m.84), Mario e Pasantes (David m.72)
  • Monte Louro: Iago, Abel (Gabri m.80), Pablo Vidal, Borja, Pedro de García, Adrián, Gelo, Adrián Nieto (Juan m.63), David (Sexo m.86), Riki (Fran m.85) e Geiko
  • Árbitro: Lago Barros (A Coruña). Expulsou a Jose (m.68) e Mario (m.89) do Camelle
  • Goles: 0-1 m.27 Ricardo, en propia meta; 0-2 m.83 Riki; 0-3 m.89 Geiko
Moito máis duro do que di o marcador Sufriu e moito o Monte Louro para sacar os tres puntos do campo do Rodeiro. O Camelle, que acabou con nove homes, nunca lle perdeu a cara ao encontro, nin siquera cun desafortunado autogol que mandou con vantaxe ao descanso ao equipo visitante. O meta Iago foi un dos grandes responsables do éxito visitante, e incluso detivo unha pena máxima. Co seu rival volcado, e en superioridade, os puntales Riki e Geiko mataron o encontro ao contragolpe.   Laxe 5-0 Castrelo
  • Campo: Cabo D'Area
  • Laxe: Noé, Steven, Aarón, Naya, Bras, Borja, Gora (Djamel m.63), Felipe Oróns (Omar m.46), Miguel (Santi m.31), Felipe Rodríguez (Iván m.68) e Pichel (Samu m.66)
  • Castrelo: David Caamaño, Gustavo, Chuchi, Luis, Curra, Edreira, Marcos, Suso, Félix (Víctor m.66), Chapu e Roi
  • Árbitro: Rubio Santos (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.18 Felipe Rodríguez; 2-0 m.62 Felipe Rodríguez; 3-0 m.64 Jorge Pichel; 4-0 m.67 Felipe Rodríguez; 5-0 m.84 Samu
Segundo o pronóstico O Laxe derrotou ao Castrelo, cun resultado pode que algo excesivo para o visto sobre o campo. Os vimianceses deixaron unha moi boa impresión durante a primeira hora de partido, e ata tiveron unha oportunidade clara no primeiro acto, invalidada por fóra de xogo. A expedición visitante protestou moito a labor do colexiado e a súa aplicación do fóra de xogo. O paso dos minutos xogou a favor dun Laxe máis enteiro físicamente, e que tivo na figura de Felipe ao seu home fundamental, con tres tantos.   Muxía 1-0 Seaia 
  • Campo: Arliña
  • Muxía: Santi Papi, Iván Chans, Conguito, Martín, Pataca, Alberto (Castreje m.70), Cristian, Noé (Juan m.80), Pesqui (Gusa m.80), Adrián e Josiño (Mario m.55)
  • Sporting Seaia: Ignacio, Javi, Diego, Cristian (Abelenda m.81), Miguel, Vilariño, Adrián Pose, Sergio (Varela m.78), Parga, Jose e Jorge Parga
  • Árbitro: Pardiñas García (A Coruña).
  • Gol: 1-0 m.74 Pataca
Unha hora para decidirse Novamente a falta de pegada estivo a piques de frear e deixar sen premio un bo partido do Muxía. Os de Manín foron superiores, pero erraron en exceso. Non foi ata o último cuarto de hora cando atoparon o camiño dun gol, nun córner no que Pataca rematou en dúas ocasións. Despois de perdoar ata tivo que ser Santi Papi o que salvase o empate cunha boa parada a dez minutos do final.  

Máis información

Fonte

Comentarios