Terceira Galega: Benvidos á Final Four
15:40 03/04/17
Play Off, Final Four... os termos NBA conquistan a emoción para as dúas vindeiras semanas, nas que Ameixenda, Lira, Nantón e Volantes de Baño xogarán outra praza de ascenso á Liga da Costa
Honores do Cabana ao Muxía - Foto: SD Cabana
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Muxía 1-0 Cabana
Os novos 'blonde boys' do Muxía, como testemuña do ascenso
Campo: Arliña
Muxía: Jose Antonio, Ruso, Breo (Víctor Alcaina m.46), Maikel, Martinciño, Pereira (Denis m.46), Adrián Alcaina, Castreje, Conguito (Chans m.46), Julián e Iván Lagoa (Dani Picallo m.46) (Julián m.56)
Cabana: Vázquez, Djamel, Raúl, Laik, Fernando (Grille m.83), Diego Varela (Julián m.58), Manolo do Cruceiro, Miki Pose, Cacha, Reigía (José Ángel m.70) e Cristian (Pablo m.66)
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Pereira, do Muxía
Goles: 1-0 m.72 Julián
Con opcións ata o último alento
Non foi por non tentalo o Cabana no seu último encontro en Muxía, onde un triunfo lle tería levado ao Play Off de ascenso (grazas ao sorpresón en forma de empate entre Volantes de Baño e Castrelo). Resultou demasiado tardía a reacción ligueira dos bergantiñáns, sempre fieis á súa filosofía de traballo de base e cun grupo homoxéneo. A última homeaxe por parte dos seus rivais ao Muxía deu nun partido igualadísimo na primeira metade, e con oportunidades para os dous equipos. Raúl e Reigía dispuxeron das máis claras para os visitantes, que toparon cun gran Jose Antonio. Na recta final previa ao intermedio Iván Lagoa e Castreje tamén inquedaron para os locais. Cun carrusel de trocos no vestiario, mellorou sensiblemente o campión, con algo menos de intensidade que cando loitaba por subir, pero co mesmo perigo e clase. Ata tres ocasións claras tiveron os da Vila da Barca, antes de que Julián se decatase da posición adiantada de Vázquez e o superara desde corenta metros. O futbolista fóra o último troco, debido á lesión dun Dani Picallo que durou un cuarto de hora e se retirou con molestias nun xeonllo. O Cabana tentouno ata o final pero non deu. Finalmente, quixo felicitar públicamente tanto ao seu rival de onte como aos que disputarán o Play Off.
Lira 2-1 Ameixenda
Campo: Lombáns
Lira: Peipo, Cartamil Jr, Cristian da Portujesa, Adrián, Manuel Cartamil (Manuel m.60), Miguelón (Pelexo m.80), Disciclín, Essién, Oli Bermejo, Suso Perico (Eloy Karocho m.62) e Costa (Suso Patachín m.66)
Ameixenda: Riolo, Griille, Javi, Diego Oca, Jesús, Susiño, Javi, Camacho, Cristian, David e Demetrio (Juan m.86)
Árbitro: Maneiros Santos (A Coruña). Amonestou a Manuel Cartamil, do Lira
Goles: 1-0 m.17 Essién; 2-0 m.36 Suso Perico; 2-1 m.85 Jesús
Gran 'ata agora'
Como se dun ensaio para o Play Off de ascenso se tratase, e coa segunda e terceira prazas xa decididas, Lira e Ameixenda disputaron un encontro moi serio en Lombáns, co bo ambiente, e unha sorte da partida de xadrez para pulir detalles. Pouco reservaron ambos. Foi de cor local unha primeira metade na que a intensidade xogou un papel chave. Adiantáronse os lirachos tras rematas de forma espectacular Essién unha falta lateral. Sacou dous bos balóns Riolo antes do intermedio e do segundo tanto, obra de Suso Perico de vaselina, ante unha defensa excesivamente pasiva e tras un saque de portería. Jesús e Susiño tiveron antes do intermedio as mellores dos ceenses. Riolo, en dúas ocasións, volvería salvar aos seus á volta dos vestiarios, e non sería ata o último cuarto de hora cando o Ameixenda lembrara ir arriba. Foi un pequeno asedio, con dobre ocasión para Cristian, paradóns de Peipo para non variar, e outra para Jesús, que non perdoaría desde fóra do área. No tempo de prolongación, os visitantes reclamarían man dun futbolista local no área.
