Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Terceira Galega: A penúltima e para casa

Terceira Galega: A penúltima e para casa
Só Volantes e Cabana teñen no aire unha praza para xogarse o outro lugar na Liga da Costa, a expensas da resolución do Subcomité sobre o encontro co Ameixenda; o Muxía foi recibido con honores en Vimianzo Honores para o campión por parte do Castrelo O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Castrelo 1-2 Muxía Campo: Municipal de Vimianzo Castrelo: Caamaño, Víctor (Carreira m.71), Darío, Pichón, Curra, Costa, Chuchi, Vicente, Edgar (Gus m.35), Cris e Steven (Luis m.50) Muxía: Santi Papi, Chans, Maikel, Munitis (Breo m.46), Ruso, Adrián Alcaina (Lagoa m.60), Currás, Julián, Conguito (Víctor Alcaina m.46), Castreje e Dani Picallo (Pesqui m.46) Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña). Goles: 0-1 m.2 Pichón, en propia meta; 0-2 m.23 Castreje; 1-2 m.87 Roget Xustos honores Houbo pasillo e aplausos para o flamante campión Muxía nun partido sen máis historia no Municipal de Vimianzo. Os visitantes aproveitaron a tarde para darlle minutos a algúns dos futbolistas que gozaran de menos oportunidades ao longo do curso. Aínda así, non tivo problemas para dominar e controlar sen máis sobresaltos. Todo se lle puxo moi a favor ao líder aos dous minutos, nun centro de Castreje que Pichón meteu na súa propia portería. O centrocampista era o encargado, minutos despois, de rematar a gol un bo centro de Conguito. A inercia do paso dos minutos fixo da segunda metade un exercicio de fútbol algo máis aburrido, co Muxía sen facer sangue e o Castrelo sen perder a orde. Luis, cun lanzamento lonxano aplaudido polos seareiros visitantes, firmaba o gol da tarde contra o final. Outes B 0-3 Lira O Lira nunca camiña só - Foto: A páxina roxiña Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César, Sergi, Silva, Joel, Pablo, Saúl (Paulo m.62), Adri, Kike (Adán m.46), Álvaro (Edu m.72) e Alberto (David Brea m.46) Lira: Peipo, Adrián, Cristian da Portuguesa, Pelexo (Costiña m.56), Manuel Cartamil, Eloy Karocho, Disciclín, Essién (Cartmil Júnior m.56), Miguel, Suso Perico e Manu Árbitro: García Gómez (A Coruña). Goles: 0-1 m.44 Essién; 0-2 m.47 Eloy Karocho; 0-3 m.87 Miguel Derbi sen máis historia Venceu o Lira nun desequilibrado derbi ante o filial do Outes, que pide a berros o final da tempada. Os únicos que se xogaban algo foron os claros dominadores do encontro, e se na primeira metade non anotaron antes foi ou ben por falta de puntería ou por decisión arbitral, como nun tanto anulado por fóra de xogo. Foi no último suspiro do primeiro acto cando Essién, que acabaría mancado, aproveitou un balón morto tras un lanzamento desde a frontal para asinar o primeiro, nun disparo axustadiño ao pau longo. Igual de tardío foi o inicial como de madrugadora a sentencia, con Eloy Karocho aproveitando un erro defensivo nada máis reiniciarse o xogo. Xa co peixe vendido, e nas postrimerías, Miguel aproveitaba un saque rápido de Christian da Portuguesa para facer o terceiro. Ameixenda 2-0 Volantes de Baño Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa, Bruno (Grille m.69), Samuel, Bichiño, Adán, Javichu, Camacho, Susiño, Cristian, Bicho e Demetrio (Juan m.84) Volantes de Baño: Javira, Álex, Samuel, Santi (Bernardo m.80), Mou, Pardelo (Julio m.80), Yeray, Kanote, Yery, Mingos e Maikel Perrito Árbitro: Morlán García (A Coruña). Amonestou a Samuel do Ameixenda; Mingos e Maikel Perrito do Volantes de Baño Goles: 1-0 m.47 Cristian; 2-0 m.71 Camacho Exercicio de determinación Coa denuncia aberta por parte do Cabana por alineación