Volantes de Baño 1-1 Castrelo
Así despediu o curso o Castrelo
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Javira, Yeray, Juan do Sivil (Bernardo m.82), Mou, Tiko (Yerai m.70), Santi, Pardelo, Jose, Mingos (Cajulo m.60), Kanote e Rapante (Yanky m.68)
Castrelo: Caamaño (Carreira m.46), Víctor, Pichón, Luis, Curra, Chuchi (Darío m.57), Vicente, Brais Cadete, Edgar, Cris (Sebas Cadete m.66) e Sergio Cadete
Árbitro: Castro Alarcón (A Coruña).
Goles: 1-0 m.72 Yanky; 1-1 m.90 Curra
A loita sigue
A pesares de tódolos contratempos en formas de baixas sufridos no último ano, o Volantes de Baño buscará o retorno á Liga da Costa. Acadou o punto que necesitaba ante un Castrelo que despedía o curso con moitas novidades, e coma sempre competindo ao máximo. A calor e o que tiñan en xogo os muradáns influíu en que a primeira metade fose un exercicio de difícil dixestión para os seareiros, con moito fútbol directo e moi poucas oportunidades. O primeiro susto chegou a cargo dos vimianceses, que probaron as aptitudes de Javira no man a man, e comprobaron que son sobresaíntes. Yanky tivo dúas. Na primeira, marrou un man a man por querer facer unha vaselina. Na segunda xa non errou e quitou toda a tensión acumulada. Tanta que no tempo de prolongación un erro de marcar nun córner permitiríalle a Curra igualar a contenda.
Sporting Seaia 2-5 Camelle
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Che, Roque (Eme m.46), Javi, Jose, Canario, Adrián, Dimaga, Jorge, Chols, Darío e Sergio (Anxo m.74)
Camelle: Javi, Rodri, Rubén, Cristian, Álvaro, Tedín, Martín, Jose, Mario, Adrián e Vieites
Árbitro: Seoane Sánchez (A Coruña).
Goles: 0-1 m.19 Adrián; 1-1 m.25 Sergio; 1-2 m.28 Adrián; 1-3 m.40 Adrián; 2-3 m.77 Javi; 2-4 m.87 Jose; 2-5 m.90 Jose
Sorpresón de despedida
Resarciuse mínimamente o Camelle da mala tempada compretada, e da mala sorte que lle perseguira en moitos momentos, cun triunfo de despedida ante un descoñecido Seaia, que xa non loitaba por ningún obxectivo. A maior intensidade deulle aos camellláns dous tantos de vantaxe ao intermedio, cun sobresaínte Adrián. Na reanudación, os locais estiraron líneas e a raíz do tanto de Javier, nun bo remate, dispuxeron de varias accións en cinco minutos. Dúas contras permitíronlle sentenciar aos brancos.
Nantón 8-0 Outes
Campo: Fontiñas
Nantón: Vidal, Fabián, Raúl (Carlos Vidal m.46), Pablo, Diego Bello, Touriñán (Martín m.63), Lareu, Redondo, Enmanuel (Fabio m.81), Fandiño (Dani m.63) e Iván
Outes B: Adrián, César, Jose (Fabio m.59), Silva, Alberto, Pablo, Edu, Saúl, Kike (Sergi m.59), Lestón e Paulo
Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña).
Goles: 1-0 m.2 Kevin; 2-0 m.15 Iván; 3-0 m.18 Iván; 4-0 m.55 Iván; 5-0 m.61 Enmanuel; 6-0 m.73 Carlos Vidal; 7-0 m.80 Enmanuel; 8-0 m.88 Fabio
Unha barrida de despedida
Colleu moral e práctica goleadora o Nantón de cara ao Play Off de ascenso á Liga da Costa, e o fixo a costa dun filial do Outes que debería reprantexar moitas cousas de cara á vindeira tempada. Non houbo nin un só minuto de competitividade nun encontro no que os cabaneses aproveitaron ademais para darlle minutos a algúns dos menos habituais. Nas filas do filial había tamén numerosas ausencias. Agora, debería cumprir servicio para cubrir as necesidades do primeiro equipo no que lle queda de liga.