indebida, o Ameixenda necesitaba vencer para mirar á prata na promoción, así como o Volantes para non verse superado. Nun encontro marcado polas importantes baixas nos dous equipos foron os ceenses os que tiveron máis acerto e sacaron o que necesitaban. O paso dos encontros e a falta de fondo de armario deixouse notar nunha primeira parte con demasiado balón longo, centrocampismo e pouquísima presencia nas áreas. A máis clara foi para os amarelos, nunha volea de Bichiño ben rexeitada por Javira, que retornaba baixo paus. Mudou notablemente o panorama tralo paso polos vestiarios. Cristian, co só trinta segundos de xogo, marraba só diante do meta visitante, e só un minuto despois, e no que parecía unha sorte de segunda oportunidade, si acertaba a mandar o balón ao fondo da rede. Converteuse o choque nun duelo de ida e volta, e Farrapa salvaba a igualada ata en dúas ocasións. O furor inicial dos muradáns foise diluindo, e o Ameixenda controlando cada vez máis cómodamente. Unha internada pola dereita de Demetrio con centro para Camacho significaba o segundo e a sentencia do choque. Cabana 4-1 Sporting Seaia Campo: As Redondas Cabana: Vázquez, Djamel, Raúl, Isma, Fernando, Álex, Manolo do Cruceiro (Pablo m.72), Miki Pose, Cacha (Diego m.11) (Laik m.72), Reigía e Cabana (Cristian m.78) Sporting Seaia: Anxo, Roque, Javi, Canario, Jorge, Adrián, Chols, Cristian (Vilariño m.65), Josiño (Ramón m.41), Darío (Sergio m.46) e Zala Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Goles: 1-0 m.28 Álex, de penalti; 2-0 m.34 Miki Pose; 3-0 m.59 Álex, de penalti; 4-0 m.78 Reigía; 4-1 m.81 Javi Sen contemplacións Apura as súas opcións de Play Off un Cabana que ten aínda na recámara a bala do partido co Ameixenda. Os bergantiñáns foron moi superiores a un Sporting Seaia que apenas pudo competir e que non tivo demasiadas opcións de facer máis. Os bergantiñáns entraron moi enchufados na cita, e tiveron opcións para abrir o marcador moito antes. Só o pau evitouno. Miki Pose forzou o primeiro dos penaltis da tarde, convertido por Álex. O propio mediocentro da canteira vería porta minutos despois, nunha acción persoal na que deixou o seu selo de calidade. Como se o marcador non se movera, o Cabana saiu co mesmo chip na reanudación, e de novo foi protagonista Miki Pose, obxecto de derribo no área. O guión da sentencia sería idéntico a cando se abrira o marcador. O último dos locais chegaría nunha acción persoal de Cabana, con cesión a pracer para que empurrase Reigía. O Seaia salvaría a honra cun postreiro tanto. Só as lesións de Diego e Cacha empañaron a tarde dos locais. Camelle 0-3 Nantón Campo: O Rodeiro Camelle: Álvaro, Rubén, Rodrigo, Cristian, Canosa (Baña m.71), Sergio, Jose, Méndez, Mario, Adrián e Vieites Nantón: Guille, Fabián, Silva, Pablo, Diego, Carlos Vidal (Kevin m.75), Lareu (Enmanuel m.60), Redondo, Dani (Touriñán m.46), Martín e Iván Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Goles: 0-1 m.24 Dani; 0-2 m.73 Enmanuel; 0-3 m.76 Kevin Sinxelo e necesario Acadou unha importante vitoria o Nantón ante un Camelle sen demasiados efectivos, con futbolistas mancados e que non ten xa opcións de máis que de acabar a tempada dignamente. Co céspede mellor que en anteriores encontros, o guión durante o primeiro periodo foi de igualdade, pero con algo máis de profundidade por parte visitante. Dani abriría o marcador antes do descanso. Ben prantados, os locais notaron demasiado o paso dos minutos. Sería a vinte minutos do final cando un Nantón máis enteiro e con paciencia sentenciaría. Enmanuel e Kevin, en cuestión de tres minutos, finiquitaron a cita.

Comentarios